GMH/ÍNDICE A-Z

153

1456, xullo, 5. Santiago de Foz.
Anexión da metade do beneficio de Santiago de Foz e do oitavo e medio do de Santa Baia da Devesa á Mesa Capitular de Mondoñedo.
A, papel, notablemente deteriorado e cosido sobre outro, con signo notarial, de 410 x 395 mm. Letra semigótica.

Anno do nasçemento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et çinquenta et seys annos çinco dias do mes de / jullio dentro enna parrochial iglesia de Santiago de Foz sita enno couto de San Martinno da diocesis de Mondonedo / en presença de min notario et testemoyas infrascriptas paresçeu ende personalmente Vasco da Xeixas canonigo enna iglesia / de Mondonedo en nomme et commo procurador dos sennores et cabildo da iglesia de Mondonedo et diso que por quanto hua / meatade sen cura de dita iglesia de Santiago de Foz era et fora hunida aa mesa capitular do dito \cabildo/ por renunciaçon que dela fissera Garçia Osorio clerigo vltimo poseedor que dela fora et por vertude de hua bulla apostolica et proçeso / de hunion et et anexaçon sobre ela fulminado tomaua et tomou por los libros et vestimenta et calis et ou/tros ornamentos que achou na dita iglesia et por canpaa tangida a posison uel quasi real actual et corporal da / dita meatade sen cura do dito beneficio en nomme do dito cabildo para el et sua mesa capitular asi va/cante et anexo segund dito he con todos os desemos fructos et rendas et outras quaesquer eclesiasticas dereyturas / aa dita meatade sen cura da dita iglesia et ao dito benefiçio perteesçentes. Et de commo tomaua a dita quasi posi/son do dito benefiçio por los ditos ornamentos et se asentaua en ela por vertud da dita bulla apostolica et proçeso sobre/la confecto diso que pedia et pedeu a min o dito notario que llo desse asi por testemoyo signado para guarda et conserua/çon do dito cabildo et seu en seu nomme. Et rogaua aos presentes que fosen delo testigos do qual todo foron testigos / Lopo Poolla et Diego Lopes de Villajuan et Gomez Dourado canonigo do couto de San Martinno de Mondonedo et outros. Et des/pois do sobredito este mismo dia mes et anno dentro enna parrochial iglesia de Santaalla da Deuesa da diocesis / de Mondonedo o dito Vasco da Xeyxas canonigo enno dito nomme diso que por quanto hun oytauo et medeo sen / cura da dita iglesia de Santaalla era et he vnida et encorporada et anexa aa dita mesa capitular da dita iglesia / de Mondonnedo por vertude da dita letra apostolica et proçeso et por renunciaçon que asimismo del fisera o dito Garçia Oso/rio que o ante tiina et posuya que enno dito nomme et para a dita mesa capitular tomaua et tomou a posison uel quasi actual et real do dito benefiçio oytauo et medeo sen cura da dita iglesia por hun caliz de plata / et vestimentas et libros et outros ornamentos [...35] dese/mos fructos et rendas ao dito benefiçio en qualquer maneira perteesçentes- Et de commo tomaua et tomou o dito / Vasco da Xeyxas a dita posison do dito benefiçio et se asentaua et asentou en ela por vertude da dita letra apostolica / et proçeso sobrela fulminado diso que pedia et pedeu a min o dito notario que llo dese asi por testemoyo signado para / guarda et confirmaçon do dito cabildo et seu en seu nomme. Do qual foron testigos Fernando da Reposta et / Juan da Reposta et Juan da Iglegia et Afonso da Iglegia filigreses da dita iglesia de Santaalla et Juan Sanches / de Ribadeo et outros.
Eu Ruy Gonçales canonigo de Mondonedo notario publico do dito obispo de Mondonedo enna sua çibdade de Vila/mayor et vilas et lugares de seu obispado a todo o que sobredito he et cada cousa et parte delo em / hun con os ditos testigos presente fuy et o by et oy et de pedimento do dito Vasco das Xeixas / canonigo et procurador que por ante min se para todo o sobredito do dito cabildo este publico instro/mento de posisoes por outro fielmente fige escripuir et en el fige meu signo et nomme costuma/do en testimonio de verdade que tal he rogado et requerido. Non enpesca onde dis entre regloes “cabildo” non e biçio et eu o dito notario o aprouo. (Signo; na súa parte inferior lese: Roy Gonçales canonigo et notario (Rúbrica).