GMH/ÍNDICE A-Z

107

1362, agosto, 26. Vilamaior-Mondoñedo.
Venda realizada por Maior Loura, María Pérez e Fernán Ledo de Valiña a favor de Francisco Eanes, deán da Catedral de Mondoñedo, das propiedades que tiñan en Valiño (Mondoñedo).
A, perg., con signo notarial, de 200 x 249 mm. Letra gótica cursiva.

Saban quantos esta carta viren commo en presença de min Diego Martines notario de Vilamayor et das testemoias subscriptas para elo chama/das et rogadas Mayor Loura por nome de sy et de seus fillos que ha de Andre de Ueyga Johan Peres das Forias por / sy Pedro Deus de Ualinno Pedro Andre de Ueyga Affonso Eanes pelicario Pedro de Veyga por sy et por todos los fillos de Do/minga Dominges que son seus cunnados et estes por fillos et netos de Domingo Broo et de Maria Fernandes et en outra parte / Pedro de Ueyga Fernan de Ueyga et Tereija Deus fillos d-Andre de Ueyga por sy et por seus yrmaos fillos do dito / Andre de Ueyga et de Maria Peres sua muller et Fernan Ledo de Ualinno et por toda sua uos venderon a don Francisco / Eanes deam de Mendonedo todo o herdamento et dereyto que eles ham por sy et por seus auoos(?) et por conpras et gaanças / eles et seus yrmaos en toda a chousa que Andre Deus de Ueyga tinna sarrada et marcada por marcos et chanta/da de vinna en Ulinno segundo que a el husaua et pesuya por sy et por estes sobreditos et por todas suas / uoses et Johan das Forias et Affonso por fillos et netos de Domingo Broo reçeberon preço do dito deam conuem a saber / çinquenta mor. a des dineiros o mor. desa moneda corrente. Et os fillos de Andre de Ueyga por sy et por netos de Fernan Ledo reçeberon preço do dito deam conuen a saber viinte et quatro libras a viinte soldos por libra da dita moneda corrente / Et demas fillos do dito Andre Deus et Mayor Loura por sy et por seus fillos reçeberon preço do dito deam por / la sobredita conpra tresentos mor. a des dineiros o mor. da dita moneda corrente dos quaes dineiros os ditos vendedores sobre/ditos se outorgaron por ben entregos et pagados et renunçiaron aa lee et excepçon do auer non conprado et non auido(?) et / non pagado commo dito he. Et demais obligaron por sy et por seus bees de faser senpre de pas a dita vençon ao dito / deam conprador sobredito. Et desto mandaron faser esta carta de vençon ao dito deam por min dito notario. Feita en Vilamayor / viinte et seis dias dagosto Era de mill et quatroçentos annos. Testemoias que presentes foron Johan Affonso clerigo Gonçalo Gonçales morador / en Caruallido Johan Darroio et outros.
Et eu Diego Martines notario publico jurado dado do bispo en Vilamayor que a esto fuy presente / con las ditas testemoias et a rogo et por mandado das partes esta carta en minna presença fis / escriuir et en ela con minna mao propia subscriui et puge meu nome et meu signal / que tal he en testemoio de verdade. (Signo)

(Reverso):
M. x. nº. 28. Carta de venta del cabildo de unas vinnas de Valinno.