GMH/ÍNDICE A-Z

787
1379. Lugo

Cláusula testamentaria de Urraca Pérez pola que lle manda á igrexa de Lugo para un aniversario 15 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 97v, traslado polo notario Fernando Pérez: 1379.

Eu Fernan Peres, notario publico de Lugo dado por la autoridade do sennor obispo desse lugar, vi et lii huun testamento d’Orraca Peres, muller de Johan Ferrnandes, mercador, feyto por min o dito notario, enno qual se continna entre las outras coussas huna clausula que he esta que se sigue: “Item mado que façan por minna alma des que eu finar, enna iglesia de Santa Maria de Lugo, hun aniverssario cada ano despoys do oytaval de Santa Maria d’agosto a a seyda del, et mando que se faça o dito aniverssario por quinse moravedis, et que os aian et leven por el por la minna terça parte destas casas en que eu moro, cada anno”. A qual clausula eu o dito Fernan Peres, notario, a pidimento de Garçia Gomes, procurador dos aniversarios da dita iglesia, aqui a trasladey vervo por vervo, et en este traslado puge meu nome et meu signal.

Feyto en Lugo viinte et dous dias de [...], era de mill et quatroçentos et dez et sete annos.

Testemoyas: Affonso Eanes, raçoeyro de Lugo; [...] Affonso, mercador, et

Fernando Rodrigues, cappellan de Santiago, et outros. (+).