GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

330
1335, decembro, 28. Lugo
O deán don Fernando Arias dóalle ao Cabido un casal en Santa María de Vileiriz e reserva para si o usufruto mentres viva e págalles 25 marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 3v; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 3v.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Fernan Aras, dayam da iglesia de Lugo, dou et outorgo por iur d’erdade para senpre iamays a o cabidoo da dita iglesia de Lugo et a os coengos d’aniversario, o meu casal d’erdade do Prado Lama que he su signo de Santa Marina de Villaheriz, et con suas dereyturas et pertenenças et casas, a monte et a fonte, per hu quer que vaan, con tal condiçon que o dito cabidoo que me faça cada anno huna priçiçon por dia de Santa Oufemea, que he enno mes de setenbre, et dous aniversarios: hun por min en outro dia de Santa Oufemea, et outros aniversario por meu padre et por mina madre no seguente dia d’este depus dia de Santa Oufemea cada anno. Et eu o dito dayam en meus dias que tena et pesuya et aia o huso froyto do dito casal, et de cada anno por la dita priçiçon et aniversarios viinte et çinquo moravedis por dia de Santa Oufemea, et despoys de meus dias que fique o dito casal livre et quito et desenbargado a o cabidoo sobredito con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et por que esto seia çerto meto por esta carta enno iur et na propiedade do dito casal a Iohan Ferrnandes, raçoeyro da dita iglesia, en nome do dayam et cabidoo cuio procura dor he, que o reçeba por elles con aquellas condiçoes que ditas son. Et nos, o cabidoo sobredito, et pessoas, archidiago et coengos del, que estamos presentes por nos et por nosos succesores, prometemos de faser cada anno a dita priçiçon et aniversarios enno tenpo sobredito, et reçebemos esta doaçon que vos dayan façedes a nos et a dita iglesia. Et por que esto seia çerto nos, dayam et cabidoo sobreditos, rogamos et mandamos a Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, que feçesse ende esta carta et posese en ella seu signal.

Que foy feyta en Lugo enno thesouro da dita iglesia XXVIIIº dias de deçenbre, era de mill et CCC LXXta et tres annos. Testemoyas que foron presentes: don Diego Ferrnades, archidiago de Neyra; don Alvar Dias, archidiago de Sarria; don Pero Royz, arçidiago de Deçon; don Gonçalvo Garçia, mestrescolla; don Pero Iacome, iuys; Iohan Ferrnandes et Fernan Affonso, coengos da dita iglesia de Lugo; don Aras Pellaes, thesoreyro da dita iglesia ts.