GMH/ÍNDICE A-Z

1400
1498, setembro, 15. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Álvaro Gómez, á súa muller e a dúas voces as herdades de Mançoi na freguesía de San Salvador do Mato e dous terreos edificables en Sarria, por renda anual de douscentos pares de brancas.

MADRID, AHN, Cód. 420 B, f. 48 v.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos las personas et benefiçiados del cabildo de la iglesia de Lugo, de que a yuso se fara mençion, seendo juntos en noso cabildo, segund que avemos de uso et de custume, a par da porta por donde soben a as bobedas da dita iglesia, avendo primeyro sobre lo juso contenido noso acordo et deliberaçion, et veendo et entendendo que he noso probeyto et de nosos suçesores, et de otorgamiento et consyntimiento de Pedro Rodrigues, clerigo del coro da dita iglesia, rendeyro de los aniversarios della, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos, Alvaro Gomez de Costante, vezino de la villa de Sarrea, et a vosa muller, Maria Fernandes, a anbos por huna persona et a outras duas personas despoys de vos, huna qual vos ou a dita vosa muller nomeardes, et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et se non foren nomeadas que seian quen herdaren vosos bees de dereito ou a mayor parte deles. Conven a saber que vos aforamos todas las heredades, casas et casares de Mançoy, a monte et a fonte per hu quer que van et pertenesçen a os ditos aniversarios da dita iglesia de Lugo, sub o sygnos de San Salvador do Mato et jurdiçion do arçediano de Sarrea, segundo que vos, o dito Alvaro Gomez, las teedes et poseedes en nome da dita iglesia, et mas vos aforamos dos plazas de casas que jasen et son sytas en la dicha villa de Sarrea, la una qua esta et jaz a par da iglesia de San Salvador de Sarrea et jaz en brazo con outra plaza de Alvaro Gonçalves de Riba de Neyra, et que afora esta un poubal, et que vay topar do camino que ben de San Salvador para Arrebal, et a qual dita plaza tebo en foro Ruy da Pousa et sua muller, et outra plaza que jaz sobre la dicha iglesia de San Salvador et a par de outra plaza de Gonçalvo Peres et vay topar en un leyro [...] do Hospital a o longo do camino que sal do Castelo para a Ponte da Ribeyra. As quaes ditas heredades, casas, casares et plazas vos asy aforamos a tal pleito et condiçion que vos et vosa muller et personas despoys de vos tenades et tenan ben labradas et reparadas et as ditas casas et plazas feytas, cuvertas et ven reparadas et en boo paramento de maneyra que non se van a perdiçion nin a monte. Et avedes de dar de foro vos et as ditas personas, en cada un ano, dozentos pares de blancas da moeda que se correr, postos en paz et en salvo en esta çibdad en casa do rendeyro dos ditos aniversarios que por tempo foren, por dia de San Martino de nobenbro. Et a finamiento da postrimeyra persona, que suçeder en este dito foro, que as ditas heredades fiquen ben labradas et as casas feytas et cuvertas et en boo paramento a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela con todos los boos paramentos que en eles foren feytos, et con condiçon que cada huna das ditas personas, que suçederen en este dito foro, seian tiudas et obligadas do dia que en el suçeder por persona fasta triinta dias primeiros seguientes de se viir mostrar et presentar ante nos, o dito cabidoo, como en el suçede et del he persona, su pena de o perder. Et asymismo seredes serbentes et obedientes a dita iglesia de Lugo et a o rendeyro et rendeyros que por tempo foren dos ditos aniversarios. Et que non posades bender, nin enagenar, nin sopinorar, nin dar a otras personas este dito foro syn nosa liçençia et mandado et sen que primeyro seiamos requeridos ou o dito rendeyro.

Et eu, o dito Alvaro Gomez, que presente estou, por min et por la dita mina muller et personas asy reçebo o dito foro de vos, o dito cabildo, con las condiçiones susoditas, et obligo a mi et a meus bees et da dita mina muller et personas de pagarmos, conplirmos et atendermos todo o de suso contiudo, segundo et por la manera que dito he.

Et nos, o dito cabildo, asy vos lo outorgamos, et porque esto seia çerto rogamos et mandamos a o notario de juso escripto que fezese delo duas cartas, anbas en un thenor, huna para vos, o dito Alvaro Gomez, muller et personas, et a outra que a escrevise en este libro do dito cabildo, et as sygnase de seu sygno, et por mayor firmeza mandamos seelar a carta de vos, o dito Alvaro Gomez, con o seelo do dito cabildo.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo, a quinze dias del mes de setiembre, ano del senor de mill et quatroçentos et noventa et oyto anos.

Que foron presentes et outorgaron este dito foro: don Gonçalvo Gomez, dean; et Alvaro Diaz de Lama, chantre; et [...], arçediano de Sarrea; et Diego Gonçalves de Fonteyta, arçediano de Triacastela; et Afonso Martines, juez; et Juan Arias de Parrega [...], et Pedro Fernandez de Villafranca, et Vasco Rodrigues de Gayoso, et Arias de Neyra, et el provisor Martin de Ocon, canonigos. Testigos: Vasco Grandio, raçionero en ella, et otros.

Et yo Garçia de las Camoyras, canonigo en la dicha iglesia et notario de los abtos capitulares della, a todo lo que dicho es et al otorgamiento deste dicho foro, segundo que por ante mi pasou et por los dichos senores fue otorgado, en uno con los dichos testigos presente fue, et aqui por su mandado et a ruego del dicho Alvaro Gomez por min mano escrevi et puse estos mis nombre et sygno acustumbrado en testimonio de verdad que tal es rogado et requerido. Valga las emiendas et adiçiones como quiera que de mi mano esten escriptas et yo las aprobo.