GMH/ÍNDICE A-Z

122

1419, xuño, 19.
O Concello aproba as contas dadas polos procuradores Alvaro Gil e Pedro Leiteiro, correspondentes a 1417 a agosto de 1418, por valor de 39.919 mravedís.
O Concello, por consideración á Orde de San Domingos, concede ó mosteiro de Bonaval que María Franqueira, panadeira do mesmo, non pague impostos o dito ano.
Afonso Lorenzo, racioneiro da Igrexa de Santiago e capelán da Capela de Santa Catalina, declara ter recibido dos procuradores do Concello 180 maravedís do que lle correspondía por razón de dita capelanía.

Sabean quantos esta carta viren como nos o conçello e alcalles e regidores jurados e omes bõos da çidade de Santiago seendo ajuntados enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo que avemos de uso e de costume, presentes ende Gomes Rodriges, bachiller en Decretos e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles da dita çidade e Alvaro Afonso Juliate, Martin Galos, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Juan Ares da Cana jurados da dita çidade e Garçia Rodriges e Juan Dominges de Liñares, canbeadores, procuradores de nos o dito conçello, outorgamos e coñosçemos que reçebemos boa conta, çerta, leal e verdadeira asi por lo graande, como por lo miudo, de vos Alvaro Gil e Pero Leeteiro, canbeadores, nosos procuradores que fostes o anno que pasou de mill e quatroçentos e dez e septe annos que se comesçou a trese dias do mes de agosto do dito anno e se fiinçeu enno anno seginte de mill e quatroçentos e dez e oyto annos, de contia de triinta e nove mill e noveçentos e dez e nove maravedis e seis dineiros de moeda vella, contando blanqua a tres dineiros que vos por nos e en noso nome e asi como nosos procuradores reçebestes e recabdastes e ouvestes de reçeber e recabdar sobre dito anno segundo que aqui dira en esta guisa: Primeiramente reçebestes de Gil Peres e Bernald Yanes do Camiño que ficaron devendo do anno que foron procuradores çento e çinquoeenta e dous maravedis e tres dineiros. Item que reçebestes dos ditos Gil Peres e Bernald Yanes, quatro mill e dusentos maravedis de moeda nova, blanqua en çinquo dineiros que acadaron de çertos conçellos do arçobispado para prosegimento dos pleitos de Ferrol e Neda que montaron de moeda vella dous mill e quinentos e viinte maravedis. Item que reçebestes de hũa renda que se derramou enna dita çidade o dito anno triinta mill maravedis blanqua en tres dineiros.
Item que reçebestes de trese molleyros e hũa viña dusentos e seteenta maravedis.
Item que reçebestes de Afonso Dominges da Peña, que devia de portajee de çinquo terços comesçados o primeiro dia de juyo do anno de mill e quatroçentos e des e sete annos//
(Fol. 60)
e fiinçidos o postromeiro dia de janeiro do anno de mill e quatroçentos e dez e nove annos, çinquo mill e çento e trese maravedis descontados dusentos e viinte maravedis que Pero Rodriges Sopas avia daver enna dita renda do dito tenpo.
Item que reçebestes de Leonor Fernandes, moller de Vaasco Peres Cabeça quatroçentos maravedis que devia o dito Vaasco Peres ao dito conçello por hũa obligaçon.
Item que reçebestes de Juan Peres das Moças por la renda da casa do pescado que tevo arrendada do conçello de tenpo de dous annos fiinçidos o postromeiro dia de dezenbre do anno de mill e quatroçentos e des e nove annos mill e çen maravedis.
