GMH/ÍNDICE A-Z

444
1343, xaneiro, 23. Lugo
Acta notarial relativa á toma de posesión, por parte do racioneiro Xoán Fernández, representando o Cabido, de varias casas na cidade de Lugo doadas por Afonso Eanes e Afonso Fernández.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 42r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Fernandes, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento dos coengos de aniverssario da dita iglesia, façemos escambeo valedeyro para senpre convosco Affonso Eanes de Negral, mercador, morador enno Campo de Lugo. Coven a saber: damos por iur de herdade para senpre iamays a vos, o dito Affonso Eanes et a toda vossa vos, huna cassa travessa que he dos aniverssarios da dita iglesia que esta tras a nossa cassa do campo, que de nos ten afforada Françisco Martines, et do outro cabo esta a vinna et o oliveyro de Nuno Pellaes. A qual casa vos damos con seus iures et con suas pertenenças segundo a nos avemos et pessuymos, et metemos-vos logo por esta carta enno iur et enna propiadade della para vos et para toda vossa voz, et obligamos todos nossos bees para vos-la fazer de paz. Et se quiserdes deste lugar tirar as agoas vertes que as tiredes por vossa custa.

Et eu, o dito Affonso Eanes, por este escambeo que me vos, os sobreditos dayam et cabiidoo, façedes por vos et por toda vossa voz por senpre, dou a vos et a iglesia de Lugo para senpre por iur de herdade, a meatade de huna cassa que eu aio a a Porta Minaa, a qual cassa foy de meu padre et de minna madre, et a outra meatade he de Iacome Eanes da Cruz, sobrino do arçidiago de Deçon, que iaz cabo a meatade d’outra cassa dos ditos aniverssarios, et a outra meatade he de Maria Franca, muller de Affonso Eanes, sobrino do dito arçidiago, et do outro cabo iaz outra cassa de Maria Affonso, muller de Pedro Mouro, escipvam. Item vos dou mays a disima parte de huna casa que esta a o poço da Porta Minaa a o quanto, enna qual cassa ora mora Pedro Vivyaes, carniçeyro, et do outro cabo esta a cassa dos aniverssarios en que mora Domingo Catarran, a qual disima parte eu et Aldara Affonso, minna muller que foy, que Deus perdoe, compramos a Maria Fernandes, filla de Fernan Çaça, et a Affonso Arias, seu marido. Item vos dou mays a sesma da meatade da cassa en que mora Fernando, home do arçidiago de Deçon, ena qual vos avedes a meatade, a qual sesma eu comprey a Gonçalvo Peres, fillo de Pedro Affonso et de Maria Bertolameu. Outrossy vos dous mays a quarta parte de huna cassa que esta enna rua da Correaria, enna qual cassa vos avedes a meatade, en que ora mora Affonso Bochon; et mays vos dou outro quinom que aio enno outro quarto desta cassa que ha Iohan Peres da Boaventura. Et estes quinoes destas cassas vos dou con todas suas entradas et seydas et agoas vertes et con todas suas pertenenças et dereyturas quantas en elas ey o dia d’oie, et meto-vos logo por esta carta eno iur et enna propiadade delas para senpre para a iglesia de Lugo. Et obligo min et todos meus bees, moviles et reys, gaanados et por gaanar, de vos faser de pas este escambeo que vos dou, et de comprir o que sobredito he, et de non viir contra ello en nehun tempo por min nen por outren.

Et nos, dayam et cabiidoo sobreditos, assy o outorgamos. Et he posto entre nos as partes que do seydo que esta cabo a dita cassa travessa que nos vos damos que aiades vos Affonso Eanes des la feestra pequena que esta enna camara da casa, en que mora Arias Affonso, contra a vossa cassa, et que possades y faser parede se quiserdes ficando a dita feestra en salvo et hun palmo segundo foy medida por nos, o cabiidoo, porque leixedes correr et caer as agoas per u acustumaron a correr et caer. Et por que esto seia çerto et non venna en dulta nos anbalas partes rogamos a Fernan Garçia, notario publico de Lugo, que fezese ende esta carta en que possese seu nome et seu signal en testemoyo de verdade et que possese outra tal enno livro do cabidoo, et por mayor firmidue nos lo cabiidoo sobredito mandamos seelar esta carta de noso seello pendente.

Que foy feyta en Lugo, viinte et tres dias de ianeyro, era de mill et treçentos et oyteenta et hun annos.

Testemoyas que foron presentes: don Arias Pellaes, arçidiago de Dezon; don Pedro Iacome, iuys; don Affonso Eanes, thesoreyro; Fernan Affonso, Iohan Diaz, coengos; Iohan Fernandes, raçoeyro de Lugo; Lopo Domingues, Pedro Fernandes, Affonso Ianeyro, Fernan Eanes, Affonso Eanes, Gonçalvo Peres, Iohan Ferrnandes, Gomes Fernandes, Ruy Gonçalves, coengos de aniverssario da dita iglesia; Fernan Peres, notario de Lugo, ts.

Et eu Fernando Garçia, notario sobredito, a esto commo dito he pressente fuy et a rogo das partes sobreditas esta carta en minna pressença fige escripvir en este livro do cabidoo et puge y meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.

Materias

aniversario; árbore; arcediago; arquivo; augas; avinza; cabido; canon foral; carniceiro; casas; cóengo; cóengo; construción; criado; dignidades; escribán; esposa; esposo; familia; fiestra; filla; fillo; froiteira; herdanza; libro do cabido; linde; mercador; mesa capitular; muller; muralla; nai; notario; oliveira; pai; permuta; Porta Miñá; posesión; pozo; racioneiro; rúa; selo; sobriño; sogro; tesoureiro; tío; venda; viña; viúvo; xenro; xuíz; deán

Persoas

Xoán Díaz, cóengo de Lugo; Afonso Ares; Afonso Eanes; Afonso Eanes de Negral, mercador; Afonso Eanes, crego do coro de Lugo; Afonso Eanes, tesoureiro de Lugo; Afonso Pérez Xaneiro, crego do coro de Lugo; Aldara Afonso; Ares Afonso; Ares Páez, arcediago de Dozón; Domingos Cantarrán; Fernando Afonso, cóengo de Lugo; Fernando Eanes, crego do coro de Lugo; Fernando García, notario; Fernando Pérez, notario; Fernando Sasa; Fernando, home do arcediago de Dozón; Francisco Martínez; Gómez Fernández, crego do coro de Lugo; Gonzalo Pérez; Gonzalo Pérez, crego do coro de Lugo; Lopo Domínguez, crego do coro de Lugo; María Afonso; María Bartolomeu; María Fernández; María Franca; Nuno Páez; Pedro Afonso; Pedro Fernández, crego do coro de Lugo; Pedro Mouro; Pedro Vivián, carniceiro; Pedro Xácome, xuíz de Lugo; Roi González, crego do coro de Lugo; Xácome Eanes da Cruz; Xoán Fernández, crego do coro de Lugo; Xoán Fernández, racioneiro de Lugo; Xoán Pérez da Boaventura; Diego Fernández, deán de Lugo

Outros

Lugo, cabido

Lugares

Dozón, arcediagado; Lugo; Vilamaior de Negral, San Lourenzo