GMH/ÍNDICE A-Z

384
1339, xuño, 26. Lugo
Rodrigo Eanes, clérigo do coro, afóralles a Xoán Pérez e á súa muller e a toda a súa voz unha cortiña e un soar na porta de San Pedro por renda anual de nove marabedís e a obriga de construír unha casa.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 23r.

Eno nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta viren commo eu Rodrigo Eanes, clerigo do choro de Lugo, et capellan da capella de San Martino que esta enna iglesia de Lugo, con outorgamento de don Ferna Aras, dayam, et do cabidoo da iglesia de Lugo, que estan presentes et outorgantes, juntados a cabidoo enno choro da dita iglesia de Lugo segundo que o han de uso et de custume, entendendo que he proveyto da dita capella, dou et aforo a vos Johan Peres, ferreiro, morador a a Porta de San Pedro, et a vosa muller, Tereyia Çibraes, para vos et para toda vossa voz, que aiades para senpre por iur d’erdade huna cortina con huna praça de formal de casa que he da dita capella de San Martino, a qual cortina et formal iaz cabo a Porta de San Pedro sub o camino da huna parte, et da outra parte cabo a iglesia de San Pedro, et de testa fere no camino que vay das casas de cabo o camino para a dita iglesia de San Pedro, et da outra testa fere çerca a dita Porta de San Pedro et nos outros formaes das casas que foron de Feran Bochon, sub signo da capella de Santiago de Lugo, con todas suas dereyturas et pertenenças commo mays conpridamente perteeçe a a dita cortina et formal. A qual cortina con seu formal vos dou et aforo para senpre por iur d’erdade, et en esta maneyra: conven a saber que avedes a lavrar et parar ven a dita cortina et faser casa enna dita praça de formal por vosa custa, et avedes a dar et pagar cada anno en paz et a salvo enna villa de Lugo, vos et vosa voz por foro et en reconoçemento, a aquel capellan que tever a dita capella, nove moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Afonso, que façen onçe dineiros novees minos terça del cada moravedi, ou a vallia delles se a dita moeda creçer ou mingoar, et pagar estes moravedis cada anno en dia de San Martino, et pagar por vosa custa a soldariça que perteeçer de pagar a casa alguna se a feçerdes en esta cortina ou praça. Et que vos et vosa voz posades façer da dita cortina et formal de casa, et casa se a y feçerdes, asi commo de vosa herdade propia a pesoa semellavele de vos et que pague ben os ditos dineyros a aquel que tever a dita capella de San Martino et non a outro ningun. Et se vos ou vosa voz ouverdes a vender ou façer algun contrauto d’aleaçon da dita cortina et formal ou casa se a y feçerdes que o façades con outorgamento d’aquel capellan que tever a dita capella. Et nos, dayam et cabidoo sobreditos, et Rodrigo Eanes, capellan, prometemos de vos non coller a dita cortina et praça de casa que vos damos et outorgamos commo dito he por iur d’erdade, nen viir contra esto que dito he.

Et eu, Johan Peres sobredito, que estou presente por min et en nome da dita mina muller et por toda nosa voz, asi reçebo de vos o sobredito Rodrigo Eanes, capellan, con outorgamento dos sobreditos dayam et cabidoo, a dita cortina et formal de casa et foro delles con as condiçoes sobreditas, et obligo min et todos meus bees, movelles et rayz, gaanados et por gaanar, et espeçialmente po-lla casa en que eu Johan Peres moro, que he a a Porta de San Pedro, para pagar cada anno a o praço sobredito os sobreditos nove moravedis, et conprir as cousas sobreditas. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Roy Fernandes, notario publico de Lugo, que fecese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foron feytas en Lugo enno choro da dita iglesia viinte et seys dias de junyo, era de mill et treçentos et seteenta et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: o sobredito dayam; don Alvar Diaz, archidiago de Sarrea; don Fernan de Deus, chantres de Lugo; don Aras Pellaes, thesoreyro; Andres Peres; Johan Fernandes, Fernan Affonso, Afonso Gomes, Vaasco Rodrigues, coengos; Affonso Eanes, Iohan Gutierres, Johan Fernandes, et Johan Gomes, raçoeyros de Lugo; Pedro Miguelles, Pedro Fernandes, et Fernan Eanes, Afoso Eanes, clerigos do coro de Lugo; Ruy Peres, porteyro do cabidoo ts., et outros moytos.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en mina presença fiz escrivir en este livro do cabidoo et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.