GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

479
1345, novembro, 14. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Lope Pérez e a un fillo lexítimo propiedades no Bierzo por renda anual de 500 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 48v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos lo dayam et cabidoo da iglesia de Lugo seendo iuntados por canpanya taniuda, segundo que o avemos de huso et de custume de nos iuntar a cabidoo en esta iglesia, arrendamos et avervamos a vos Lopo Peres de Castello, morador en Vilafranca, por en todos vosos dias et de hun voso fillo legitimo et baron, qual vos nomeardes a tempo de voso finamento ou en voso testamento para esto, todos quantos herdamentos nos avemos et devemos aver et de nos tinna arrendados Alvar Peres, que foy de Vilafranca, des la Fava endeante et en Vilafranca, na Portela, en Valteylle de Susso et de Iusso, en Peeyros, en Loquia, en Naraya et en Moyna Seca et en Vilalivre et en outros lugares quaes quer en todo Beres, asy d’aquel cabo o Sil commo aquende del, vinnas, cassas, cassares, formaes, paaços et ortos et outros herdamentos et foros quaes quer, et avedes a faser lavrar et parar ven os ditos herdamentos et vinnas et manteer las cassas feitas en boo estado. Et vos, lo dito Lopo Peres, avedes-nos a dar de renda, cada anno en salvo por en todos vosos dias, quinentos moravedis, de oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso. Et aquel voso fillo que vos nomeardes no dito vervo et renda a-nos a dar, cada anno despoys de voso finamento, seysçentos moravedis da dita moneda. Et estes moravedis sobreditos vos et o dito voso fillo avedes a pagar cada anno por Natal, segundo dito he en salvo en Lugo, et se por la ventura ouvermos mester os ditos moravedis enviarmos por elles a Vilafranca, que os dedes a noso mandado çerto, que vos mostre nosa carta seellada con seello de nos lo cabidoo et sinada con signal de notario publico. Et esta renda vos fazemos con aquelas condiçoes que a de nos tevo arrendada Nuno Martines salvo que os avedes a fazer la paga commo sobredito he. Et do dia do finamento de vos, lo dito Lopo Peres, a quatro messes seguentes aquel fillo que vos nomeardes deve a viir a nos, lo dayam et cabiidoo sobreditos, a reçeber de nos este vervo et renda, et pidirnos que llo outorguemos, et que nos de fiadores quantiossos da iglesia ou da villa de Lugo, que pague a dita renda cada anno et cumpla o que sobredito he. Et se non fezer que o dito vervo et foro non lle fique dende adeante outorgado. Et a finamento de vos, lo dito Lopo Peres et de voso fillo que para esto nomeardes, os ditos herdamentos et cassas et vinnas et cousas sobreditas deven ficar livres et quitos a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feitos, novo alçado et renda pagada.

Et eu, o dito Lopo Peres por min et por lo meu fillo sobredito que para esto nomear commo dito he, assy reçebo a dita renda et vervo de vos, lo dayam et cabidoo sobreditos, et obligo todos meus beens para o comprir assy et vos pagar cada anno os ditos quinentos moravedis por en todos meus dias segundo dito he, et demays para o assy comprir dou-vos por fiadores don Alvar Dias, arçidiago de Neyra, don Vaasco Dias, thesoreyro de Lugo. Et nos sobredito arçidiago et thesoreyro que estamos presentes et outorgantes por fiadores segundo dito he. Et eu, o dito Lopo Peres, outorgo que se por la ventura eu a dita renda non pagar a o dito cabidoo en guissa que deslo dia de Natal, a que se a paga ha de faser, ata hun anno comprido non fosse pagada, que logo a cabo desse primeyro anno que esto acaesçer vos, los ditos arçidiago et thesoreyro sobreditos, ou qual quer de vos, posades tomar et reseber a dita renda et vervo en vos, et arrendarla a outren que vos quisserdes, et reçeber os fruytos dela por que vos quitedes da dita fiadoria, et que eu non seia poderosso de vos-la enbargar por min nen por outrem. Et se por la ventura enos ditos herdamentos et vinas et cassas sobreditas non achardes, de cada anno, cumplimento da dita quantia para vos quitardes da dita fiadoria, eu obligo meus beens para o pagar en guissa que vos livre ende a salvo et sen dampno.

Et nos, lo dayam et cabidoo sobreditos, assi o outorgamos. Et eu, o dito Lopo Peres, prometo a a boa fe et por juramento que ende faço sobre santos avangeos, que todas las herdades, cassas et vinnas et ortos et coussas que perteesçen a este afforamento que me vos, dayam et cabidoo, fasedes que eu que os mostre a hun voso mandadeyro que vos alo enviardes et os faça scripvir et por notario publico et enviarvos por scripto quantos et quaes et en quaes lugares son et entre quaes iazen o mellor et mays fielmente que eu poder.

Et por que esto seia çerto et non venna en dulta nos, lo dayam et cabidoo et Lopo Peres sobreditos rogamos a Fernando Garçia, notario publico de Lugo, que fezesse desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra et as signasse de seu signo, et por mayor firmidue nos, lo cabidoo sobredito, mandamos seellar esta carta de nosso seello pendente.

Feyto fuy esto en Lugo quatorse dias de novenbre, era de mill et treçentos et oyteenta et tres annos.

Testemoyas que foron presentes et son testemoyas: don Diego Ferrnandes, dayam; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Arias Pellaes, arçidiago de Deçon; don Pedro Iacome, juyz; don Vaasco Diaz, thesoreyro; Affonso Gomes, Vaasco Rodrigues, Fernando Affonso, Johan Dias et Johan Gutierres, coengos; Johan Ferrnandes et Lopo Domingues, raçoeyros; Pedro Ferrnandes, clerigo do coro de Lugo.

Et eu Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, a esto pressente fuy et vy a o sobredito Lopo Peres faser o dito juramento sobre santos avangeos, segundo he, et a rogo das partes sobreditas esta carta scripvi en este livro do cabidoo et puge y meu sinal en testemoyo de verdade.