GMH/ÍNDICE A-Z

892
1399, setembro, 2. Ribas Altas
O bispo de Lugo afóralle a Vasco Martíns e a dúas voces o casal e herdades de Pineiro, en San Vicente de Deade, por renda anual dun moio de viño, un cuarteirón de pan e catro marabedís por foro. O beneficiario faille doazón ao bispo da leira da Bara, na mesma freguesía, e dunha cuba nova de 15 moios.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/16, perg. orix., galego, cortesá, 176x323 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos don Lopo por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, por faser ben et merçee a vos Vasco Martines de Deade, et porque entendemos que he prol et boo paramento noso et de nosa iglesia de Lugo damos aforo et avervo a vos, o dito Vasco Martines, et a duas persoas depus vos huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et se non for nomeada por vos en vosa vida ou a tempo de voso finamento que seia aquel ou aquela que de dereito herdar et suçeder en vosos bees, o noso casal et herdades chamado de Pineiro que nos et nosa iglesia avemos sub signo de San Viçenço do dito lugar de Deade, con todas suas casas et herdades et arvores et vinnas et jures et pertenenças et dereituras, que a o dito lugar perteesçen, a montes et a fontes, per hu quer que vaa sub o dito signo, et en outro lugar hu quer que as vos et as ditas persoas poderedes achar, segundo que se senpre usou con o dito lugar, et con a cortinna da Seara et con a leyra de Pedroso, a a tal pleito et a tal condiçon que vos, o dito Vasco Martines, et persoas depus vos lavredes et paredes ben as herdades do dito lugar et mantennades as casas feitas et cubertas et en boo paramento, et tiredes de monte as herdades que i ouveren en canpo; et avedes-nos de dar de foro et çenso vos et as ditas persoas depus vos a nos et a nossa iglesia ou a nosos suçesores, ou a quen o ouver de aver por nos ou por qualquer de nos enno dito tenpo, en cada hun anno hun moyo de vinno mole a a bica do lagar et hun quarteiro de pan medido por la teega de Monforte, et quatro moravedis en foro da moneda usual, os quaes ditos quatro moravedis avedes de pagar en cada hun anno por dia de San Martino; et avedes vos, o dito Vasco Martines, et as ditas persoas depus vos de seer vasalos serventes et obedientes nosos et da dita nosa iglesia de Lugo et de nosos suçesores enno dito tempo, et non avedes vos nen as ditas persoas de vender, nen eallar, nen supinnorar este dito foro a cavaleiro, nen escudeiro, nen a donna, nen a outra persoa poderosa alguna et se o feserdes que por esa mesma cousa pergades o dito foro, et avedes vos et as ditas persoas de seer defesos segundo que o foren os outros nosos lugares et serviçaes nosos et da dita nosa iglesia enno dito tempo.

Et eu, o dito Vasco Martines, por este ben et merçee et foro que me vos, o dito sennor obispo, fasedes et outorgades dou-vos logo a vos et a a dita vosa iglesia de Lugo por jur de herdade para senpre jamays huna mina leyra chamada da Bara que ias enno dito lugar de Deade sub o dito signo, et huna mina cuba nova que leva quinse moyos que eu tenno enna dita iglesia de Deade, a qual dita leyra et cuba vos logo dou et entrego et o jur et posison delas et de cada huna delas para vos et para a dita vosa iglesia de Lugo segundo dito he, et tiroas et partoas de min et de toda minna vos para sempre, et a finamento da postrimeira persoa de nos que o dito casal et herdades et cousas a el perteesçentes fique libre et desenbargado a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia et a vosos suçesores con todos los boos paramentos que enno dito lugar foren feytos. Et eu, o dito Vasco Martines, por min et en nome das ditas persoas asi reçebo o dito foro de vos, o dito sennor obispo, con todas las clausolas et condiçoes en el contiudas et obligo min et todos meus bees et das ditas persoas et de cada hun de nos de pagarmos o dito vinno et pan et moravedis contiudos enno dito foro commo dito he, et de teermos et gardarmos et comprirmos todas las clausolas et condiçoes sobreditas et cada huna delas.

Et nos, o dito sennor obispo, que presente somos asi vos-lo outorgamos a vos, o dito Vasco Martines, et persoas commo dito he, et con as condiçoes sobreditas en testemoyo da qual cousas vos mandamos dar esta nosa carta firmada de noso nome et seellada de noso seelo.

Que foy feyta en Ribas Altas, dous dias do mes de setembro, anno do nasçemento de noso Salvador Ihesu Christo de mill et tresentos et noventa et nove annos. Lucensis episcopus.