GMH/ÍNDICE A-Z

258
1330,[...], 8 sábado. Lugo

Cláusula testamentaria de Pedro Fernández do Campo.

MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 67v.

Era de mill et CCC LXVIIIº annos, sabado VIIIº dias [...], notario publico de Lugo, et das testemoyas que a jusso son escriptas, vy et lii un testamento de Pedro Ferrnandes do Canpo [...] segundo en el appariçia, et signalado con seu signal, o qual testamento se começava asy: «Inno nome de Deus [...] que son tres pesoas et un Deus. Sabam quantos este testamento viren et oyren commo eu, Pedro Ferrnandes do Canpo, de grave infirmidade agraveado pero con todo meu sisso et con todo meu entendemento, qual mo Deus quiso dar, faço meu testamento en esta maneira. Primeiramente mando mia alma a Deus que ma meteu no corpo cuia he etc...», et fiiciasse assy: «et este he os testamento pustrimeyro que eu, Pedro Ferrnandes, faço et que mando que valla para senpre, et se outros testamentos alguuns ha feytos ante d’este revogoos todos et mando que non valla se non este», et iacian en el por testemoyas [...] Stevoo, coengo de Lugo, Fernando Alvares et Iohan Rodrigues, raçoeyros de Lugo; Afonso Martines, cavalleyro; Affonso Aras de Burgo Novo, Aras Peres da Crus, Lopo Rodrigues, alcayde; Aras Perez, capellam do bispo. Et fora feyto segundo en el appareçia sete dias d’agosto, enna era de mill et CCC XLªIX annos. Enno qual testamento se continna entre las outras cousas: «Et mando a a eglesia de Santa Maria a meatade d’una casa que esta na rua dos Clerigos, a qual casa foy d’Orraca changada, et esta meatade desta casa mando por aniversario, et por consintemento de mina muller, Maria Rodrigues, que ay a sua meatade. Eu Jacome Eanes, notario sobredito, vi o testamento sobredito o qual non era raso nen cançellado nen entrelinado nen en outra parte de sy sospeito, et por mandado et por autoridade de don Diego Ferrnandes, archidiago de Deçon, vigario geeral do moito onrrado padre et sennor dom Ioha por lla gracia de Deus, obispo de Lugo, que o viu leer todo et o asentou dillegentemente, de vervo a vervo en presença das testemoyas subscritas fige escrivir et tirar esta clausula sobredita, nenuna cousa encaduda nen mudada por que se a sustançia da verdade podese mudar. En este traslado que foy del tirado puge meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade. Que foy tirado era et dia sobreditos. Presentes foron: o chantre d’Armentia, Alvar Dias, coengo; Iohan Dias et Pedro Ferrnandes, coengos d’aniversario, et outros. (+).