GMH/ÍNDICE A-Z

210
1325, agosto. Lugo
O deán e o Cabido afóranlles a Fernando Pérez, á súa muller e a unha persoa unha casa no Barrio Falcón por 20 soldos anuais e a obriga de reconstruíla.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 63r.

Era de mill et CCC et LX et tres annos [...] de agosto. O dayam, don Fernan Aras, et os homees boos do cabidoo que enton [...] no tessouro da yglesia de Lugo, dan et outorgan a Fernan Perez, cryado de Pedro Jacome, huna cassa dos [aniverssarios] que he en barro Falcon, en que suya morar Fernan clerigo, a qual ora esta derribada, que a faça et correga, et a tenna en sua vida et de sua muller Maria Ferrnandes, et d’una pesoa qual o pustrymeyro delles anbos nomear. Et an de dar cada anno a o que tever os anyversarios, elles et aquella pessoa que for nomeada, vinte soldos desta moeda branca del rey don Fernando. Et a morte destas pesoas sobreditas a de ficar esta casa livre et quita a o cabidoo con todol-los boos paramentos que en ella foren feitos.

Testemoyas que presentes foron: don Fernan Aras, dayan, don Fernan de Deus, chantres; don Johan Beçerra, juyz; don Pedro Savasches, thesoreyro; Fernan Alvares, Aras Perez, Fernan Afonso, coengos de Lugo; Andreu Perez, Afonso Gayo, Francisco Guillelmes et outros.

Eu Jacome Eanes, notario de Lugo, presente foy escryvy. (+).