GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

922
1415, decembro, 7 sábado. Santa María de Tuiriz
O xuíz e o arcediago de Dozón, como vigairos do bispo de Lugo, afóranlles a Men Rodríguez e a dúas voces o couto de San Salvador de Cinsa, por renda anual de 100 marabedís. O aforado doa o que lle pertence en Santa María de Tuiriz, reservándose o usufructo.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/2, perg. orix., galego, cortesá, 284 x 333 mm.


       

Sabeam quantos esta carta de foro viren como nos Afonso Arias das Cortinas, arçidiago de Deçon, et Rodrigo Afonso, juys de Lugo, vigarios geeraes en o spiritual et temporal en a iglesia et obispado de Lugo por lo moyto onrrado padre et senor don frey Juan Enrriques, meestre en santa theolosia, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, por poderio speçial et mandado que avemos do dito senor Obispo para o adeante contiudo, avido primeiramente noso acordo et deliberaçon et entendendo que he prol et boo paramento do dito senor Obispo et sua iglesia, damos et aforamos a vos Meen Rodrigues de Custrillon, et a duas persoas depus vos por en vosos dias et vida de vos et das ditas persoas, a huna persoa qual vos nomeardes en vosa vida et a tempo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela que por ela for nomeada, et se non for nomeada por vos ou por ela que seia aquela que herdar et suçeder en vosos bees de dereito, o couto de San Salvador de Çiisa, que he do dito senor Obispo et sua iglesia et mesa obispal, et herdades et votos et serviços et pan, dineyros et moravedis et rendas et dereituras, que o dito senor Obispo et sua iglesia et mesa obispal ha et lle perteesçen et perteesçeren en o dito couto de San Salvador et en a iglesia del et herdades dela, et a jurdiçon et senorio do dito couto con poder de apresentar a a dita iglesia vos et as ditas persoas depus vos clerigo ydoneo et ydoneos quando ou cada que vagar ou acontesçer de vagar en voso tempo et vida de vos et das ditas persoas; a a tal pleito et condiçon que vos, o dito Meen Rodrigues, et as ditas persoas depus vos et cada hun de vos façades labrar et parar ben as herdades que o dito senor Obispo et sua iglesia ha en o dito couto, et reparar as casas, et tenades as herdades labradas et as casas reparadas en guisa que se non perçan con mingoa de lavor et çarraduras et boo paramento; et que vos et as ditas persoas seiades vasalos servientes et obedientes do dito senor Obispo et sua iglesia et amedes sua prol, serviço et onrra et tractar ben suas cousas, et defender os do dito couto de San Salvador et suas cousas et bees en quanto voso poder for de quenquer ou quaesquer que lles mal dapno ou senrason quiser faser ou feser, et teer en boo paramento o dito couto; et dedes de foro del en cada hun ano a o dito senor Obispo et sua iglesia, ou seu suçesor ou suçesores, ou a aquel que o por el ouver de aver, çen moravedis de moneda bella, contando des dineiros por cada moravedi, en pas et en salvo dentro en o dito couto; et a finamento da postromeira persoa que leyxe\des/ a o dito senor Obispo et a sua iglesia o dito couto et herdades et bees del en boo estado et paramento con todos los boos paramentos que en el foren feitos sen enbargo algun.

