GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

243
1340, decembro, 10
venda

García Martínez véndelle a Gonzalo Iáñez, reitor da igrexa de Noalla, a cuarta parte dun casal, foreiro de terza ao cabido, por 37 libras e media. Previamente (día 8) foi requirido o cabido.

ACOu, Escrituras XX, 238

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta virem que eu Garçia Martines alffayate morador em Noalla e eu Aldonça Peres moradora na dita villa, filla de Pero Gonçalves de Calvos, por nos e por toda nossa vos vendemos a vos Gonçalvo Eanes reytor da dita igleia de Noalla e a toda vossa vos para senpre a quarta parte do casar a que disen da Igleia con a quarta parte de todas suas casas e vinas e arvores hu quer que vaan con entradas e seidas e con todos todos seus dereitos e perteenças, a qual quarta parte do dito casar nos avemos de Pero Gonçalves morador en Calvos por un canbeo que con el fesemos, sacados dous casarellos que estan aa igleia e huna leyra de terreno que nos ia afforamos a Gonçalvo Yanes de Noalla e a sua moller Dominga Lourença e o nosso quiñon da casa do camyno que ia vendemos ao dito Gonçalvo Yanes que vos y non vendemos e dous leyros de vina que ia vendemos a Domingo Esteves de Noalla. Vendemos vos a dita quarta parte do dito casar assy que vos e toda vossa vos a aiades e pesuyades de foro de terça ao cabidoo e dizimo a deus, et livre e quite de todo outro enbargo, ca outorgamos e conosçemos que reçebemos de vos todo o preço que a nos e aprouvo de nos porlo dito casar dardes, conven a saber triinta e sete libras e media de brancos desta moeda que agora corre de que contan xl pares por tres libras, os quaes avemos ia en nosso jur e en nosso poder ben e conpridamente. Et logo todo jur, dereito, senorio, posisson, propiadade, vos e auçon que nos avemos e nos perteençe en esta quarta parte do dito casar todo o tollemos de nos e de toda nossa vos e poñemolo en vos e en toda vossa voz por esta presente carta para senpre. Et obligamos nos e todos nossos beens gaañados e por gaañar para vos e toda vossa vos seerdes anparados senpre a dereito con esta vendiçon. Et quen quer da nossa parte ou da estranya que vos contra esta carta e vendiçon quiser pasar peite a vos ou a vossa vos mill mor. de brancos e a vos del rey outros tantos e a carta fique firme e valla para senpre. Feita a carta en Ourense, des dias de desenbro, era de mill e tresentos e seteenta e oyto annos. Tests. Johan do Valle, Martin Cabeço moradores en Codeiro, Estevo de Vaande lavrador, Johan Domingues fillo de Johan Yanes de Noalla que foy.

Et eu Gonçalvo Peres notario publico d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e en miña presença ho fige escrivir e meu signal y puge que tal he.

(sinal)

Era de mill e tresentos e seteenta e oyto annos, oyto dias de desenbro. Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min Gonçalvo Peres notario publico d’Ourense pola igleia desse lugar e das testemunyas adeante escriptas Garçia Martines alffayate morador en Noalla e sua moller Aldonça Peres diseron a Affonso Lourenço tesoureiro e vigario de dom Pero Suares dean d’Ourense que elles querian vender a quarta parte do casar a que disen da Igleia que esta en Noalla, que he foreiro do dito cabidoo et se o o cabidoo quissesse conprar que elles que llo venderian polo justo preço que lle outre dava. Et o dito tesoureyro disso que elles ia o diseran en cabidoo e que o cabidoo e el en seu nomme assy commo vigario do dean que lles disia que o non querian conprar desta vos, mays que elles que o vendessen a atal pesona que fesesse a elles os seus foros. Et desto en como passou o dito Garçia Martines pidío a min notario sobre dito huun estormento. Esto foy en Ourense en este dia e era sobre ditos. Tests. Ruy Lourenço capellan de Santa Ouffemea, Martin Migues, Pero Martines, Johan Domingues clerigos do coro.

Et eu Gonçalvo Peres notario sobre dito que a esto presente foy e en miña presença o fige escrivir e meu signal y puge que tal he.

(sinal)