GMH/ÍNDICE A-Z

1238
1475, xullo, 12 mércores. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle ó arcediago de Triacastela unhas casas na freguesía de Santiago na cidade, por renda anual de vinte marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/16 (bis), perg. orix., galego, cortesá, 370 x 185 mm.

Sepan quantos esta carta de foro vyren como nos las personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que abaixo seran nonbrados, seendo juntados en noso cabildoo chamados per son de canpana tangida, segundo que avemos de uso et de costume, en a Capela de San Vertolameu que he dentro en a dita iglesia, damos aforo et averbo a vos Diego Gonçalves de Fonteyta, arçidiano de Triacastela, noso conpaneyro, que presente estades, et a outra persona despois de vos qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, que seja clerigo et biba en esta çibdade, conben a saber que vos aforamos as casas chamadas das Degradaas, chamadas de Johan Guterres, que son sub o sygno da Capela de Santiago, et han por terminos et lindeiros da parte de diante saen et teen a porta da rua en a rua publica que ben das Cortinas de San Romao para a yglesia de Santa Maria, et da parte detras topan en o curral dos paaçeos do senor Obispo, et da parte de baixo a parede delas esta en fronte das Capelas de Santiago et de Santo Esteboo et outras Capelas da dita iglesia, as quaes casas son da obra da dita iglesia, por la qual dita casa con sua orta et outras cousas que lle perteesçen avedes de dar et pagar, en cada huun ano, viinte maravedis de moeda vella a o procurador da obra da dita yglesia, et avedeslos de pagar por cada dia de San Martino de novenbro, et avedes de teer vos et a dita persona as ditas casas cuvertas et reparadas de todas las cousas que lles foren mester en tal guisa et maneira que se non pergan por mingoa de reparo et de boo paramento, et a persona que despois de vos subçeder en este dito foro que seia obligada do dia que for nonbrada por persona de se vinir mostrar ante nos, ou ante nosos subçesores, como he persona deste foro fasta triinta dias primeyros seguintes, so pena que se o asy non feser que este foro seia vaco et se torne a a dita yglesia et obra dela se llo quiseren reçeber; et a finamento da dita vosa persona que as ditas casas fiquen feytas, cubertas et ben reparadas con todos los boos paramientos que en elas foren feytos a esta dita iglesia de Lugo et obra dela, cuias son.

Et eu o dito Diego Gonçalves, arçediano de Triacastela, que presente estou, asy reçebo de vos, los ditos senores, as ditas casas da dita obra para min et para a dita persona despois de min con todas las condiçoes sobreditas por los ditos viinte maravedis de moeda vella en cada huun ano, pagos por cada dia de San Martino de novenbro, et dar et conplir et pagar todo asy segundo arriba se conten. Et nos, o dito cabildo, asy vos las outorgamos. Et porque seia çerto nos las ditas partes outorgamos delo duas cartas de foro, anbas en huun thenor, huna para vos, o dito arçediano, et vosa persona, et outra para nos, o dito cabildo, et para a dita obra, et por mays firmesa mandamos seelar la carta de vos, o dito arçediano, con o selo do dito cabildo.

Que fuy feito et pasou todo o sobredito en o dito cabildo et lugar, dia quarta feira, dose dias do mes de julio, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et çinco anos.

Los que foron presentes et outorgaron este foro: Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Diego Fernandes, meestrescola; Diego Vasques, Juan Ares de Parrega, Symon Alvares, Pedro de Mera, Ruy Dias, Gomes Ares, Afonso Martiis, Alvaro Fernandes, canonigos et capitulantes. Testigos que foron presentes: Ruy Peres, Fernando Peres, Johan Ares, raçoeiros; Ruy Lopes Teixeiro, Gomes Dourado, Johan Afonso, Johan de Meylan, sancristan, clerigos do coro de Lugo, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobredito he en un con os ditos capitulantes et testigos presente fuy, et esta carta de foro, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgado, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escripvir, et por ende fise aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.