GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D24
1459, marzo, 7
Xoán de Abadín, morador en San Cibrao, subafora a catro voces a Pedro de Abadín, morador en Santiago de Toubes, un lugar sito nesta última freguesía, con condición de pagar a renda ao bispo e a el unha fanega de pan. (fols. 7v-8v)

Carta de Pero d’Abadín.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como Joan d’Abadín, morador en San Çibraao, dou et outorgo aforo a vos Pero d’Abadín que sondes presente a vosa moller Moor Yanes que non he presente, moradores enna freigesía de Santiago de Toubes, et a quatro voses apus finamento do postromeiro de vos anbos asy que o postromeiro de vos en sua vida etç., conben a saber que vos aforo o lugar d’Abadín, que jas enna dita freigesía de Santiago de Toubes. Aforo vos o dito lugar d’Abadín con todas suas casas et erdades et arvores et soutos et cortynas e pastos a montes et a fontes et con todas suas entradas et seydas et dereitos et jures et perteesças por hu quer que os aja et deva aver de dereito (fol. 7v)
(...) condiços que apostedes e reparedes (...) et que o manteñades en boon (...) tal maneyra como non des(falesca) por mingoa de lavor et de boon (...) et que façades del os foros ao (senor)io que he o bispo d’Ourense et que diedes et (pa)gedes de cada huun anno a min et a miñas voses de cada hun anno en pas et en salvo porlas ben feytorias que eu e miñas voses fesemos enno dito lugar huna fanega de pan medida por medida dereyta da praça d’Ourense en todo o mes de agosto ou de setenbro, et do al que ajades o dito lugar de disemo a deus livre et quite de todo outro trebuto, çenso et encarrego alguun, et se vos ou as ditas vosas voses quiserdes vender, deytar ou supinorar o dito lugar, que primeiramente frontedes con el a min et a miñas voses para que o ajan porlo justo preço que vos outro por elo der ante que a outro alguun (et obri)* segundo que o dereito manda en tal caso, et obrigo todos meus beens et os beens do dito señor obispo que a min son obrigados para vos faser saao et de pas o dito lugar et para vos defender con el a dereito. Et eu o dito Pero d’Abadín que soon presente, por min et porla dita miña moller et porlas ditas nosas quatro voses, asy o outorgo et reçebo en min aforado o dito lugar d’Abadín de vos o dito Joan d’Abadín porlas maneyras et condiçons que ditas (fol. 8)
son, et para lavrar et parar ben (...) et o manteer en boon revor (...) os ditos foros ao dito se(...) a vos et vosas voses (...) fanega de pan en cada anno en todo (...) de agosto ou de setenbro et conprir (et ag)ardar todas las cousas et condiçoos (...) esta carta son contiundas et cada huna delas obrigo a ello todos meus beens et da dita miña moller movelles et reyses avidos et por aver etç. Penna dosentos mrs. et a vos del rey outros tantos etç. Feita a carta enna çidade
d’Ourense, sete dias do mes de março do dito anno de LIX. Tests. que foron presentes Diego Rodrigues recadador, Joan de Ferreyra, Rodrigo Fernandes notario, Afonso de Reqeixo morador en Carreda.