GMH/ÍNDICE A-Z

1340
1481, xullo, 9. Lugo
Inés Vázquez véndelle a Afonso de Malle unha casa na rúa Nova por 8.000 pares de brancas.

MADRID, AHN, Carp. 1333 D/10, perg. orix., galego, cortesá, 320 x 215 mm.

Sepam todos quantos esta carta de vençon viren como eu Ynes Vaasques, muller que foy de Martin Peres, peliteyro, que Deus aja, visino et morador que foy en esta çibdade de Lugo, vendo et remato a toda reyçon a vos Affonso de Malle, peliteyro, visino et morador en a dita çibdade de Lugo, et a vosa muller, Mor Ares, que presente estades, et a vosas vozes et erdeyros et suçesores para senpre jamays por jur de erdade, conben a saber que vos vendo a mina casa, que esta en a rua Nova, a qual esta de outro cabo de outra casa donde ora mora Afonso Gomes das Camoyras, vestilleiro, et en outro cabo de outra en que mora Lopo de Meylan, çapateyro, a qual vos asy vendo con sua orta et saydo, segundo lle pertesçe, et con todas suas entradas et saydas, jures et pertenenças desde lo çeo fasta a terra. Et a qual dita casa jaz et he sita et locada sub sino da Capella de Santiago desta çibdade de Lugo, a qual me pertesçe por meu patrimonyo. Et reçebo de vos en preço por esta dita vençon, que vos asy fago da dita casa et orta et entradas et saydas et cousas a ela pertesçentes, oyto mill pares de brancas desta moeda usal de nuestro senor el Rey que se agora corre et anda de mercador a mercador, os quaes oyto mill pares de brancas me logo deste et paguaste en dineyros feytos et contados, que de voso poder pasaron a o meu en presençia do notario et testigos desta carta, de que me dou et outorgo por entrega et pagua a mina vootade, et obligo a min et a todos meus beens, mobeles et rayzes, avidos et por aver, de vos fazer saa et de paz esta dita vençon da dita casa con seus anexos a todo tenpo de qualquer persona que vos la demandar ou perturbar, et tomar por vos, et asy tomaran meus erdeyros, o pleyto et voz et abçon et vos defender et enparar con todo elo, asy meus erdeyros. Et desde oje este dito dia da feyta desta carta endiante todo jur et posison et propiedade, dereito, voz et auçion que todo a ela teno et ajo et me perteesçe todo ho parto, quito et amobo de min et de todas minas vozes et erdeyros et suçesores et ho mando, pono, dimito et traspaso en vos, o dito Afonso de Malle, et en a dita vosa muller et erdeyros para senpre, et vos pono logo et apodero en a dita casa con suas cousas a ela pertesçentes et orta et en o jur et posison et propiedade della et vos dou poder conprido que a posades entrar, tomar et reçeber con justiçia ou sen ella et fazer dela et en ela, et vosos deçendentes, o que en plazer vos vier sen enbargo de min et de toda mina voz et erdeyros; et obligo a min et a todos meus beens, mobeles et rayses, avidos et por aver, et de meus erdeyros et suçesores, de vos senpre et a todo tenpo fazer saa et de paz esta dita vençon et ho contiudo en ella, et meus erdeyros a os vosos, su pena do dobro et custas et danos que se sobre elo vos requeçeren en qualquer tenpo, do meu [...] quito, renunçio et parto de min et de meus erdeyros et suçesores todas las leys et dereytos que en contrario desto posamos alegar para que eu nen ella non posamos alegar nen aleguemos, et se o contrario tentarmos fazer que nos non valla, nen seiamos, nen algunos de nos seian, nen outro por min nen por elles, sobre elo oydo, nen reçebido, en juyçio nen fora del. Et outrosy renunçio a ley do engano et de forçamento et temor et de dolo malo et fraude et huna ley que diz que general renunçiaçion non valla.

Et eu, o dito Afonso de Malle, que presente estou por min et en nome da dita mina muller et meus erdeyros asy reçebo de vos, a dita Ynes Vaasques, esta dita vençon que me asy fazedes et outorgades, segun dito he. Et eu, a dita Ynes Vaasques, asy vos lo fago et outorgo, en fe et testemoyo do qual vos outorgo delo esta carta de vençon por ante o notario et testigos ajuso escritos.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo, a nobe dias do mes de jullio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oytenta et un anos.

Testigos que foron presentes: Roy de Cospeyto, xastre; et Afonso Peres de Gunde, clerigo do coro da iglesia de Lugo, fillo de Rodrigo de San Pedro; et Afonso Pineyro, criado do dito Roy de Cospeyto.

Et eu Diego Ferrnandes de Cospeyto, clerigo do coro da iglesia de Lugo et notario publico por la abtoridad apostolica, a todo o sobredito en un con os ditos testigos presente foy et esta carta de vençon, segundo arriba se conten, eu ben fielmente escrivi et aqui puje meu nome et signo acostumado en testemoyo de verdade que tal he rogado et requerido.

Diego Ferrnandes, notario apostolico  (signo).