Item que reçebestes dos avuindos con o dito conçello que devian do dito anno, primeiramente, de Juan Costas quoreenta maravedis, de Maestre Rojel viinte maravedis, de dona Maria, moller que fui de Juan Nunes seseenta maravedis, de Afonso de Leon, sibicheiro triinta maravedis de Afonso Gomes quoreenta maravedis de Martin de Brion do foro das casas do Poço de Fajeiras çinquo maravedis e tres dineiros, de Fernan Gardado viinte e çinquo maravedis, de Martin de Burgos çinquoeenta maravedis, de Juan Paes viinte e quatro maravedis, de maestre Yufreu quoreenta maravedis, de Costança Asignada des maravedis; de Afonso Fernandes, peliteiro, viinte maravedis, que monta todo tresentos e seseenta e quatro maravedis e tres dineiros que montan estes maravedis que asi reçebestes e recabdastes por lo dito conçello e vos foron cargados o dito anno enna maneira que dita he triinta e nove mill e noveçentos e des e nove maravedis e seis dineiros, contando blanqua en tres dineiros, os quaes maravedis os sobreditos destes e pagastes por noso mandado en esta guisa que se sigue:  
Primeiramente que pagastes a Fernan Ares Xarpa por los marquos del rey que el ten por merçed en cada anno, mill e seteçentos maravedis contando blanqua en tres dineiros que lle deviamos do anno pasado de mill e quatroçentos e des e septe annos.
Item que pagastes a Gomes Rodriges, bachiller, que lle deviamos nos o dito conçello do seu selario da avocaçia do dito anno de mill e quatroçentos e des e oyto, quatroçentos maravedis, blanqua en tres dineiros. Item que pagastes ao señor arçobispo e a Juan Fernandes de Canas seu recabdador viinte e çinquo maravedis. blanqua en tres dineiros, con que nos o dito conçello o servimos o dito anno.
Item que pagastes aos teendores do seelo das tavoas que lle deviamos do dito anno triinta e dous maravedis.
Item que pagastes a mestre Fernando, por seu selario de seer solorgian, do anno de mill e quatroçentos e des e septe annos çento e çinquoeenta maravedis, blanqua en tres dineiros.
Item que pagastes a Sueiro da Enfesta por levar a Pontevedra as cartas da ordenança viinte maravedis e por escrivir as ditas cartas e petiçon e ordenança e por las trasladar e pregoar outra bes, triinta e dous maravedis.
Item que pagastes a seis beesteiros que foron a Arçua por gia con o recabdador a levar os dineiros da reyña quoreenta e oyto maravedis.
Iten que pagastes a Gomes Rodriges, bachiller, que avia daver dos marquos de noso señor o arçobispo do mes de março do anno de mill e quatroçentos e des e oyto annos, mill e noveçentos e viinte maravedis, blanqua en tres dineiros.
Item que pagastes a Juan Pica por la pesquisa que fui sacar a terra de Rui Sanches dos labradores que non pagasen pedidos del rey, quoreenta maravedis, blanqua en tres dineiros.
Item que pagastes a Afonso de Vilamayor seteçentos e viinte maravedis, blanca en tres dineiros para pagar a Nuno Gonçales de Vilariño do jantar do rey //
(Fol. 60 vº)
do dito anno que el ten en aprestamo do endeantado Garçia Fernandes Xarmento.
Item que pagastes a Diego Lopes de Toledo dous mill maravedis, blanqua en tres dineiros que lle mandamos dar por ajudas e obras boas que nos feso ennos pleitos que ouvemos e aviamos con os conçellos de Pontedeume e Ferrol e Vilalva sobre los pedidos del rey e por outras cousas en que nos ajudou.
Item que pagastes a Afonso Lourenço, raçoeiro por la capela dos Reys çento e oyteenta maravedis, blanqua en tres dineiros que avia daver dos marquos del rey deste dito anno de quatroçentos e des e oyto.
Item que pagastes a Juan de Voado por seu selario que ouvo de aver por armar o relogio o dito anno de mill e quatroçentos e des e oyto annos, çento e çinquoeenta maravedis, blanqua en tres dineiros.
Item que pagastes a Afonso da Cana por lo selario que lle deviamos do tenpo pasado ata o primeiro dia de março de mill e quatroçentos e des e oyto annos dusentos e noveenta maravedis, blanqua en tres dineiros.
