GMH/ÍNDICE A-Z

1236
1475, marzo, 7 mércores. San Fiz de Vilapedre
Gonzalo Núñez pídelle ó notario, Diego Ares, que destrúa o contrato de foro de Maior Ares para evitar posibles reclamacións.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/15, perg. orix., galego, cortesá, 160 x 370 mm.

En a aldea de San Fiis, que he en o Val de Villapedre, ante as portas da casa de morada de Diego Ares de Valadares, notario publico del Rey nostro senor, dia quarta feyra, sete dias do mes de março, do ano do senor de mill et quatroçentos et setenta et çinquo anos.

En presençia de min Alvaro Ferrnandes de San Cosmede, escripvano del Rey nuestro senor, et dos testigos de juso escriptos, este dito dia estando ende presente o dito Diego Ares, notario, paresçeo ende Gonçalvo Nunes, mercador, morador en a beyga de Sarrea, et diso a o dito Diego Ares en como el ben sabia que el, o dito Gonçalvo Nunes, et Mayor Ares de Boveda, muller que foy de Ares Lopes de Goyanes, que Deus aia, aviia pasado et pasara en presença el et o dito Diego Ares et por Pedro Meendes, canonigo de Lugo, como notarios, hun contracto et conbenençia de et sobre rason do couto de Byville et Meyxente et lugares da Beyga, que son do Obispo de Lugo, desendo a dita Mayor Ares que eran seus et lle perteesçian por razon que deles aviia feito foro o Bispo, don frey Juan Manrriques, que Deus aia, Obispo que foy da dita iglesia de Lugo, a o dito Ares Lopes de Goyanes, seu marido, et disendo eu, o dito Gonçalvo Nunes, que o dito foro que a dita Mayor Ares tina era baco asy por non pagar como por outras condiçoes en el contenidas, por lo qual el liçençiado, Roy Lopes de Lugo, probisor del Obispo, don Garçia de Vaamonde, Obispo da dita iglesia de Lugo, lle aviia feito foro nobamente, et como sobre la dita questyon a dita Mayor Ares et el, o dito Gonçalvo Nunes, por se quitaren de pleito et question aviian feito o dito contrato et conbenençia, segun mays largamente en el se conten, en o qual dito contracto do dito Gonçalvo Nunes diso que a dita Mayor Ares dera por ningun o dito seu foro que asy fora feito a o dito Ares Lopes de Goyanes, segun que todo pasara por lo dito Diego Ares et por lo dito Pedro Meendes, et que ben sabia el, o dito Diego Ares, como a dita Moor Ares posera o dito seu foro en fieldade et en poder del, o dito Diego Ares, et o dera por ningun, como dito he, et lle mandara que a çerto tenpo ja pasado que el o queymase et fesese del como non paresçese por quanto ela et seus heredeiros aviian de levar por vertude do foro de min o dito Gonçalvo Nunes, segun en o dito contracto se conten. Et agora o dito Gonçalvo Nunes diso que se terresçia que con o dito foro da dita Mayor Ares seus erdeyros dela o posesen a pleito et lle fesesen gastar, por ende que el en a mellor forma que podia et con dereito devia que frontava et requeria et frontou et requeriu a o dito Diego Ares, notario, que quisese queymar et queymase o dito foro vello da dita Mayor Ares, segun que por ela fartas beses lle fora mandado queymar, et o posese en tal lugar como del non lle viese mal nin dapno; et el fasendo asy que faria ben et aquelo que con dereito era obrigado de faser et cunpriria o que a dita Mayor Ares lle aviia mandado, et en outra maneira el non querendo queymar o dito foro, segun que a dita Mayor Ares lle avia mandado, como dito he, o dito Gonçalvo Nunes diso que protestava et protestou sobre lo dito Diego Ares et sobre seus bees todos los dapnos et perdas que por cabsa do dito foro lle viesen et recresçesen que a todo tempo lle fosen a el obrigados. Et logo o dito Diego Ares diso que pasase con sua resposta et en respondendo diso que conosçia que era verdade todo lo que o dito Gonçalvo Nunes disia, et que a dita Mayor Ares posera o dito seu foro vello en seu poder del, o dito Diego Ares, et que lle mandara que o queymase a çerto tenpo ja pasado, et que el o leyxara ja a de aver queymado por que o tina con outras muytas escripturas et que tomara por pesa de o çacar, mays que prometia de o buscar et queymar et faser del como non paresçese, et que de ahi en adiante se obrigava et obrigou a o dito Gonçalvo Nunes por sy et por todos seus bees, moveles et reyses, avidos et por aver, de lle pagar qualquer mal, ou dapno, ou pleito, ou rebolta que por aquel dito foro vello da dita Mayor Ares lle viese, et que mandava et mandou a min, dito notario, que asi o dese signado de meu signo et firmado de meu nome, et que asi o outorgava et mandava faser obrigaçion forte et firme çerca delo. Et desto en como pasou o dito Gonçalvo Nunes pidiu a min o dito Alvaro Ferrnandes, notario, testimonio signado para guarda de seu dereito.

Testigos que foron presentes chamados et rogados: Gonçalvo de Frades, et Gonçalvo de Sisto, morador en Padrine; et Ares de Milleyros, et Pedro Nunes, criado do dito Gonçalvo Nunes, et outros.

Et eu Alvaro Ferrnandes de San Cosmede, escripvano de Camara del Rey nuestro senor et seu notario publico en a sua Corte et en todos seus reygnos et senorios, a todo esto que sobredito he en uno con os ditos testigos presente foy, et por rogo et a pedimento das ditas partes esta carta escripvi et por ende puje aqui meu nome et signo en testemoyo de verdade que tal he (signo).