GMH/ÍNDICE A-Z

107
1311, xaneiro, 9. San Pedro da Penela

García Eanes véndelle ao arcediago de Abeancos a cuarta parte dunha herdade nas freguesías de San Martiño da Cervela e Santa María de Alvidrón, por 1000 soldos.

 MADRID, AHN, Carp. 1334 n.º 16, perg. orix., galego, gótica cursiva, 130x350 mm.

Conuçuda cousa seia a quantos esta carta viren [...] Garçia Anes dito Mondego [...] por min et por mina vos, vendo et firmemente outorgo a vos [Gonzalo] Peres, arçidiago d'Aveancos na eygrega de Lugo, et a toda vossa voz, por mill soldos desta moneda de que ora corre dell rey don Fernando, que fasen quatro dineiros tres soldos, dos quaes me outorgo por ben pagado, et renunço que nunca ende possa dizer o contrario que estes dineiros a min non foron dados et contados et a meu iur passados, a quarta parte de toda a herdade, qual chaman da vos dos Mondegos, que e no cassall de Vilar et no cassal de Bertossende et en Grelamir, que son nas fisgresias de San Martin da Çervella et de Sancta Maria d'Allvidron con quanta outra herdade, cassa, casares, chantados, rendas et dereyturas et padroadigo, et o meu quinon do moyno de Peredes que da presentar, et todas las outras dereyturas u quer que as eu aia et devo aver nas ditas fiigregias de parte de meu padre que foy, Johan Rodrigues, u quer que vaan, a montes et a fontes [...] de compra como de gaança como d'avoengo, asy en eygregario como en leygario, et tolo de min et de [...] todo iur et possisson et propiadade, que eu ey et devo aaver, en estes heredamentos de suso ditos et traspasoos en vos por esta presente carta et por este notario et testemoyas de iuso escritas. Et se mays vall dou et doovo-lo en doaçon asy como doaçon mellor et mays valedeyra pode ser, asy que des aqui adeante vos et vossa vos façades do heredamento toda vossa voontade para senpre, et devo et outorgo eu et mina voz anparar et defendervos, et vossa vos, con todas estas cousas sobreditas et con o pan verde que vos eu vendo, et con cada huna delas por min et por todos meus bees gaanados et por gaanar, et espeçialmente polo meu heredamento que eu ey en [Agoada], que e na fiigregia de Santo Estevoo de Castro, et na fiigregia de San Fiiz, o qual heredamento eu ey de parte de mia madre Marina Peres. Et se allgen contra esta mia vendiçon veer qualquer, da mia parte ou da estraya, aia a ira de Deus et a mia malldiçon, et peyte a vos dell rey dous mill soldos et a vos outros dous mill, et a carta da vendiçon fique estavell et firme para senpre. Testemoyas para esto chamadas et rogadas: don Pedro Miguelles çidadao de Santiago; Affonso Peres clerigo de Laraço; Johan Aras clerigo de San Fiiz; Johan Martinez clerigo de Santa Alla; Aras Eanes clerigo, Johan Tome de Santiago de Revoredo; Pedro Domingues de Villar, qu'e na fiigregia de San Martin de Çevella, et outros que esto viron et oiron.

Et esto foy feyto na hermyda de San Pedro de Penella, nove dias andados do mes de ianeyro, era de mill et CCC et quarenta et nove annos.

Et eu Johan Affonso, notario en lugar de Fernan Martines, notario publico del rey na Repostaria de Revoredo, presente foy et por mandado do dito [...] et nes[...] arçidiago fiz en esta carta meu signo que tal he en testemoyo de verdade [que valla].

SIGNO