GMH/ÍNDICE A-Z

689
1368, maio, 22. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo outórganlles a Rui Pais e á súa muller e a unha voz o couto de Ferreira de Negral e reciben a cambio o casal de San Lourenzo de Aguiar, en Santalla de Mazoi, mais outras casas e herdades en Barcia, As Camoiras e San Santiago de Xustás.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 110v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento de don Roy Ferrnandes, dayan, et do cabiidoo da nosa iglesia seendo iuntados en cabiidoo enno choro da nosa iglesia cathedral por campaa taniuda, segundo avemos de custume, da huna parte, et eu Roy Pellaes de Parrega, fillo de Vasco Ferrnandes de Parrega que foy, con minna muller, Lionor, que esta presente, da outra parte, fazemos entre nos tal enprazamento que seia valedeyro segundo for conteudo en esta carta: conven a saber que nos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayan et cabiidoo, damos et outorgamos a vos, os ditos Roy Pellaes et Lionor Rodrigues, vosa muller, para en toda vosa vida et a huna persoa qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento, que seia fillo ou filla de vos anbos, o noso couto et iglesia de Ferreyra de Negral con [...] de Lousado que he eno couto de Grae, et con todos los casares et herdades que avemos enno dito couto et le perteesçen, et con os outros lugares et casares et herdades que van con o dito couto et le perteesçen et se husaron et andaron con el en renda, que iasen fora do dito couto, os quaes casares et herdades que perteesçen a o dito couto et iglesia de Ferreyra son estes: a seara da dita iglesia con hun moyno, et a herdade de Ferreyra de Negral, item çinquo casares de herdade en Castrello, item outro casal en Castrello, item outro casal de Picata Paes, item outro casal de Penna, item outro casal de Forno Telleyro, item outro casal en Camoyra, item outro casal en San Çibrao, item o lugar de Lousado con o lugar de Barreo, que son quatro casares; item herdade en Romae de que soyan dar çinquo medias oytavas de çenteo; item o casal de Villafose que he enna Repostaria; item en Sesnande a leyra chamada de Guodelle et ja y mays outros tres leyros que foron de manda [...] herdade que soyian trager Tareyia Arias, muller que foy de Garçia Chalferro, de que davan cada anno tres medias teegas de ferrada; item huna casa en Pallas de Rey, et mays vos damos, segundo dito he, se as o dito couto ha peru quer que vaan, et sub quaesquer signos que iascan; o qual dito couto et agra et casares et herdades deles vos damos, segundo dito he, con todas suas rendas et dereyturas et foros et pennas et calopnnas que a o sennorio do dito couto perteesçen, et que tenades enna dita iglesia de [...] capellan vos et a dita pesoa que a sirva das oras et dos ofiçios divinas, segundo se senpre husou et serveo por capellan; et pagedes as custas et carregas et pididos que a dita iglesia deve et for teuda de dar et pagar a a iglesia de Lugo, et non fazendo vos et a dita pesoa despoys de vos servir a dita iglesia das oras et ofiçios divinaes que nos, o dito sennor obispo, que a posamos reçeber et os disimos et dereyturas et froytos dela para os darmos a quen a sirva, ou fazer della o que nosa merçee for, et que lavredes et fazades lavrar et parar ven as herdades et casares que perteesçen a a dita iglesia et couto, et fazer morar et provar as casas dos ditos casares et herdades, et manteerlas en boo estado; et avedes de seer vasallos serventes et obedientes nosos et de nosa iglesia et de nosos subçesores vos et a dita pesoa, et virdes a noso serviço et chamo, et estar en el quando nos fezer mester et para ello fordes chamados por nos ou por nosos subçesores; et avedes fazer enno dito couto de Ferreyra huna casa con dous sobrados que seia de boas paredes, et ben portada de boas portas, et ella feyta que a moredes et manteades en boo estado, et se por ventura quiserdes poer et faser a a dita casa peytoril et amenas, que ante que las ponades nen façades, que venades fazer pleito et menaien et a dita pesoa a nos, o dito sennor obispo, et a nosos subçesores, que a tenades a nosos serviço et de nosa iglesia, et nos façades dela guerra et pas; et non avedes de vender, nen supinorar, nen eallar este dito enprazamento vos, nen a dita persoa, a cavalleyro nen a escudeyro, nen a dona, nen a outro omme algun, nen fazer del nen de parte del [...] nen [...]mento con outra alguna pesoa; et a finamento da pustrimeyra pesoa o dito couto et iglesia con todos seus casares et herdades et lugares et dereyturas et pertenenças han de ficar libres et quitas et desenbargadas, et as herdades ben labradas, et as casas dos seus casares et lugares, et a dita casa de dous sobrados que vos, os ditos Roy Pellaes et Lionor Rodrigues, avedes de fazer enno dito couto de Ferreyta, feytas et en boo paramento con todos los outros boos paramentos que en ellas foren feytos a o dito sennor obispo et a nosa iglesia, et con dous boys et con duas vacas que an de ficar et avedes de leyxar en cada casal et lugar do dito couto de provo. Et non avedes de poer pidido nen talla alguna ennos moradores do dito couto sen noso consintimento, et non gardando vos iustiça enno dito couto, nen a dita pesoa depoys de vos, et minguando por vosa culpa, que o noso comendeyro que andar por nos et por nosa iglesia que entre eno dito couto a faserla.