Iten que pagastes a Fernan Bieites e Pero Afonso e Suer da Enfesta e a Gonçalvo Peres e aa moller de Juan d’Oural e a Domingo Longo, nosos serventes, quinentos e seteenta maravedis, blanqua en tres dineiros, que lles devyamos de su selario do anno pasado de mill e quatroçentos e des e septe annos. Iten que pagastes a Pero Afonso e a Rui Martines notarios de Santiago, do seu selario que avian d’aver o dito anno de quatroçentos e des e oyto, dusentos e quoreenta e dous maravedis e quatro coroados, contando blanqua en tres dineiros. Item que pagastes ao bachiller Gomes Rodriges por noso mandado mill maravedis, contando blanqua en tres dineiros para que os dese a Diego Fernandes de Burgos por las custas que tĩina feitas enno pleito que ouvemos con os conçellos da Pontedeume e Ferrol e Vilalva. Item, que pagastes por çarrar as portas das Algaras e dos Postigõos do San Fiins e de Maçarelas e da Mamoa e da Triindade e de San Françisquo e da Peña, çinquoenta e hũu maravedis blanqua en tres dineiros. Item que pagastes a Martin Garçia, porteiro do señor arçobispo seseenta maravedis, blanqua en tres dineiros, que lle o dito conçello mandou dar.
Item que pagastes por hũa carta descomoyõ que gaanastes contra os procuradores e dos tenpos pasados que entregasen as escrituras e ao que a leeu ennas capelas quatro maravedis e medio e aos moços de Gomes Garçia, notario, por catar o contrauto da aviinça dos carniçeiros, tres maravedis. Item a o porteiro del rey que trouxo a carta do Regimento noveenta maravedis e ao notario por las escrituras que lle dou e por los testemoyos que tomaron contra Rui Sanches e Pero Vermuiz, dose maravedis. Item Sueiro da Enfesta por yr por gia con o dito porteiro des maravedis, que monta esto, segundo vay contado ao miudo, çento e des e nove maravedis e medio, blanqua en tres dineiros. Item que pagastes a Juan Ares Chantreiro por yr a casa de Rui de Sandoval con as cartas sobrelas peñoras que fasia a este conçello, seteenta e dous maravedis, con o que custaron as cartas para el. Item que pagastes en casa de Juan Ares da Cana quando ordenaron a hirmandade e en //
(Fol. 61)
cartas que enviaron a a Cruña sobre la prijon dos omes que feso Diego Lopes e outra carta que enviaron a Diego Fernandes de Burgos e que destes a Fernan Yanes, notario, por catar o contrauto dos carniçeiros que non podestes achar e que costou coger hũa ves a agoa aa pila do Canpo, que monta todo triinta e sete maravedis blanqua en tres dineiros. Item vos foron descontadas de fallas conçellaveles, primeiramente, da renda de Alvaro Gil, çento e triinta maravedis e de Juan Gonçales, çapateiro do arçobispo, quoreenta maravedis e de Afonso de Leon o vello, seseenta maravedis e de Martin de Burgos çinquoeenta maravedis e de Pero Leiteiro de sua renda çento e triinta e hũu maravedis e medio e de Juan Garçia, criado de Gonçalvo Freire dos maravedis e da pãadeira do cabidõo, dose maravedis e da pãadeira de San Domingo, viinte maravedis que monta todo esto quatroçentos e noveenta e dous maravedis e medio, blanqua en tres dineiros. Item que pagastes a Rui Martines, notario por trasladar os infintos da renda, viinte e tres maravedis. Item que despendestes enno pleito que ouvestes con Afonso da Cana, des maravedis; monta todo triinta e tres maravedis.
Item que pagastes a Juan Ares da Cana e a Martin Galos, justiças que foron o dito anno de quatroçentos e des e oyto, dous mill e seisçentos maravedis, blanqua en tres dineiros, que ouveron de aver de seu selario por rason dos ditos ofiçios de alcaldias.
Item que ouvestes de aver o dito anno de voso sellario, por rason do procuratorio dous mill maravedis, blanqua en tres dineiros. Item de custos miudos que vos foron contados seseenta maravedis, blanqua en tres dineiros, que monta todo esto que asi pagastes e destes e despendestes por mandado de nos o dito conçello triinta e nove mill e noveçentos e noveenta e nove maravedis e sete dineiros, contando blanqua a tres dineiros e descontando esto dos triinta e nove mill e noveçentos e des e nove maravedis e seis dineiros que por nos acadastes segundo en esta conta fan mençon asi fiqua que vos devemos nos o dito conçello oyteenta