Et eu, o dito Meen Rodrigues, por min et en nome das ditas persoas assi reçebo de vos, os ditos vigarios, este dito foro do dito couto et rendas et dereitos del, segundo et en a maneira et por las clausulas et condiçoes sobreditas et cada huna delas, et dou en enplasamento para senpre por jur de herdade a o senor Obispo de Lugo et a sua iglesia et mesa obispal por rason deste dito foro et a el que me vos, os ditos vigarios, fasedes como dito he, o meu casal de Santo Antoyno et casas et herdades et dereitos del que eu, o dito Meen Rodrigues, ey et me perteesçen sub signo de Santa Maria de Toeris, que he en terra de Lemos, a montes et a fontes por hu quer que vaan su o dito signo, con condiçon que eu, o dito Meen Rodrigues, et persoas depus min en tempo de mina vida et sua delas tenamos o dito casal et herdades del et levemos et aiamos os froytos et rendas et dereituras del, et que de eu et as ditas persoas en foro del et do dito couto de cada ano os ditos çen moravedis de moneda vella por dia de San Martino de novembre; et tiro et parto de min et de toda mina vos todo jur et posison et senorio et propiedades et auçon et dereito que eu, o dito Meen Rodrigues, ey en o dito casal de Santo Antoyno et ponoo et traspasoo en a dita iglesia et senor Obispo de Lugo, et se de aqui endeante eu ou as ditas persoas usarmos ou posuyrmos o dito casal, casas et herdades del conosco et outorgo que o usamos et posuymos por lo senor Obispo de Lugo et sua iglesia et en seu nome precario por rason deste dito foro, et por esta presente carta pono et apodero logo a vos, os ditos vigarios, en nome da dita iglesia de Lugo et Obispo en posison do dito casal et casas et herdades del, et o reçebo de vosa mao et ey eu et as ditas persoas depus min de faser labrar et parar ben as herdades do dito casal et as teer labradas et en boo paramento, et as casas del reparadas et en boo estado et paramento con as ditas herdades en guisa que se non pergan con mingoa de lavor et boo paramento, et eso mesmo o dito couto et bees del. Et a finamento da dita postromeira persoa que o dito casal et casas et herdades del et o dito couto de San Salvador de Çiisa et rendas et dereitos del que o leyxe libres, quitos et desenbargados a o senor Obispo de Lugo et sua iglesia en boo estado et paramento, et con todos los boos paramentos que en eles foren feytos sen outra exçepçon, alegaçon nen contradiçon alguna. Et faço et outorgo esto, que sobredito he, por min et por las ditas persoas et reçebo por min et por elas este dito foro que me vos, os ditos vigarios do dito senor Obispo, fasedes segundo et en a maneira que dita he, et obligo min et meus bees et das ditas persoas asi moviles como rayses avidos et por aver de teer, comprir, pagar et gardar todo o que sobredito he et cada parte delo et este dito foro, segundo et en a maneira et por las clausulas et condiçoes sobreditas et cada huna delas como dito he, et de faser de pas o dito casal de Santo Antoyno a todo tempo a o senor Obispo de Lugo et sua iglesia que lle dou en enprasamento a o dito foro como dito he.
Et nos, os ditos vigarios en nome do senor Obispo de Lugo, et de sua iglesia reçebemos de vos, o dito Meen Rodrigues, o dito casal et a posison del que asi dades en enplasamento segundo dito he, et vos lo damos por vos et por las ditas persoas por en vosos dias que o tenades, et a posison del por la dita iglesia et Obispo de Lugo, et vos outorgamos este dito foro como dito he.

Et eu, o dito Meen Rodrigues, por min et por las ditas persoas asi o reçebo et me obligo de o teer et comprir et pagar et gardar segundo dito he. Et porque esto seia çerto et non vena en dulta outorgamos ende delo esta carta ante o notario et testemoyas de iusso escriptas, a o qual notario rogamos et mandamos que a signase de seu signo, et por mayor firmesa nos, os ditos vigarios, firmamosla de nosos nomes et mandamosla seelar de nosos seelos.

Que foy feyta et outorgada en o lugar et iglesia de Santa Maria de Toeris, que he en terra de Lemos, dia sabado, sete dias do mes de desembre, ano do nasçemento de noso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quinse anos.
Testemoyas que a esto foron presentes: Vaasco Lopes de Chantada, fillo de Diego Lopes, morador en Belsar; et Juan Lourenço, clerigo de Toor; et Pedro Afonso, clerigo de Santa Maria de Toeris; et Fernan Maçia, morador en Toor.

Alfonsus, archediaconus, vicarius lucensis.

Rodericus, iudex et vicarius.

Et eu Arias Peres, notario publico da çiudade de Lugo et seus coutos et nos coutos et lugares do dito senor Obispo et sua iglesia et en o eclisiastico et cousas anexas, conexas, mergentes et dependentes a o dito eclisiastico, en todo o dito obispado de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro por rogo, outorgamento et mandado dos ditos vigarios et do dito Meen Rodrigues scripvi, a qual vay firmada dos nomes dos vigarios et seelada de seus seelos pendentes, et puge aqui meu signo en testemoyo de verdade (signo).