Et nos, os ditos Roy Pellaes et Lionor Rodrigues, que presentes estamos, asi reçebemos de vos, o dito sennor obispo, et dayan et cabiidoo, o dito couto et iglesia et casares et herdades et casas del et sennorio et calopnnias et foros et pennas que perteesçen a o dito couto que nos dades para nos et para a dita pesoa, segundo dito he, et obligo nos et nosos bees, mobiles et reyzes, de o complirmos en todo et de fazermos a dita casa enno dito couto enna maneyra que dita he et por llas condiçoes sobreditas, et por este ben et merçee que nos vos, o dito sennor obispo, fazedes eu, a dita Lionor Rodrigues, con outorgamento do dito meu marido, Roy Pellaes, que esta presente et outorgante, dou a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia en enprazamento por elo que aiades para senpre iamays por iur de herdade, o meu casal de San Lourenço d’Aguiar, que he sub signo de Santa Alla de Mazoe, et con todas las herdades et casas que eu aio sub o dito signo et en Varzea, et o meu casal con todas suas herdades et casa que eu aio ennas Camoyras enno lugar de Villaaverde et en seu termino sub signos de San Pedro de Villa[...] et San Salvador de Camoyra, et dou-vos mays todas las herdades et casas que eu aio en Iustaas sub signos de Santiago de Iustaas, os quaes ditos casares et herdades vos dou con todas suas casas et dereyturas et pertenenças, et pascos et montes et iures et entradas et seydas, et aguas vertes et correntes et estantes [...] iglesiario et leygario, que lles perteesçan en qualquer maneyra, et a min por elles, sub os ditos signos et sub outros signos quaesquer que vaan, et por esta presente carta pono en iur et en posison dos ditos casares et herdades et casas et iures et pertenenças et dereyturas et entradas et seydas et pascos et sennorio deles et a qualquer deles, segundo dito he, a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia que os aiades livres et quitos et desenbargados de min et de toda minna vos, et des aqui adeante avedeos senpre en pas vos et vosa iglesia pus vos, et todo meu poderio et sennorio seia tirado et remuvudo de min et de toda minna vos dos ditos casares et herdades et casas et iures et pertenenças et dereyturas deles et de qualquer deles et posto en vos, o dito sennor obispo, et enna dita vosa iglesia. Et nos, os ditos Roy Pellaes et Lionor Rodrigues, obligamos nos et todos nosos bees, mobiles et reyzes, gaanados et por gaanar, ut quer que os aiamos, de vos faser [...] casares et herdades et casas que vos eu, a dita Lionor Rodrigues, dou en enprazamento por lo dito couto et iglesia de Ferreyra sempre de pas enna maneyra que dita he.