maravedis, blanqua en tres dineiros. Os quaes ditos oyteenta maravedis, mandamos a Garçia Rodriges e Juan Dominges de Liñares, nosos procuradores que presentes son que vos los den e pagen. E asi son conpridos e pagados os ditos triinta e nove mill e noveçentos e des e nove maravedis e seis dineiros da sobredita moeda, contando blanqua en tres dineiros que vos os ditos Alvaro Gil, Pero Leiteiro, nosos procuradores que fostes o sobredito anno recebistes e recabdastes en noso nome e destes e pagastes por noso mandado enna maneira que dito he e segundo que de suso fis mençon. E dos quaes ditos maravedis nos outorgamos de vos por entrego e ben pagados e renunçiamos a exepçon do aver non dado nen contado nen reçebido nen pagado en presença do notario e testemoyas e aa ley que dis que se pode opoer esta exepçon e que se feso a confeson so esperança de pago e renunçiamos as leis que disen que as ditas exepçoes se poden opoer fasta çertos tenpos. E por ende damos por quitos e libres doje este dia endeante//
(Fol. 61 vº)
para todo senpre a vos os ditos Alvaro Gil e Pero Leiteiro e a vosos bẽes  e herdeiros e suçesores e de cada ũu de vos dos ditos triinta e nove mill e noveçentos e des e nove maravedis e seis dineiros da moeda sobre dita que asi por nos e en noso nome reçebestes e recabdastes o sobredito anno por quanto os destes e pagastes por noso mandado enna maneira que dita he e segundo que de suso he declarado e prometemos non vos demandar de aqui endeante sobre esto que dito he en juiso nen fora del en algũo tenpo nen por algũa maneira so penna do dobro da dita contia que vos pagemos por penna se contra elo viermos e a pena pagada ou non pagada todavia esta carta de pago e as cousas en ela contiudas fiquen firmes e vallan para senpre. E nos os ditos Alvaro Gil e Pero Leiteiro, que presentes somos asi o reçebemos. Feita a carta enna dita çidade enno sobre dito lugar, dia lũus des e nove dias do mes de juyo, anno do Naçemento de Noso Salvador Ihesu Christo de mill e quatroçentos e des e nove annos. Testemoyas que a esto foron presentes: Fernan Ares Xarpa, çidadãao de Santiago e Garçia Gonçales Porra e Bernald Yanes do Camino e Pero Gomes do Çiquelo e Pero Afonso de Duanquos, vesiños da dita cidade e outros. Feitta e dada aos ditos procuradores.
Predito.- O dito Conçello e alcalles e regidores sobre ditos diseron que por contenplaçon da Orden de San Domingo e por faser graça e boa obra a o prior e fraires do mosteiro de Santa Maria de Bonaval que quitavan a Maria Franqueira, pãadeira que agora era do dito mosteiro os maravedis en que ela fora encanavada e repartida este anno da feita desta carta da renda que se repartira enna dita çidade este dito anno e que mandavan e mandaron aos procuradores do dito Conçello que non cobrasen dela os ditos maravedis en que asi fora repartida e que se tornasen en fallas ao dito Conçello e que se algũos prendas lle avian tomado por esta rason que llas entregasen. E desto en como pasou, frey Fernan Alvares, prior do dito mosteiro, pedeu a min o dito notario testemoyo signado para garda do dereito da dita Maria Franqueira. Testemoyas, os sobreditos.
Daqui endeante por lo scusador.
Predito.- Sabean quantos esta carta viren como eu Afonsso Lourenço, raçoeiro enna igllesia de Santiago e capelan da capela de Santa Cathalina da dita igllesia, outorgo e conosco que reçebi de vos Garçia Rodriges e Juan Dominges, procuradores do Conçello da çidade de Santiago çento e oyteenta maravedis, contando branqua en tres dineiros, os quaes ey de aver en cada hũu anno do dito Conçello por rason da dita capelanya e son deste anno que anda da feyta desta carta e renunçio a toda exepçon que non diga delo o contrario. Testemoyas, Rui Fernandes, notario apostolico e Gonçalvo Tome e Jacome Eanes, scripvãos, moradores enna dita çidade.


