GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

8791388, setembro, 8. LugoO bispo de Lugo, segundo o documento do 1-VII-1379, sob

separador

75 mm, traslado notarial: 1421-I-10. LUGO, AC, Tumbillo Nuevo, fols. 154v-156v.

separador

odos commo nos don Juan Afonso, dean de Lugo, et don Gonçalvo Yanes, chantre, et do

separador

da [enno coro] da iglesia cathedral de Lugo, segundo que avemos de uso et de custu

separador

et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, [...] fezemos a a capela chamada de S

separador

to pasou por Gonçalvo Peres, notario de Lugo, do qual o tenor he este que se sigue:

separador

ora ten don Diego Gomes, thesoreyro de Lugo, que esta presente et outorgante, con t

separador

t a Afonso Touron, notarios publicos de Lugo, que vos den desto publicos instroment

separador

outorgado enno dito lugar do cabidoo de Lugo, oyto dias de setenbre, anno da naçenç

separador

reditos do dito cabidoo; Roy Vasques de Lugo; Pedro Afonso de Sande. He logo

separador

et Afonso Touron, notarios publicos de Lugo, et das testemoyas subscriptas fezo co

separador

nsia et prebenda dela desta iglesia de Lugo a o dito Garçia Rodrigues, que ante el

separador

, que he a par de Mellid d’obispado de Lugo da orden de San Bieyto; d’aqual dita co

separador

o do nome de Gonçalvo Peres, notario de Lugo que foy, et enna pustremeyra plana do

separador

s et Fernando das Cortinas, notarios de Lugo, vimos et leemos et conçertamos de ver

separador

ento et rogo de Pedro Lopes, coengo de Lugo, que diso que lle compria o traslado d

separador

n Rodrigo Afonso, juyz enna iglesia de Lugo, et vigario geeral lugartenente de vic

separador

rio geeral enna iglesia et obispado de Lugo por lo sennor don Fernando, obispo de L

separador

a a dita autoridade por lo dito juyz en Lugo, esta feira dez dias do mes de janeyro

separador

’Outeiro, Juan de Laredo, moradores en Lugo; Afonso Peres, clerigo de [Cancedo], e

separador

Cortinas, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do sennor obispo des

879
1388, setembro, 8. Lugo
O bispo de Lugo, segundo o documento do 1-VII-1379, sobre a presentación dunha coenxía na catedral á que están adscritas rendas da capela de Santo Domingo da mesma catedral, nomea para a vacante a García Rodríguez. (Inserida en: 1435- -III-13, CD n.º 1042).

MADRID, AHN, Carp. 1332 G/12, perg. orix., galego, gótica cursiva, 470x575 mm, traslado notarial: 1421-I-10.

LUGO, AC, Tumbillo Nuevo, fols. 154v-156v.

Saban todos commo nos don Juan Afonso, dean de Lugo, et don Gonçalvo Yanes, chantre, et don [...], et don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça, don Pedro Ares, arçidiago de Neira, don Lopo Yanes, arçediano de Sarria, et Ares Peres, arçediano de Deçon, don [Gonçalvo] Osores, arçediano de Triacastela, Diego Gomes, thesoreyro, Thomas Gonçalvez, juys, Fernando [...], Ares Fernandes [...], coengos desta iglesia; Afonso Yanes, Juan Garçia, Jacome Fernandes, Alvaro Rodrigues, raçoeyros, seendo juntados en cabidoo por campaa tangida [enno coro] da iglesia cathedral de Lugo, segundo que avemos de uso et de custume, entendendo que he gran proveyto da dita iglesia [...] prometemos et outorgamos por firme et solemne stipulacion por nos et por nosos suçesores de atender et gardar et conprir et fazer todas las cousas et cada huna delas scriptas et contiudas en hun instromento de anexaçon de huna coengia et sua vagante [...] do onrrado padre et senor don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, [...] fezemos a a capela chamada de San Domingo que o dito sennor obispo fezo et hedificou enna dita iglesia cathedral, o qual instromento pasou por Gonçalvo Peres, notario de Lugo, do qual o tenor he este que se sigue:

