GMH/ÍNDICE A-Z

874
1388, abril, 28. Mosteiro de San Vitório
O bispo de Lugo outórgalles a Pedro Saco e á súa muller os casais da freguesía de Santa María de Toiriz e o padroado desta igrexa e recibe a cambio o casal do Tellado, na devandita freguesía, mais o de Cabanas, en San Salvador de Moreda, e todo o que lles pertence en Santalla de Caneda.

MADRID, AHN, Carp. 1332 G/11, perg. orix., galego, cortesá, 312x388 mm; Cód. 417 B, fol. 29r e v.

LUGO, AC, extr., Tumbo Nuevo, fol. 235r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos don frey Pero Lopes da orden dos pregadores por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, por nos et en nome de nosa iglesia, da huna parte, et eu Pero Saco, escudeyro, por min et por minna muller, Ynes Rodrigues, que non esta presente porque obligo meus beens a fazer de pas, da outra parte, fasemos entre nos tal enplasamento et condiçoes et posturas que mandamos et outorgamos que sejan valiosas segundo aqui for declarado. Conven a saber que nos, o dito sennor obispo, damos a vos, o dito Pero Saco et a a dita vosa muller, Ynes Rodrigues, por en toda vosa vida de ambos et de dous vosos fillos, Meen Rodrigues et Estevo Saco, et en outras duas voses apus do postrimeiro deles, que seian nomeados ho hun qual nomear ho voso fillo postrimeyro et o outro qual nomear aquel que asi for nomeadao, et que asi fique de hun en outro ata que foren compridas quatro personas, todos los casares que nos et a dita nosa iglesia avemos en Toyris sub signo de Santa Maria de Toyris, con suas casas, arbores, formaes, jures et rendas et froytos et dereyturas que eles am et lles perteesçen en qualquer maneyra, a montes et a fontes, per hu quer que vaan sub o dito signo, a a tal condiçon que labredes et façades labrar et parar ben as ditas herdades dos ditos casares et casas et manteerlas feytas en boo estado, et non dedes deles a nos nen a a dita nosa iglesia cousa alguna en renda nen çenso algun vos nen a dita vosa muller et persoas, et con tal condiçon que a a morte de vos et da dita vosa muller et persoas que estas herdades que vos damos et as que nos dades que fiquen libres et quitas a a nosa iglesia sem embargo de vos et deles. Et outrosi vos damos mays, enna maneyra que dita he, em vida de vos, o dito Pero Saco et da dita vosa muller et persoas, os quinse maravedis que a dita nosa iglesia ha em cada hun anno enna iglesia de Santa Maria de Toyris de padroadigo, et a voso finamento voso (sic) et da dita vosa muller et persoas que os ditos quinse maravedis de padroadego fiquen livres et quitos a a dita nosa iglesia sen voso embargo. Outrosi damos todos noso poder comprido a bos et a a dita vosa muller et persoas que en noso nome et da dita nosa iglesia et de nosos susçesores posades presentar et presentedes clerigo ou clerigos ydonios a a dita iglesia de Santa Maria de Toyris, acontesçendo de se bagar durante voso tempo do dito emplasamento, da qual dita iglesia nos et a dita nosa iglesia somos verdadeiros legitimos padroes et estamos en jur et posison de apresentar a ela clerigo et clerigos quando acontesçe de bagar, et rogamos et mandamos a o abade de Monfforte em cuio tempo aconteçer a bagaçon da dita iglesia, ou a seu vigario, ou a outro qualquer que poder aia de faser dela colaçon, que a presentaçon que vos por nome de nosa iglesia et de nosos susçesores derdes et faserdes et apresentardes a toda a dita iglesia de Santa Maria de Toyris ou a parte dela clerigo ou clerigos ydoneos que lles façan collaçon dela. Et eu, o dito Pero Saco que presente estou, por min et por la dita minna muller et persoas asi reçebo de vos, o dito sennor obispo, os ditos casares et herdades et casas et maravedis et a presentaçon et poder de presentar a a dita iglesia, et por este ben et merçee que vos, o dito sennor obispo, fasedes dou a vos o dito sennor obispo et a vosa iglesia et a vosos susçesores para senpre jamays por jur de herdade ho noso casal do Tellado, que he sub signo de Santa \Alla/ de Toyris, et ho outro noso casal de Cabanas con sua vina que nos compramos ha Eynes Peres, que ias sub signo de San Salvador de Moreda, et damos-vos mays por jur de herdade, segundo dito he, ho noso casar et casas et vinas et arvores et jures et pertenençias et dereyturas do noso casal do Paaço; os quaes ditos casares et casas et vinas et arbores vos damos et outorgamos a montes et a fontes con todas suas entradas et seydas et con suas dereyturas et casas et arbores et formaes et pascos, agoas correntes et estantes, silvas mansas et bravas per ut quer que baan sub os ditos signos, et logo por esta presente carta poemos et apoderamos a vos, o dito sennor obispo, et a vossa iglesia et a vosos suçesores enno jur et posison et propiadade delas, et tiramos ende a nos et a nosas boses para senpre. Et eu, o dito Pero Saco que presente soo, obligo meus bees et da dita minna moller et persoas, movilles et rayses, que agora abemos et oubermos d’aqui endeante de vos faser senpre de pas os ditos casares et vinas et herdades et casas et arbores que vos asi damos enna maneyra que dita he, et se d’aqui endeante deles ou de parte deles usarmos, ou pesuyrmos, ou esfroytarmos, eu et a dita minna muller et perssoas ou outren por nos conosçemos et outorgamos que o usamos et pesuymos por vos, o dito sennor obispo, et por la dita vosa iglesia et vosos suçesores et en voso nome precario. Outrosi eu, o dito Pero Saco, por min et por la dita minna muller et por toda nosa voz quito et renunçio et leyxo et desenbargo a vos, o dito sennor obispo, et a vosa iglesia et a vosos suçesores para senpre jamays todo dereyto et auçon et demanda et sennorio et jur de apresentar que aviamos et poderiamos aver en qualquer maneyra enna dita iglesia de Santa Maria de Toyris que ata aqui coydavamos que era nosa por merçed que nos dela avia feyta don Fernando de Castro que coydava que nos la podia faser o que non era verdade que nos la non podia faser de dereyto porque non era sua et he de vos o dito sennor obispo et de vosa iglesia, segundo que a min foy mostrado por testemoyos et scripturas publicas que me vos, o dito sennor obispo, mostrastes por las quaes paresçia o dito don Fernando non aver a ela dereyto nen eu en seu nome, et que a presentaçon della he de vos, o dito sennor obispo, et de vosa iglesia; et por estas rasoes et por cada delas nos non aviamos a ela dereyto alguno et se deryto algun eu ou a dita minna muller avemos ou ouveramos a a dita iglesia por lo dito don Fernando leyxoo et demitoo et renunçio des aqui endeante en vos, o dito senor obispo, et en vosa iglesia et suçesores segundo de suso he dito et declarado.

