vendaFrei Lourenzo,
gardián do
mosteiro de San Francisco, e outros, cumpridores do
testamento do cóengo Xoán Piñeira, cumpridor pola súa vez do cóengo
Fernán Pérez Carraxo, véndenlle ao cabido a renda de catro moios e un
puzal de viño dunhas herdades de Ceín, por 1200 mrs. portugueses.
(...) deus amen. Sabeam quantos
esta carta virem que nos frey Lourenço guardiam e frey Pedro
de Canba (...) de San Françisco d’Ourense, frayres
d’Ourense reytores e conpridores do testamento de
Johan Piñeyra coengo (...) reytor e conpridor
do testamento de Fernan Perez Carrajo coengo que
fuy desse lugar e con outorgamento (...) Fernandez coengo
(...) que é outrossy reytor e conpridor do
testamento do dito Johan Piñeyra, vendemos (...) esta
carta entregamos ao cabidoo d’Ourense quatro
moyos e hun puçal de viño por quarta de tres
almudes. Et ajam (...) para senpre en salvo aa bica do
lagar por todo o herdamento que o dito Fernan
Perez avia en Çeym assy commo le dei (...) con a casa
e con o herdamento de Çeym que fuy de Ioham Eanes
da Corredoyra porlo rigueyro que vay ferir (...)
herdamento de Fernan Perez e enna
carreyra que vay dos lagares de Çeym para Seyxalvo e
da outra parte (...) departe con o herdamento que
fuy de Johan Paez de Monteooscos e ven ferir a esta
carreyra sobredita e encima departesse con o
herdamento. Et o herdamento por que o cabidoo ha
de aver o dito viño (...) aforado Pero Eanes
dito Çeym morador en Seyxalvo e sua moller Dominga
Perez para sy e para toda sua (voz para)
senpre, e non han a estremar conposta
en esse herdamento u deren este viño ao cabidoo e
aquelo que marmar (... quatro) moyos e hun
puçal sobreditos que Pero Eanes e
sua moller Dominga Perez sobreditos e
toda sua voz que (...) ao cabidoo enno lagar doutro
viño tan boon como o deste herdamento de Çeym en que
se non (...) conposta. Vendemos o dito viño ao
dito cabidoo que o aja cada anno para
senpre por lo dito herdamento assy (como)
sobredito é e que faça del livremente
toda sua voontade, ca outorgamos que reçebemos do dito
cabidoo todo o preço que a nos e a el aprouvo,
conven a saber mill e duzentos mor. da moeda portuguesa
de que contan xvi par de diñeiros novos por
tres mor. e que os avemos ja en nosso iur e en nosso poder ben
e conpridamente en diñeiros contados. Et
outorgamos a defender o dito cabidoo para senpre
con o dito viño a dereyto, e para o defender obligamos
a elo todolos beens que foron dos ditos
Fernan Perez e Johan Piñeyra. Et quen
quer que contra esta vendiçon veer aja a
ira de deus e peyte ao cabidoo doblado quanto lle
demandar e aa voz del rey peyte por pena mill mor. da boa
moeda e esta carta fique senpre firme.
Feyta a carta enno monesteyro de San Françisco
d’Ourense, quatro dias do mes de oytubro, era
de mill e ccc e l e çinqo annos. Tests. Pero
Martinez clerigo do coro d’Ourense, Johan
Eanes clerigo de don Iohan Rodriguez
meestrescola d’Ourense, Martin Perez
dito Rella morador en Ourense, Lourenço Martinez
home do meestrescola, frey Gonçalvo frade da orden
de San Françisco, Johan Galego, Garçia Perez freyres
da obra do monesteyro de San Françisco d’Ourense.
Et eu
Miguel Perez publico notario da çidade
d’Ourense por nosso señor o bispo e pola egleia
desse lugar que a esto fuy presente e o escrivy e meu
sinal y pu(ge en) testemuyo de verdade.
(sinal)