Et nos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayan et cabiidoo asi reçebemos de vos, os ditos Roy Pellaes et Lionor Rodrigues, os ditos casares et erdades et casas et iures et dereyturas deles et de cada hun deles que nos dades para nos et para a dita nosa iglesia, et outorgamos-vos o enprazamento do dito couto et iglesia de Ferreyra para vos et para a dita iglesia enna maneyra et condiçoes sobreditas que vos lo damos, segundo dito he; et outrosi se por ventura nos, o dito sennor obispo, et Roy Pellaes et Lionor Rodrigues et a dita pesoa depoys de [...]ester que cada hun de nos compre ou gaane herdades ou casas ou outras posisoes alguas enno dito couto de Ferreyra que nos, os ditos Roy Pellaes et Lionor Rodrigues et pesoa tenamos et pesuymos as ditas herdades, segundo as outras, tanben as que vos, o dito sennor obispo, comprardes et gaanardes commo as que nos comprarmos et gaanarmos. Et a finamento da pustrimeyra pesoa que fiquen livres et quitas et desenbargadas a nos, o dito sennor obispo, et a nosa iglesia. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Arias Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo, que fezese desto duas cartas en hun tenor a huna para nos, o dito sennor obispo, et a outra para os ditos Lionor Rodrigues et Roy Pellaes.

Que foron feytas en Lugo, XXII dias de mayo, era de mill et quatrozentos et seys annos.

Testemoyas: don Roy Ferrnandes, dayan; don Iohan Dias, chantre; don Iohan [...], arçidiago de Deça; don Pedro Arias, arçidiago de Neyra; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarria; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Triacastella; don Roy Gonçalves, mestrescolla; Alvar Dias, iuys; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gonçalves, Gomes Eanes, Lopo Eanes, Pedro Arias, coengos, et outros.

Et eu Arias Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo dado por lo dito sennor obispo, a esto presente fuy con as ditas testemoyas et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.

Materias

agra; arcediago; auto xudicial; beneficio; bispo; boi; cabaleiro; cabido; campá; canon foral; capelán; casas; casas; catedral; centeo; chantre; cóengo; comendeiro; construción; coro; couto; crego; deán; doazón; escudeiro; esposa; esposo; familia; fidalgo; fidalgo; fillo; fortaleza; freguesía; gando; gran; guerra; herdanza; horas; igrexa; leira; linde; medidas; mestrescola; muíño; nora; notario; obrigación; obrigación; pai; párroco; pastos; porta; preito homenaxe; presentación; privilexio; racioneiro; seara; señorío; sogro; tesoureiro; tributos; vaca; vasalo; viúva; xuíz; xurisdición; deán

Persoas

Álvaro Díaz, xuíz de Lugo; Álvaro Rodríguez, arcediago de Dozón; Ares Pérez, racioneiro de Lugo; Diego Gómez, tesoureiro de Lugo; García Chalferro; Gómez Eanes, cóengo de Lugo; Leonor Rodríguez; Lopo Eanes, cóengo de Lugo; Pedro Ares, cóengo de Lugo; Roi Afonso, arcediago de Triacastela; Roi Fernández, deán de Lugo; Roi González, mestrescola de Lugo; Roi Páez de Parga, fidalgo; Tareixa Ares, viúva; Tomé Gómez, cóengo de Lugo; Vasco Fernández de Parga, fidalgo; Xoán Díaz, chantre de Lugo; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

Lugo, cabido; Lugo, bispado

Lugares

Aguiar, San Lourenzo; Barcia; Barrio, O; Camoiras, As, antiga xurisdición; Castrelo; Deza, arcediagado; Dozón, arcediagado; Ferreira de Negral, San Martiño; Forno Telleyro; Grae, couto; Guodelle, leyra; Lousado; Lugo; Mazoi, Santalla; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Outeiro das Camoiras, San Salvador; Palas de Rei; Parga, antiga xurisdición; Pena; Repostería, antiga xurisdición; Repostería, San Cibrao; Roma; Romeán, San Pedro; San Çibrao, casal; Sarria; Sernande; Triacastela; Vilafose; Vilaverde; Xustás; Xustás, Santiago