GMH/ÍNDICE A-Z

507
1347, decembro, 11. Lugo
O Cabido de Lugo acepta a renuncia presentada polo racioneiro Lope Domínguez ao seu cargo de despenseiro baixo certas condicións.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 55v.

Era de mill et CCC LXXXª et çinquo annos, onse dias de desenbre.

En presença de min Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, et das testemoyas subscriptas, seendo don Diego Fernandes, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, iuntados en cabidoo por campaa taniuda enno thesouro desa iglesia segundo que he huso et custume de se iuntaren en cabidoo, Lopo Dominguez, raçoeyro de Lugo, monstrou et fezo leer ante o dito dayam et cabidoo huna carta seelada con seello do dito cabidoo et signada con signal de don Pedro Iacome, iuyz et notario que fuy de Lugo, d’aqual o traslado he este que aqui suso esta scripto signado don signal de min notario sobredito, a qual carta mostrada o dito Lopo Domingues pidio a o dayam et cabidoo sobreditos que tevesen por ben delle reçeber o dito ofiçio da despensaria, ca el que non podia husar del por razon de outros ofiçios en que avia a servir seu sennor obispo, segundo elles sabian et lles el enviara diser et rogar; et logo o dayam et cabidoo sobreditos disseron, que a rogo do dito sennor obispo et por faser gracia a o dito Lopo Domingues, que lle reçebian o dito ofiçio que el tinna da despensaria deste cabidoo, et que el ficasse con sua raçon que el tinna asi commo raçoeyro que el he, con esta condiçon que vagando a dita raçon do dito Lopo Domingues en qualquer maneyra, que esta carrega da despensaria fique con a dita raçon segundo que a ela esta aneyxada por lo dito cabidoo, et con outorgamento do dito sennor obispo, a aquel a que a dita raçon for dada que seia tiudo a a dita despensaria et carrega dela segundo era o dito Lopo Domingues. Et iuraron a os santos avangeos de non mudar as ditas carregas da dita raçon; et logo cometeron o dito ofiçio da despensaria segundo que a tinna o dito Lopo Domingues a Ruy Gomes, clerigo do coro de Lugo, que estava presente, que o tenna en quanto Lopo Domingues tever a dita raçon. Et asignaronlle cada anno por seu selario çento et çinquaenta moravedis desta moneda del rey don Affonso, d’oyto soldos o moravedi. Et reçeberon del iuramento sobre santos avangeos que el husase do dito ofiçio ben et lealmente et desse a cada hun as suas raçoes et seu dineyro. Et o dito Ruy Gomes assi reçebeu o dito ofiçio et prometeu de comprir esto que sobredito he por lo dito iuramento. Et demays para o asy comprir deu por fiadores: don Alvar Diaz, arçidiago de Neyra, et don Vaasco Diaz, thesoreyro de Lugo, elles presentes et outorgantes-se por fiadores en esta raçon que dita he. Et desto que sobredito he o dayam et cabidoo sobreditos pidiron a min, notario sobredito, que lles dese ende este publico estromento.

Et foron presentes: don Diego Fernandes, dayam; don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Aras Pellaes, arçidiago de Deçon; don Martin Peres, iuyz; don Vaasco Diaz, thesoreyro; Fernando Affonso, Iohan Diaz, Iohan Gutierres, coengos; Iohan Ferrnandes, raçoeyro de Lugo, et outros testemoyas.

Et eu Fernando Garçia, notario sobredito, a esto presente foy con os ditos dayam et pesoas et coengos et raçoeyros et Ruy Gomes faser o dito iuramento sobre santos avangeos et a rogo das partes fis scripvir et puge y meu sinal.