Et nos, o dito sennor obispo, por la dita nosa iglesia et suçesores et por nos asi o reçebemos de vos, o dito Pero Saco et da dita vosa muller, os ditos casares et herdades et vinas et casas et jures que nos dades et renunçiaçion et demitiçon que nos fasedes do padroadego et presentaçon da dita iglesia de Santa Maria de Toyris, et damos-vos que ajades en toda vida et da dita vosa muller et persoas os usosfroytos et novidades dos ditos casares et herdades et vinas et casas que nos dades como dito he, et a presentaçon da dita iglesia que nos dades. Et a finamento da postrimeyra persona os ditos casares et vinas et casas et arbores et formaes et a presentaçon da dita iglesia et maravedis que vos damos fiquen libres et quitos a nos et a nosa iglesia et subçesores sen voso enbargo, con todos los paramentos que en eles foren feytos.

Et eu, o dito Pero Saco, que presente estou por min et por la dita minna moller asy o reçevo et outorgo enna maneyra et por las condiçoes sobreditas et obligo min et meus bees et seus deles, asy moviles commo rayses que ora avemos et ouvermos d’aqui endeante, de comprirmos et pagarmos et guardarmos et atendermos todo esto que sobredito he. Et nos, o dito sennor obispo, et Pero Saco damos por nihun o enprasamento que aviamos feyto por Aras Peres, arçidiago de Deçon et notario publico de Lugo. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Afonso Touron, notario publico de Lugo et dos coutos et lugares et negoçios da iglesia dese lugar, que fesese ende esta carta.

Feyta enno moesteyro de San Vitoyro do obispado de Lugo, que he en terra de Sardineyra, viinte et oyto dias d’abril, anno da naçença de noso Salvador Ihesu Christo de mill et tresentos et oyteenta et oyto annos.

Testemoyas que foron presentes: Pedro Afonso, cardeal de Santiago; Rodrigo Yanes de Burela; Estevoo Rodrigues, prelado de Santo Estevoo de Ribeyra de Minno; Pedro Afonso de Sande; Aras Vasques, monje de Monforte; Fernan Gonçalves de Moreda; Diego Lopes, porteyro, et outros.

Et eu Afonso Touron, notario publico de Lugo et dos coutos et lugares et negoçios da iglesia dese lugar por la auctoridade do dito sennor obispo, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et a rogo das ditas partes este contrato en mina presença fis scrivir et puge en el meu signal en testemoyo de verdade.(+).