GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

443
1342, novembro, 18. Lugo

O deán e o Cabido de Lugo concédenlle o oficio da despensa a Lope Domínguez, clérigo do coro, e sinalan as súas funcións.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 55v, traslado ao Libro do Cabido polo notario Fernando García: 1347-XII-10.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, con consello et outorgamento do moyto onrrado padre et sennor don Iohan por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, seendo aiuntados por canpaa taniuda enno lugar du se acustuma de faser o cabidoo, entendendo que he proveyto et serviço da nossa iglesia et que as nosas raçoes seian mellor paradas et destribuidas entre nos enna maneyra que comprir, et veendo que Lopo Domingues, clerigo do coro dessa iglesia, he homme liberal et industrioso para partir et destribuir as ditas raçoes, et convenavel para este offiçio, et por lle faser gracia et ben por tal que seia mays solliçito para esto, damos-lle ho offiçio da despensaria, segundo commo o tevo Iacome Eanes d’ante, o qual perdeu por sua culpa e negligençia. Coven a saber que aia et leve mea raçon de pan et de vinno et de dineiros de cada dia do [condoiyo] et das terças quando con ellas veer, et das outras cousas que acaesçeren desse partir entre los coengos et raçoeyros do noso cabidoo, asy commo leva et ha destas cousas sobreditas hun raçoeyro da nossa iglesia residente. Et esto que o aia et leve ben et compridamente en seus dias. Et prometemos a a voa fe que a primeyra mea raçon que se vagar da dita iglesia, por qualquer maneyra que vague, que entendemos de iuntar et aneyxar a este offiçio da despensaria, et que seia senpre aneyxada et aiuntada a o dito offiçio. Et o dito Lopo Domingues ha de servir ben et verdadeyramente en este offiçio et de contar et scripvir os residentes et absentes, tan ben estudiantes commo outros quaesquer, quando se d’aqui partisen, et dar a conta terçeyro dia depus de cada hunas kalendas, et reçeber a paga dos dineyros dos terços et da sobreposta d’aquelles quantos han a dar; et pagar enno termino que he posto eno statuto, et os que o non pagaren enno dito termino que os de en scripto a o cabidoo por que elles et seus fiadores seian descontados segundo que se mays compridamente conten enno statutos que son feitos sobr’esta rason.

Et eu, o sobredito Lopo Domingues, assy reçebo esta gracia et iuro a os santos avangeos et prometo a a boa fe de gardar et comprir todas estas condiçoes et cada hunas delas que se en esta carta conteen ven et fielmente o mellor que eu poder. Et que esto seia çerto et non possa viir en dulta nos, os sobreditos dayam et cabidoo, damos ende a o dito Lopo Domingues esta nosa carta seellada do nosso seello et por mayor firmidume rogamos a don Pedro Iacome, iuys et notario publico de Lugo, que posese en ella seu signal.

Feyto fuy esto en Lugo no thesouro da dita iglesia des et oyto dias do mes de novenbre, era de mill et treçentos et oyteenta annos.

Seendo presntes: don Diego Ferrnandes, dayam de Lugo; don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Diaz, arçidiago de Neyra; don Arias Pellaes, arçidiago de Deçon; Andres Peres, Vaasco Diaz, Vaasco Rodrigues, Fernando Affonso, Iohan Diaz, Vaasco Peres, coengos; Iohan Ferrnandes, Iohan Gutierres, Affonso Suares, Rodrigo Affonso, raçoeyros et outros.

Et eu Pero Iacome, sobredito iuyz publico notario de Lugo, presente fuy et de commo por ante min passou a rogo destes dayam et cabidoo et Lopo Domingues sobreditos fige scripvir esta carta en minna presença et puge en ella meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.

Eu Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, vi huna carta do dito cabidoo scripta en pulgameo et seellada con seu seello pendente, et signada con signal do iuyz et notario sobredito, et a rogo do dito cabidoo et con autoridade de don Martin Peres, juyz de Lugo, figea trasladar en mina pressença vervo por vervo et en este traslado puge meu sinal. A qual carta era feita no tenor sobredito.

Feyto este traslado dela X dias de desembre, era de mill et CCC LXXXª et çinquo annos.

Et foron presentes: don Diego Ferrnandes, dayam; don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Aras Peres, arçidiago de Deçon; don Vaasco Dias, thesoreyro de Lugo et outros.