GMH/ÍNDICE A-Z

A27
1380, xaneiro, 25
Rodrigo Lourenzo, veciño de Ourense, afora a Gonzalo Míguez un lugar en Vilarchao (freguesía de Santo Eusebio) e unha leira por cinco libras. (fol. 18-18v)

Sabeam quantos esta carta viren que eu Rodrigo Lourenço (...) Fonteyña, vesino e morador enna cidade d’Ourense, dou (...) a foro a vos Gonçalvo Migees e a vosa moller Tareixa Domingues /en vosa (...)\ et (...) fillos e filas que anbos aja-des de consuuo, o meu (...) que eu teño em Villar Chaao, que he en freguesia de Santo Seveo (...) (por tal pleito e condiçon que )* a que chaman o lugar da Fonte. Iten vos aforo con este lugar huna leyra que jas em freguesia de Seoane de (...) huna a chaman a Penna da Senra, a qual leyra tevo Johan Peres do f(...) e jas (arada)* /da par de\ outra leyra que y teen os filos de Johan Gomes de de Melles. Aforo vos o dito lugar e leyra a monte e a fonte /con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteesças\ por tal pleito e condiçon que vos o dito Gonçalvo Migees e vosa moller e vosos fillos /e filas\ que o lavredes e paredes ben (em tal maneira)* o dito lugar et leyra (por tal pleito e condiçon)* em maneira que non defalesca por mingoa de lavor nen por maao paramento e que dedes del /e da leira\ a min e a miña (...) cada anno Vº libras de diñeiros brancos /por dia de Sam Martiño\ (e do al averedes o dito ...)* et do al averedes o dito lugar e leyra lyvre e quite de todo outro enbargo e carrego, pagando o disemo a deus, e a seymento d(...) ditos o dito lugar e leyra que fique a min e a miña vos livre (...) desenbargado con todolos boons paramentos que em el f(...) todos meus bees para vos anparar a dereyto con (...) sobre dito he. Et eu (...) Migees (fol. 18)
(...) anno o dito foro das ditas Vº libras, obrigo min e todos (...) beens gaañados e por gaanar, et he posto que se vos (...) Gonçalvo Migees ou vosa vos quiserdes vender ou deytar (...) supenorar etç. que primeiramente frontedes a mi ou a (miña) vos etç. e non o querendo etç. enton a vendede (a) tal pesoa que seia vosa semeldue que lavre e pare bem e conpra e agarde as condiçoes desta carta e cada huna dellas. Outrosy he posto que a parte de nos que contra esto pasar que peyte a parte que ello quiser estar e o conprir e agoardar cem mrs. de dños. brancos e a vos del rey outros tantos, e a penna pagada ou non esta carta e conteudo fique firme e vala enno tenpo. Feyta em Pousada XXV dias de janeiro. Tests. da carta de Gonçalvo Migees de Pol, Lourenço Anes da Touça e (Joan) Lourenço et o rendeiro e Joan Domingues d’Alenparte e Afonso /Anes\ e seu fillo Afonso e outros.
Era de mill e quatroçentos e XVIIIº annos. (fol. 18v)

(- - -) (fol. 19)