GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

255
1329, outubro, 12. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Vasco Rodríguez e a unha voz o casal de Lagoa, en San Fiz de Muxa, por tres terzas de pan anuais e outras condicións.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 26r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan Aras, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, estando iuntados en cabidoo enno coro desa iglesia de Lugo sengundo avemos de uso et de custume con outorgamento de don Aras Pellaes, thesoreyro da dita iglesia de Lugo, avervamos a vos, Vasco Rodriguez, fillo do mestreescola don Rodrigo Alvarez, et a huna pesoa semellavele de vos qual vos nomeardes en vosa vida ou en voso testamento pus vos, o noso casal dos aniversarios, o qual casal tina de nos don Aras Pellaes, thesoreiro de Lugo. Conven a saber o casal da Lagea que he sub signo de Sant Fiis de Muya, et avedesnos a dar cada anno por lo dito casal tres terças de pan, as duas partes de temporao et a terça de serodeo, et home que en este casal morar ha seer vasalo servente et obediente da iglesia de Lugo, et ha a seer quito das monedas et dos outros peytos asi commo os outros serviçaes da iglesia de Lugo, et se este casal sobredito mays valuer que esta quantia destas tres terças sobreditas damosvo- las de gracia que as tenades de nos en prestamo en vosa vida et da dita pesoa que nomeardes en vosa vida ou en voso testamento pus vos por moyto serviço et aiuda que nos senpre fezestes et prometedes a fazer a a iglesia de Lugo. Et a voso finamento et d’aquella pesoa que vos nomeardes, asi commo dito he, deve este casal sobredito, commo quer vo-lo ora damos desprovado, ha de ficar provado d’un boy et de huna vaca et de çinquo rexelos et de huna porca. Et avedes endereçar as casas et refaçe-las et tirar as herdades hu iouveren mal paradas en quanto vos poderdes; et este casal sobredito ha a ficar livre et quito con todos los boos paramentos que vos en el feserdes, et aquela pesoa que vos nomeardes de pus voso finamento, a a iglesia de Lugo. Et prometemos a a boa fe de non viir contra esta renda por min nen por outren. Et nos os ditos dayan et cabidoo quitamos a vos o dito thesoreyro o vervo que nos tinamos feito do dito casal, et damos-lo por quito por quanto o avervamos a o dito Vasco Rodrigues commo dito he, que vos non posamos demandar por razon deste vervo en nehun tempo a vos nen a vosos bees. Et eu, o dito Vasco Rodrigues, que estou presente asi reçebo de vos, o dito dayam et cabidoo, o dito casal, et obligo meus bees para pagar a dita renda et comprir todo o que sobredito he. Et que esto seia çerto rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que fezese desto duas cartas tal huna commo outra.

Que foron feytas XII dias d’outono, era de mill et CCCos LXta et VII annos.

Testemoyas: Fernan Eanes, Pero Fernandes, Iacome Afonso, Pedro Migueles, clerigos do coro de Lugo; et Iohan Peres, coengo d’aniversario; don Fernan de Deus, chantres; don Pedro Iacome, iuyz; Afonso Gomes, Pedro Aras, Vaasco Dias, Vaasco Rodrigues, Iohan Fernandes, Andres Peres, coengos ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, dado por auctoridade do bispo dese miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en mina presença fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.