GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

81

1317, marzo, 17. Vilamaior-Mondoñedo.
Marina Pelaes de Mariz concédelles ó bispo de Mondoñedo don Rodrigo e á súa igrexa a sétima parte da igrexa de Abeledo.
A, perg. de 130 x 163 mm. Letra semigótica.

Era de mill et ccc lv annos xviie dias de marzo. Saban quantos esta carta viren commo / eu Marina Pelaes de Mariz estando saa et con soude entre viuos por muyto ben et merçee et algo et defendemento que reçebin de uos meu sennor obispo don Rodrigo de Mendonnedo / douuos en doaçon et por minna alma para uos et para uosa yglesia quanto dereyto aio enna / meadad dunna setima da yglesia de Auelaedo daquela setima que vay na uos de Gonçaluo Martines / dito Cagin que he o meu quinon et dereyto dela a sesta desta mea setima. Outrosy uos dou / o medo daquel agro que disen do Sabugo que ias cabo da uossa torre de Goyamon(?) commo se / departe da fonte o qual foy de Pay Caualo et deu del o otro medo a Fernan Coruelle / et Fernan Coruelle deuno a uos o dito sennor obispo et asy he ian uosso todo o dito agro. Et / que esto seia certo eu Marina Pelaes sobredita mandeyuos ende faser esta carta. Eu Johan Romeu notario publico dado do bispo en Vilamayor presente fuy et a rogo et por mandado / da dita Marina Pelaes esta carta escriui et y puge meu sinal en testemoyo de verdade. Presentes / que foron por testemoyas Ruy Peres coengo de Mendonnedo. Domingo Pelaes porteyro do / cabidoo. Fernan Assenxo de Vilamayor. Esteuao Fernandes. Diego Dal/berge(?). Fernan Fernandes de Mariz clerigo fillo de Fernan Vello et outros. (Signo) / Et eu Marina Pelaes outorgo por todos los outrros meus bees a faser senpre esta doaçon de / pas a uos o dito sennor obispo et a uosa yglesia.

(Reverso):
Nº c iiiiº. Carta da doaçon de Marina Pelaes de Mariz da iglesia d-Abelaedo.