GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

90
1312, xullo, 6

venda

Olaia Lourenza véndelle ao deán Gonzalo Núñez por 60 mrs. o seu quiñón do foro que este lle había de dar sobre o casal de Loureiro, e unha casa e cortiña en Erbededo.



ACOu, Escrituras XVI, 17

Eno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta virem que eu Olaya Lourença filla de Lourenço Paez que foy d’Ervededo e de Mayor Martinez, vendo e entrego logo por esta carta a vos dom Gonçalvo Nunez dayam da igleia d’Ourense e a toda vossa voz por herdamento para senpre todo o meu quinon do foro que vos avedes a dar cada anno a min e a meus yrmaos do lugar do Figueyredo, o qual foro vos nos posestes pelo vosso casar de Loureyro que e enna fiigrisia de Froyaens. Outrossy vendo a vos para depois de morte da dita myna madre a casa e cortina con suas perteenças que ela ten en Hervededo, a qual casa a min ou a mia voz á de ficar a tenpo de sua morte. Vendo a vos o foro e casa e cortina sobreditos commo dito e con entradas e saidas e con todos seus dereytos e perteenças. Que vos e toda vossa voz aidades e pessuayades elles en jur de herdade para senpre e façades delles livremente vossa voentade que quer que a vos aprouver. Ca outorgo que reçebi de vos conpridamente todo o preço que a min e a vos por elo aprouvo, conven a saber sesseenta mor. de diñeiros portugueses contado xvi pares de diñeiros por tres mor. que aio en meu jur e en meu poder conpridamente en diñeiros contados e de que me outorgo por bem pagada. Et se o foro, casa e cortina sobreditos agora mays valem ou valueren en algum tenpo, aquela mayoria dou e outorgo a vos en doaçom para senpre por muyto amor e ajuda que de vos reçebi, que val muyto mays ca esto. Et logo todo jur, senorio, possissom, propiedade e dereyto que eu aio e de dereyto devo a aver no foro, casa e cortina sobreditos todo o tollo de min e de toda mya voz e meto vos e toda vossa voz en corporal possissom delles para senpre per esta carta. Et renunçio que non possa dizer que de vos non reçebi o preço sobredito nen me possa chamar a engano desta vendiçon nen viinr contra ela en neuna maneira por min nen por outre e se o feser que non valla nen seia y oyda. Et obrigo min e todos meus beens gaanados e por gaanar para anparar vos e toda vossa voz senpre a dereito con o foro, casa, cortina sobreditos. Et quen quer que contra esta vendiçon veer aia a yra de deus e quanto demandar peyteo a vos ou a vossa voz dobrado e a voz del rey peyte por pena lª mor. da boa moeda e esta carta fique firme para senpre. Feyta a carta en Ourense, vi dias de jullo, era de mill e cccl annos. Tests. que a esto presentes foron Ares Yanes avogado, Lourenço Eanes dito Periquino dobleyro da igleia d’Ourense, Pero Paes de Çima de Villa, Estevo Domingues capelan do dayam e Domingo de Souto.

Et eu Johan Fernandes notario d’Ourense por meu señor o bispo e por a igleia desse lugar que a esto chamado presente foy e o escrivi e meu sinal y puge en testemunyo de verdade (que tal he).

(sinal)

[reverso] Carta de venda do lugar ded Fegueyredo.