GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1361
1486, xuño, 14 mércores. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Vasco de Martín e a dúas voces o lugar e casal da Casa do Monte na freguesía de San Lourenzo de Albeiros, por renda anual de dez marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1337, nº 9, perg. orix., galego, cortesá, 315 x 235 mm.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que ajuso seran nonbrados, seendo juntados en noso cabildo dentro en a Capela de San Vertolameu, que es dentro en a dita iglesia, non tangendo canpana por ocupasion que este dito dia avia entredito en a dita iglesia, veendo et entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçesores, de consintimento et outorgamento de Johan Fernandes, clerigo do coro da dita iglesia, rendeiro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, damos et aforamos a vos Vasco de Martin, fillo de Aras de Martin et de Maria Afonso de Boveda, que presente estades, et a outras duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento, et non seendo nomeada que seja quen herdar vosos beens de dereito, et non seendo nomeada que seja aquela que nomear aquela que por vos for nomeada ou quen herdar seus beens de dereito, segundo dito he. Conben a saber que vos aforamos o noso casal et lugar chamado da Casa do Monte, que perteesçe a os aniversarios da dita iglesia, o qual tevo de nos en foro Lopo de Riasco, vesino que foy desta çiudade, et despoys del o dito voso padre, o qual vacou en este dito cabildo por demitiçion que oje este dia del nos fezo o dito voso padre, Ares de Martin; o qual dito lugar et casa vos aforamos, segundo dito he, con todas suas herdades, casas, montes, prados et pastos, entradas et saydas, jures et pertenençias, a montes et a fontes por donde quer que ban sub o signo de San Lourenço de Alveiros, a tal pleito et condiçon que façades labrar as herdades do dito lugar et morar et reparar as casas del en tal maneira que se non pergan por mingoa de labor et de boo paramento. Et daredes de foro, en cada un ano, a o rendeiro ou colledor que for dos aniversarios da dita iglesia de Lugo des maravedis de moeda vella, que tres brancas bellas et un dineiro fasen cada maravedi, en a moeda que se pagaren os outros foros et rendas da dita iglesia de Lugo, por dia de San Martino de nobenbre, postos et pagos dentro en esta çiudade de cada un ano, et non pagando por dous anos continos este dito foro que por ese mesmo feito pergades et pergan este dicho foro et todo o dereito que a el teberdes et teberen se vos lo quiseren reçeber. Et cada persona, que suçeder en este dito foro, seja obligada de se biir mostrar et presentar ante nos, o dito cabildo, como en el suçede et del he persona do dia que en el suçeder fasta trinta dias primeiros seguentes, sub pena de perder este dito foro se o asi non fezeren. Et eso mesmo que non posades vender, nen supinorar este dito foro vos, nen as ditas personas sen liçençia et consintimento de nos, o dito cabildo. Et eso mesmo vos, o dito Vasco de Martin, et vosas personas seredes para ben et onrra da dita iglesia de Lugo et dos benefiçiados dela, et se fordes contra a dita iglesia de Lugo ou contra os benefiçiados dela que por ese mesmo feito pergades et pergan o dito foro.

Et eu, o dito Vasco de Martin, que presente soo, por min et por las ditas personas asi reçebo de vos, o dito cabildo, este dito foro por lo tenpo, personas et condiçoes en el contenidas, et obligo a min et a todos meus beens, mobles et rayses, et das ditas personas de teer, gardar, conprir et pagar todo o sobredito.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos por ante el notario et testigos ajuso escriptos, a o qual rogamos et mandamos que faga delo duas cartas de foro anbas en un thenor et as signe de seu signo huna para vos, o dito Vasco de Martin, et outra para nos, o dito cabildo, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo a carta de vos, o dito Vasco de Martin, et vosas personas.

Que foy feito et pasou todo o sobredito en a çiudade de Lugo en o lugar sobredito, quarta feyra, quatorse dias do mes de junyo, do ano do nasçimento de noso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oytenta et seys anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron este dito foro: Johan Afonso, chantre; Alvaro Dias da Lama, arçidiano de Sarrea; Diego Gomes de Fonteyta, arçidiano de Triacastela; Gomes Garçia, jues; Diego Vasques, Juan Ares, Pedro Martines, Gomes Fernandes, Andres Gomes, el bachiller, Pedro Fernandes de Vilafranca, Pedro Gomes de Castroverde, Pedro Gomes de Montenegro, Lopo Rodrigues, canonigos; Fernando Peres, Vasco Grandio, raçioneiro; Gomes Dourado, Pedro de Parga, Juan Afonso et o dito Johan Fernandes, Roy de Aguiar, Pedro de Rubiaas, clerigos do coro da dita iglesia de Lugo; et Gonçalvo Dourado, [notario], vesino da dita çiudade.

Et eu Afonso Fernandes de San Jullaao, raçioneiro en a dita iglesia de Lugo et notario publico por la abtoridad del senor Obispo et iglesia dese lugar et eso mesmo notario dos abtos capitulares do dito cabildo, a esto que sobredito he presente foy en un con os ditos testigos, et segundo que por los ditos senores do dito cabildo foy outorgado este dito foro a rogo et pedimento do dito Vasco de Martin lo escripvi por mina maao et aqui puje estes meus signo et nome acustumados en testimonio de verdade rogado et requerido. Et non enpesca onde dis et bay escripto entre renglones Afonso Peres de Galegos et a condiçon en outra parte que asi ha de diçer.

Materias

administración; aniversario; arcediago; bacharel; beneficiado; branca; cabido; campá; canon foral; capela; casas; catedral; chantre; cóengo; construción; coro; crego; delito; diñeiros; esposa; esposo; familia; festa; fillo; fillo; interdito; labores; licenza; marabedí; mesa capitular; montes; muller; nai; nomeamento; notario capitular; pai; pasto; racioneiro; rendeiro; renuncia; selo; violencia; xuíz; dignidades

Persoas

Afonso Fernández de San Xiao, racioneiro de Lugo; Álvaro Díaz da Lama, arcediago de Sarria; André Gómez, cóengo de Lugo; Ares de Martín; Diego Gómez de Fonteita, arcediago de Triacastela; Diego Vázquez, cóengo de Lugo; Fernando Pérez, racioneiro de Lugo; Gómez Dourado, crego do coro de Lugo; Gómez Fernández de Rois, cóengo de Lugo; Gómez García de Gaioso, xuíz de Lugo; Gonzalo Dourado, notario; Lopo de Riasco; Lopo Rodríguez de Gaibor, cóengo de Lugo; María Afonso de Bóveda; Pedro de Parga, crego do coro de Lugo; Pedro de Rubiás, crego do coro de Lugo; Pedro Fernández de Vilafranca, cóengo de Lugo; Pedro Gómez de Castroverde, cóengo de Lugo; Pedro González de Montenegro; Pedro Martínez, cóengo de Lugo; Roi de Aguiar, crego do coro de Lugo; Vasco de Martín; Vasco Grandío, racioneiro de Lugo; Xoán Afonso Picado, chantre de Lugo; Xoán Afonso, crego do coro de Lugo; Xoán Ares, cóengo de Lugo; Xoán Ares, cóengo de Lugo; Xoán Fernández, crego do coro de Lugo

Outros

Lugo, cabido; Lugo, bispado

Lugares

Aguiar; Albeiros, San Lourenzo; Bóveda; Casas do Monte; Castroverde; Fonteita; Galegos; Lama; Martín; Montenegro, antiga xurisdición; Parga, antiga xurisdición; Riasco; Rubias, San Xillao; San Xillao; Sarria; Triacastela; Vilafranca do Bierzo