GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1153
1463, outubro, 23. Campo de Diomondi

O vigairo lucense afóralles a Afonso Marcos, á súa muller e a unha voz o lugar e o casal do Lagar na freguesía de Santiago de Vilar de Ortelle, por renda anual da cuarta parte do viño.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/18, perg. orix., galego, cortesá, 270 x 205 mm.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como eu Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea en a yglesia de Lugo, provisor, vigario et fazedor por meu senor don Garçia de Vaamonde, Obispo de Lugo, por poderio que ey et teno de sua merçede para o negoçio juso escripto, et veendo et entendendo que he serviçio do dito senor Obispo et prol et boo paramento da dita sua yglesia et mesa obispal et suçesores, aforo a vos Afonso Marcos, morador en Pociis, et a vosa muller, Lionor Gonsales, et a outra persona qual o postrimeiro de vos nomear en vosa vida ou a tenpo de voso finamento, et non seendo nomeada que seia quen erdar vosos bees de dereito. Conven a saber que vos aforo o lugar et casar chamado do Lagar, que he do dito senor Obispo que he do dito senor Obispo (sic) et sua iglesia, et jas sub o signo de Santiago de Vilar d’Ortelle, o qual vos aforo con suas entradas et saydas et casas et con dos cabaduras de vina que vos a o presente tragedes a jur et a maao, a a tal que tenades as ditas vinas ben labradas et en boo paramento et que saquedes de monte outras sete cabaduras, et mays se mays poderdes, das erdades do dito lugar que perteesçen a o dito senor Obispo; et que diedes vos et a dita vosa muller et persona de foro, en cada hun ano, a o dito senor Obispo et seus suçesores o quarto de todo o vino que Deus der en as ditas vinas posto en pas et en salvo en o dito lugar por ollo et a vista do moordomo que o ouver de coller et recabdar en nome do dito senor Obispo; et que avedes de seer serbentes et obedientes a o dito senor Obispo et sua yglesia et suçesores, et non avedes de vender, nen supinorar este dito foro a persona alguna sen sua liçençia; et que a persona que suçeder en o dito foro que do dia que en el suçeder fasta trinta dias primeiros seja tiuda et obligada de se mostrar como he persona, sub pena de o perder. Et a finamento da pustrimeira persona que o dito lugar et vinas fiquen libres et quitas et desenbargadas a o dito senor Obispo et sua yglesia et suçesores con todos los boos paramentos que en elas foren feitos.

Et eu, o dito Afonso Marcos, que presente soo por min et en nome da dita mina muller et persona asi reçebo de vos, o dito arçediano provisor et vigario, o dito foro et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller et persona de o teer, gardar, complir et pagar segundo se en el conten. Et eu, o dito provisor et vigario, asi vos lo outorgo et obligo a min et a os bees do dito senor Obispo de vos lo faser sano et de pas a todo tenpo.

Que foy feyta et outorgado en o Campo de Diomonde, viinte et tres dias do mes d’outubre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seseenta et tres anos.

Testemoyas que foron presentes: Roy Peres, raçoeiro en a yglesia de Lugo; et Fernan de San Jullao, barbeiro; et Juan Rodrigues, criado do arçediano, et Vasco de Diomonde.

Et eu Fernando Ares de Burgo Novo, notario publico da çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et a pedimento do dito Afonso [Marcos] [...] escripvi por mandado do dito provisor et vigario et a pedimento do dito [...] meu nome et signo que tal he en testemoyo de verdade.