Segue a continuación o documento de 1379-VII-1, (CD n.º 798).

et este [...] por nos et por nosos subçesores, segundo dito he, perpetuamente por senpre jamays de teer et gardar et conprir con todos los articulos et clausulas et condiçoes et cada huna delas en el scriptas et contiudas, et de non yr nen pasar por nos nen por outren contra o dito instromento et clausulas et condiçoes en el contiudas nen [...] en juizo nen fora del, nen alegar nen diser ninhuna nen alguna cousa nen [...] dereytos, nen constituyçon, nen custume contra o dito instrometo nen contra as clausulas et condiçoes en el contiudas porque elas nen alguna delas sian ou devan seer atenuadas, ou nuladas, ou cassadas, ou v[...] do dereito [...] vineremos; et obligamos firmemente por nos et por nosos suçesores para senpre jamays de faser ordenar et procurar et tractar que qualquer que for [promovido] por capelan a a dita capela, segundo he contiudo enno dito instromento segundo a ordenaçon que o dito senor obispo sobrelo ordenou, ou ordenar, que seia coengo desta iglesia, et noso yrmao et companeyro et que lle seia asignado [...] enno dito cabidoo, et escalo enno coro cum plenitudine iuris canonici et que aia huna prebenda entregamente, segundo cada hun dos outros coengos, segundo as condiçoes et modos enno dito instromento contiudos; et non agardando, nen atendendo, nen comprindo as ditas clausulas et condiçoes et cada huna delas contiudas enno dito [instromento], ou [indo] et pasando contra elas en alguna maneyra et por qualquer rason prometemos et outorgamos por nos et por nosos suçesores de dar et tornar et entregar a a dita capela et a o capelan, que en ela for en nome deles, todos los ditos herdamentos et casas et beens contiudos enno dito instromento, que o dito sennor obispo anesou a a dita nosa mesa, libres et quitos et desenbargados tan ben provados et reparados commo agora estan et todas as benfeytorias et boos paramentos que en elas foren feytos sen dubta et sen contenda alguna con todas las custas et danos et menoscabos et deteementos que a a dita capela et a o capelan et capelaes dela fezeren por esta razon resçeberen et padesçeren, et que seiam delo tiudos por sua [jur], et se por ventura os ditos beens ou parte deles tevermos aforados, ou eallados, ou en outra maneira prometemos et outorgamos de os librar et tirar das maos et poder de aqueles que os teveren por nosa custa et de os dar et entregar libremente sen contenda a a dita capela et a o capelan et capelaes que dela foren [subsçesive] en nome della. Et para teer et gardar todas estas cousas sobreditas et cada huna delas, et para non poder vinir nen pasar contra elas por nos nen por outro en juyso nen fora del en algun tempo expresamente renunçiamos a todo dereyto canonico et çivil scripto et non scripto, [uso] ou custume et pribilegio et constituyçon et benefiçio da ley ou [...] et a todo dereyto ou auçon porque nos et nosos subçesores podesemos vinir et pasar contra esto que de suso dito he, ou contra parte delo, et todo ho tiramos et partimos de nos et de nosos suçesores para senpre jamays. Et por mayor seguro de atender et conprir o que sobredito he obligamos especialmente et expresamente a nosa amistraçon do mes de janeiro, que ora ten don Diego Gomes, thesoreyro de Lugo, que esta presente et outorgante, con todos seus dereytos et jures et pertenenças, que vos seia por elo obligados enna maneira que dita he, os quaes son da nosa mesa, en tal guisa que non atendendo et comprindo todas estas cousas sobreditas et cada huna delas que o capelan et capelaes que foren suçesive enna dita capela posan entrar et tomar os ditos beens por sua abtoridade sen outra justiça alguna sen enbargo de nos et de nosos suçesores, que aia et leve os ditos froytos et rendas deles ata que de nosa parte for comprido todas las cousas sobreditas et cada huna delas, et que lle non movamos sobrelo pleito nen contenda alguna; et todas estas cousas sobreditas et cada huna delas prometemos de teer et gardar asy commo firme et solepne stipulaçon sub obligaçon geeral de todos los outros nosos beens.

