GMH/ÍNDICE A-Z

52
1433, agosto, 9

Fernan de Viveiro, labrador, veciño de Pontevedra, declara que debe a Juan de San Domingo, carpinteiro, 160 maravedis. Promete pagalos no prazo dun ano.

(ff. 22 v-23)

Nove dias do dito mes de agosto. Sabean todos que eu, Fernan de Biveiro, lavrador, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente, confeso et outorgo que devo et ey de dar et pagar a vos Juan de Santo Domingo, carpinteiro, besiño da dita villa, que sodes presente, çento et sesenta maravedis, de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos çento et sesenta maravedis da dita moeda me vos enprestastes por me fazer amor et graça et boa obra, et os eu de vos resçebi en presença deste notario et ts. et de que me outorgo por entrego et pago a toda mea voontade, et renunçio a toda eixençon que nunca ende diga o contrario em juiso nen fora del, et se o diser que me non valla, et os quaes ditos çento et sesenta maravedis da dita moeda bos prometo et outorgo de dar et pagar deste dia de Natal da naçença de Deus primeiro que verra, que seera en este ano primeiro que verra de mill et quatroçentos et trinta et quatro anos ata un ano conprido, et por todos meus bẽes movles et rayses et espeçialmente por la mia herdade et baçelo de viña que en ela fise et plantey, que esta ẽno burgo da alen, que he de foro do mosteiro de San Salvador de Lerez, o qual jas entre las congostras et caminos publicos que van para Santiago et para o dito moesteiro de Lerez, et ven seir con portas et seido aa crus nova que se agora fezo ẽno començo et entrada das ditas congostras, que vos a elo obligo et meto em jur et en mãao por esta carta feita por este notario ajuso escripto. Et eu devo // de lavrar et procurar o dito baçelo et viñas ẽno dito tenpo de todos los lavores que lle feseren mester, en maneira que se non perga; et do viño que Deus en el der, deve de dar a vos o dito Juan de San Domingo a metado del mosto aa dorna, pago e disimo a Deus de consũu, et dando vos et pagando os ditos maravedis ao dito termino que mĩa herdade et baçelo de viña me fique livre et desenbargada, et non boslos dando et pagando ao dito termino que a dita herdade et baçelo seja de bos o dito Juan de San Domingo et vosa moller et vosas vozes por jur de herdade par todo senpre, et que me dedes mais a alende dos ditos çento et sesenta maravedis que asi de vos resçebi et quorenta maravedis da dita moeda que fosen asi dosentos maravedis da dita moeda, et outrosi que pagedes ao dito moesteiro de San Salvador de Lerez et convento del o foro que eu et mĩa moller et nosas vozes lle somos obligados de pagar, por maneira que delo sejamos livres et a pas por senpre, et de mais que avendo eu de vender ou sopennorar o dito baçelo de viña et a herdade en que esta, que o non posa fazer ẽno dito tenpo que voslo asi enpenno et ponno a penora a ninhũa persona que seja, salvo a vos o dito Juan de San Domingo, que quero et outorgo que o ajades tanto por tanto segundo que me outro por elo der, et fasendo o contrario que non balla o que ende faser, o qual todo, como dito he, vos prometo et outorgo de teer et conprir et pagar et agardar asi aa boa fe de Deus et sen mãao engano, et por min et por los ditos meus bẽes et espeçialmente por la dita herdade et baçelo que vos asi a elo obligo et meto em jur et en mãao como dito he, et so pena do doblo da dita contia que outorgo que vos peyte et page por pena et en nome de interese se o asi non tover et conprir et contra elo vier et a pena pagada ou non, esto como digo he, este firme en sua revor. Et eu o dito Juan de San Domingo, que soo presente, asi o resçebo. Feita a carta na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Ts. que foron presentes: Juan de Pascoa, mareante, et Juan Tranqua, capenteiro, et Pero de Parrega, lavrador, vesiños da dita villa de Pontevedra, et outros. Feita.