Materias

alcume; alimentos; apelación; arquivo; arrendamento; arrieiro; auga; avinza; avogado; axudas de custe; branca; cabido; cámara Arcebispal; capela; carniceiro; casa; catedral; construción; conta; convento; coroado; débeda; diñeiros; excomuñón; familia; fisco; fonte; foro; frade; freguesía; igrexa; indagación; irmandade; labrego; manual; marabedí; mercé; mozo; muller; muller; muralla; notaría; obrigación; orde dos predicadores; orde relixiosa; ordenanza; pagamento; panadeira; pedidos; peixe; portádego; porteiro do rei; pozo; pregón; preito; preito; prenda; preso; prior; publicación; raíña; recadador; rei; reloxo; repartimento; repartimento; rexistro; selo; servente; servizo; traslado; tributo; tributo; viaxe; viña; viño; violencia; viúva; xantar; xornal; escusador

Persoas

Afonso da Cana; Afonso de León o vello; Afonso de León, acibecheiro; Afonso de Vilamaior; Afonso Domínguez da Pena; Afonso Fernández Abril, rexedor de Santiago de Compostela; Afonso Fernández, peliqueiro; Afonso Gómez; Afonso Lourenzo, racioneiro de Santiago de Compostela; Álvaro Afonso Xuliate, rexedor de Santiago de Compostela; Álvaro Xil, cambiador e procurador do concello Santiago de Compostela; Bernal Eáns do Camiño, procurador do concello Santiago de Compostela; Constanza Asignada; Diego Fernández de Burgos; Diego López de Toledo; Domingos Longo; Dona María, muller de Xoán Núñez; Fernado Viéitez; Fernando Álvarez, prior de Bonaval; Fernando Ares Serpe; Fernando Eáns, notario público; Fernando Gardado; Fernando González do Preguntoiro, rexedor de Santiago de Compostela; García Fernández Sarmiento, adiantado de Galicia; García Rodríguez do Vilar, procurador do concello Santiago de Compostela; Gómez García, notario público; Gómez Rodríguez, bacharel en decretos e alcalde de Santiago de Compostela; Gonzalo Pérez; Gonzalo Tomé, escribán; Leonor Fernández, muller de Vasco Pérez Cabeza; Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; María Franqueira, panadeira; Martiño de Brión; Martiño de Burgos; Martiño de Burgos; Martiño Galos, rexedor de Santiago de Compostela; Martiño García, porteiro do arcebispo; Mestre Fernando, cirurxián; Mestre Roxel; Mestre Xofre; Nuño González de Vilariño; Pedro Afonso de Duancos; Pedro Afonso, notario público; Pedro Bermúdez de Montaos; Pedro Gómez do Sequelo; Pedro Leiteiro, procurador do concello Santiago de Compostela e cambiador; Pedro Rodríguez Sopas; Roi Fernández, notario apostólico; Roi Sánchez de Moscoso; Roi Sandoval; Sueiro da Enfesta; Vasco Fernández Troco, alcalde de Santiago de Compostela; Xácome Eáns, escribán; Xil Pérez, procurador do concello Santiago de Compostela; Xoán Ares Chantreiro; Xoán Ares da Cana; Xoán Ares da Cana, rexedor de Santiago de Compostela; Xoán Costas; Xoán de Boado; Xoán de Oural; Xoán Domínguez de Liñares, procurador do concello Santiago de Compostela; Xoán Fernández de Canas, recadador; Xoán García, criado de Gonzalo Freire; Xoán González, zapateiro; Xoán Páez; Xoán Pérez das Mozas; Xoán Pica; Roi Martínez de Carballido, notario público

Outros

Pontedeume, concello; Altamira; Capela de Santa Catarina; capela dos reis; Casa da peixaría; Neda, concello; Porta da Algalia; Porta da Pena; Porta da Trindade; Porta de Mámoa; Porta de Mazarelos; Porta de San Francisco; Postigo de San Fiz; San Domingos de Bonaval; Santiago de Compostela, concello; Vilalba, concello; Ferrol, concello

Lugares

A Coruña; Arzúa; Ferrol; Pontedeume; Pontevedra; Santiago de Compostela; Vilalba