Et nos, o dito sennor obispo, asy reçebemos de vos o dito dayan et cabidoo a dita stipulaçon et provison en nome da dita capela que fondamos et hedificamos, et asy reçebemos en nome dela a dita obligaçon dos ditos beens. Et nos, o dito dayan, et cabidoo asi vos-lo prometemos et outorgamos. Et porque esto seia çerto rogamos a Gonçalvo Peres et a Afonso Touron, notarios publicos de Lugo, que vos den desto publicos instromentos signados de seu signal.

Feyto et outorgado enno dito lugar do cabidoo de Lugo, oyto dias de setenbre, anno da naçença de noso Sennor Ihesu Christo de mill et trezentos et oyteenta et oyto annos.

Testemoyas os sobreditos do dito cabidoo; Roy Vasques de Lugo; Pedro Afonso de Sande.

He logo o dito sennor obispo estando con o dito cabidoo juntados enno dito coro da dita iglesia en presença de nos, os ditos Gonçalvo Peres et Afonso Touron, notarios publicos de Lugo, et das testemoyas subscriptas fezo colaçon et canonica instituyçon de huna coensia et prebenda dela desta iglesia de Lugo a o dito Garçia Rodrigues, que ante el estava con os gionllos ficados, por hun birrete que lle poso enna cabeça; a qual dita coensia ora vagou por promoçon de Lopo Fernandes, coengo que foy dela, por quanto [gaanou] a abadia do moesteyro de Santo Antoyno de Toques, que he a par de Mellid d’obispado de Lugo da orden de San Bieyto; d’aqual dita coensia et prebenda dela asi vagante a o dito sennor obispo perteesçe a apresentaçon et colaçon et provison dela por vertude dos contractos et composiçoes et anexaçoes que ha feytas con o dito cabidoo en esta razon, et mandou a o dito dayan et cabidoo que asy o ouveren d’aqui endeante por seu coengo et yrmao et companeiro, segundo os outros seus yrmaos coengos desta iglesia, et mandou logo et deu poder a o dito arçidiago de Deça que fose logo poer a o dito Garcia Rodrigues enno jur et posison da dita coensia, et lle asignase lugar enno coro desa iglesia et estada enno cabidoo; et logo o dito arçidiago de Deça tomou por la mao a o dito Garçia Rodrigues et estaloo en huna seeda da parte do dito dayan por nome do dito sennor obispo, et en outra seeda desa dita parte por nome do dito cabidoo. Et o dito dayan et cabidoo diseron que outorgavan todo esto que dito he et que lles prasia delo, et mandaron logo a Juan Garçia, distribuydor do dito cabidoo, que o posese enno numero dos coengos et ho contase enna dita coensia et prebenda dela segundo os outros coengos. Et de esto o dito Garçia Rodrigues pedeu testemoyas. Testemoyas os sobreditos de suso nomeados; Gonçalvo Peres, notario, Afonso Touron, notario.

Este he o traslado do sobredito contracto feyto enno thenor sobredito, o qual era scripto en hun caderno de nota scripto em papel firmado en cada plana en bayxo do nome de Gonçalvo Peres, notario de Lugo que foy, et enna pustremeyra plana do dito caderno era firmado dos nomes do dito Gonçalvo Peres et de Afonso Touron, notarios; o qual dito quaderno tinan en scripto dez planas et mays hun pedazo de outro de outra (sic) plana, et estavan postos os nomes anbos dos ditos notarios, segunto todo esto paresçia, o qual dito contrauto non era raso, nen chançellado, viçioso, nen en alguna parte del suspeytoso; o qual nos Nuno Gomes et Fernando das Cortinas, notarios de Lugo, vimos et leemos et conçertamos de vervo a vervo a pedimento et rogo de Pedro Lopes, coengo de Lugo, que diso que lle compria o traslado do dito contracto en publica forma para garda de seu dereyto, et de liçençia et abtoridade et decreto que para elo deu et outorgou don Rodrigo Afonso, juyz enna iglesia de Lugo, et vigario geeral lugartenente de vicario por Juan Ruyz, vigario geeral enna iglesia et obispado de Lugo por lo sennor don Fernando, obispo de Lugo, para que valuese et fezese fe o dito traslado ou traslados que nos anbos os ditos notarios do dito contrauto saquasemos en que posesemos nosos nomes et signal dia et era et testemoyas, asi en juyzo commo fora del, et commo o verdaeyro original; este dito traslado sacamos do dito contrato et puge aqui meu signal en testemoyo de verdade.

