GMH/ÍNDICE A-Z

247
1328, setembro, 16. Lugo

Acta notarial pola que Oliva Romina recoñece o dereito de Tareixa Pérez sobre a cuarta parte da casa e cortiña que habita.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 68v.

Era de mill et CCC LXVI annos, XVI dias de setembre. En presença de min Fernando Peres, notario publico de Lugo, et das testemoyas que adeante son scriptas, Oliva Romina, muller de Afonso Ferrnandes, confesou et diso que d’aquella cassa et cortina en que ela estava et morava que Thereyia Peres [savia] que avia en ella a quarta parte, salvo as dereyturas da iglesia de Lugo, a qual quarta parte de cassa et cortina disia que lle perteesçia por parte de sua madre, Thereyia Romina, da qual connosçença, Thereyia Peres iadita, con seu marido Domingo Eanes, que presentes estavan, pidiron a min notario sobredito que lle dese ende testemoyo de verdade. Testemoyas que presentes foron: Iohan Afonso, mercador de Monforte; Afonso Rodrigues et Afonso Ferrnandes da rua Minaa; et Afonso Peres, sobrinno do dito Iohan Afonso, ts.

Et eu Fernando Peres, notario sobredito, que a esto presente foy con as ditas testemoyas et a pidimento das partes sobreditas esta carta fiz escrivir et puge y meu nome et meu signal.