GMH/ÍNDICE A-Z

97
1310, marzo, 12. Lugo
O Cabido dóalle a Fernando Vázquez, clérigo, as propiedades e rendas da vila de Franqueán, e recibe a cambio propiedades en Abuín, San Cristovo de Chamoso.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 52v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos o cabidoo [...] frey Iohan, por la gracia de Deus o bispo desse meesmo lugar, tanguda campaa a cabidoo segundo que he [custume] [...] fazemos con vosco Fernan Vaasquez, clerigo de Franquiae, tal escambeo firme et valedeyro por senpre. Conven a saber que nos o dito cabidoo damos a vos, iadito Fernan Vaasquez, por iur de herdade para senpre, todo o herdamento et rendas que nos avemos enna villa de Franquiae, sub o signo de Santa Maria de Franquiae, por rason dos aniverssarios, con todas suas perteenças et dereyturas, et obligamos per todos nossos beens para vol-lo fazer senpre de paz. Outrossy eu sobredito Fernan Vaasquez dou a vos, sobredito cabidoo, por iur de herdade para senpre por escambeo deste herdamento sobredito, toda a herdade que eu aio et aver devo en Avoyn, sub o signo de San Christovoo de Chamosso, assy de compras commo de gaanças et de outra parte unde quer que a eu y aia, con todas suas casas et chantados et perteenças et dereyturas assy commo ha ora trago a iur et a mao. Et obligo por min et por todos meus beens para vos façer senpre de pas esta herdade sobredita. Et se a pol-la ventura esta dita herdade que vos eu dou, segundo dito he, mays val que aquella que me vos a min dades por ella douvol-lo por mina alma. Et que esto seia çerto et non venna en dubta nos o cabidoo, et bispo, et Fernan Vaasquez sobreditos mandamos a Affonso Perez, notario publico de Lugo, que fezesse ende duas cartas tal huna commo a outra et en cada hun dellas possesse seu signal en testemoyo de verdade.

Feyto foy esto no coro de Lugo XII dias andados de março, era de mill et CCC et XLª oyto annos.

Presentes foron: don Martin Eanes, archidiacono de Neyra; don Fernan Eanes, archidiacono de Sarrya; don Iohan Eanes, thesoreyro de Lugo; don Iohan Bezerra, iuyz de Lugo; don Pedro Dias, et Rodrigo Alvarez, Fernan Fernandez, coygos de Lugo; Fernan Affonso et Affonso \Perez/, Domingo Perez, clerigos do coro de Lugo; Garcia Budelo, porteyro do cabidoo, testemoyas, et outros muytos.

Eu Affonso Perez, notario sobredito, presente foy a todo esto commo sobredito he, et a rogo do cabidoo et bispo et Fernan Vaasquez sobreditos esta carta escrivy en este livro et puge y meu signal en testemoyo de verdade.

SIGNO