Que foy feyto et dada a dita autoridade por lo dito juyz en Lugo, esta feira dez dias do mes de janeyro, anno do nasçemento de noso Sennor Ihesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et hun annos.

Testemoyas que foron presentes et viron dar a dita autoridade: Juan d’Outeiro, Juan de Laredo, moradores en Lugo; Afonso Peres, clerigo de [Cancedo], et Pedro de Viçinte, criado do dito Juan d’Outeiro. Et non enpeesca os interlinos que van scriptos en esta scriptura entre regloes que diz de cada ano, et outro que diz seia, et outro que diz de Pascoa huna proçison de Santa Maria enno sabado primeiro de resurreçon, et en outra parte onde diz en minna presença, et en outra parte onde diz et clausulas et condiçoes en el contiudas et cada huna delas, que foy error do scripvan. Nuno Gomes, notario.

Et eu Fernando das Cortinas, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do sennor obispo dese lugar, a todo o que sobredito he de suso con o dito Nuno Gomes, notario, et con as ditas testemoyas presente foy et a pedimento et rogo do dito Pedro Lopes nos, os ditos notarios, por outro esta scriptura fezemos scripvir, et en ela puge meu nome et signal en testemoyo de verdade.

Fernando das Cortinas.

Materias

abade; administración; anexión; arcediago; auto xudicial; avinza; beneficio; bieito; bispo; cabido; caderno; campá; capela; capelán; catedral; chantre; cóengo; coenxía; colación; constitución; construción; conta; coro; crego; criado; dereito canónico; dereito civil; despenseiro; dignidades; distribución; festa; fundación; licenza; lingua; lugartenente; mandamento; mesa capitular; monxe; mosteiro; notaría; notario; notario; obrigación; orde de San Bieito; papel; Pascua; posesión; prebenda; procesión; provisión; provisor; publicación; racioneiro; sinatura; tenza; tesoureiro; traslado; vacante; vacante; vigairo; xuíz; xuíz; deán

Persoas

Afonso Eanes, racioneiro de Lugo; Afonso Pérez, crego; Afonso Tourón, notario; Álvaro Rodríguez, racioneiro de Lugo; Ares Fernández, cóengo de Lugo; Ares Pérez, arcediago de Dozón; Diego Gómez, tesoureiro de Lugo; Fernando das Cortiñas, notario; Fernando de Palacios, bispo de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Gonzalo Eanes, chantre de Lugo; Gonzalo Ozores, arcediago de Triacastela; Gonzalo Pérez, notario; Gonzalo Pérez, notario; Lopo Eanes, arcediago de Sarria; Lopo Fernández, cóengo de Lugo; Nuno Gómez, notario; Pedro Afonso de Sande; Pedro Ares de Parga, arcediago de Neira; Pedro de Vicinte, criado; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo; Pedro López, cóengo de Lugo; Roi Afonso, arcediago de Deza; Roi Vázquez de Lugo; Tomé González, xuíz de Lugo; Xácome Fernández, racioneiro de Lugo; Xoán de Laredo; Xoán de Outeiro; Xoán García, racioneiro de Lugo; Xoán Ruíz, provisor de Lugo; Xoán Afonso, deán de Lugo

Outros

Lugo, bispado; Santo Antoniño de Toques, mosteiro; Lugo, cabido

Lugares

Cancedo, clerigo; Deza, arcediagado; Dozón, arcediagado; Laredo; Lugo; Melide; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Outeiro; Roma; Sande; Sarria; Toques, Santo Antoniño, mosteiro; Triacastela; Vicinte, Santa María