GMH/ÍNDICE A-Z

38
1455, agosto, 10. — Carril

Juan Siso, recaudador por el arzobispo don Rodrigo de Luna, comunica a los moradores del puerto de Carril, feligresías de San Ginés de Bamio, barral de Cores, San Miguel de Catoira, Santa Baya d’Oeste y de la isla de Cortegada, la renuncia que hizo Payo Mariño de Lobera, vasallo del rey, de dicho puerto y feligresías en manos del citado arzobispo.

A. — Santiago. A.H.D. Leg. 45, fol. 128b. Perg. de 16 x 32 cms. La parte primera está ocupada por el documento de 28 de julio del mismo año.

Ano do Nasçemento de Noso Señor Jhesu Christo, de mill et quatroçentos et çinquoeenta et çinquo anos, dez dias do mes de agosto, estando este dito dia ẽno porto de Carril, et estando, ende, presentes todos los moradores ẽno dito porto et a mayor parte de todos los moradores das fregisias de San Jẽes de Vameo et do Barral de Cores et de San Migell de Catoyra et de Santa Vaya do Este et da insoa de Cortegada, en presença de min, o notario, et testigos de juso escriptos, paresçeu, ende, presente, Juan Siso, recaudador do moy reverendo in Christo, padre et señor, don Rodrigo de Luna, arçobispo de Santiago por, et en nome et como procurador do dito señor arçobispo, por carta procuraçon que de sua merçed mostrou, signado do signo et subscripçon de Pero Domingues, notario da çidade de Santiago, presentou et fezo leer hũ contrabto, signado do dito Pero Domingues, et, ontre las outras cousas, se contenia que Pay Mariño de Lobeyra, vasalo de noso señor el rey, renunçiava et traspasava, para senpre jamays, ẽno dito sennor et en suas mãaos et poder, as sobreditas fregisias et porto de Carril et lugar de Cores et insoa de Cortegada, con todo o señorio, voz, dereito et auçon que a ellas avia e lle perteesçia en qualquer maneyra devia, asi por titolos da Iglesia de Santiago como en outra maneyra qualquer, para que sua merçed as ouvese et tovese, ou delas fezese titolo, a quen sua senoria aprouvese et por ben tevese, segundo que esto et outras cousas mays conplidamente eran contiudas et declaradas ẽno dito contrabto que o dito Juan Siso, con a dita procuraçon levou en seu poder para garda do dereito do dito señor et sua en seu nome; o qual contrabto leydo, o dito Juan Siso, por palavra, diso que el, en nome do dito señor et en presença dos sobreditos moradores et pobladores do dito porto, barral et ynsoa et frigisias, que presentes estavan, ẽna mellor maneyra e forma que podia et devia, et en tal caso de dereito, se requeria, tomava et resçevia o jur et posison, senorio et propiedade do dito porto de Carril et do barral de Cores et jnsoa de Cortegada et das sobreditas fregisias et de cada hũa delas, con todas las rentas et dereituras, que ẽno dito porto, barral, insoa et fregisias ao dito señor perteesçia et perteesçer devian, asi por razon do senorio das ditas frigisias, como en outra qualquer maneyra que perteesçer lle devesen, asi de feito como de dereito, et que requeria e mandava de parte do dito senor aos sobreditos moradores ẽno dito porto, barral, Insoa et fregisias, que desde aqui endeante non fosen a llamamento, mandado, nen enprazamento doutro señor algũu, salvo do dito señor ou de quen sua merçed mandase, nen recudisen con rentas de maravedis, nen outras algũas dereituras, salvo a sua señoria, ou a quen sua merçed mandase, so pena de dous mill maravedis a cada hũu para a Camara do dito señor. Et os sobreditos moradores ẽno dito porto, barral, e fregrisias, diseron que lles prazia et eran prestes et contentos de o asi fazer et conprir. Testigos que foron presentes, Alvaro Afonso, clerigo curado de San Jẽes de Vameo, et Gonçalvo Mouriño do Grove et Juan Carpenteyro et Juan Robalo, vezinnos de Padron et Roy Mariño, o Vello, escudeyro, et outros.
Eu Johan Ferrandes de Banita, escripvano de noso señor el rey et seu notario publico ẽna sua Corte et en todos los seus reynos e señorios, et notario publico jurado da villa de Padron, a esto presente foy, con as testemoyas sobrescriptas, et fiz escripvir et aqui meu nome et signal pono, que tal he. (Signum).