GMH/ÍNDICE A-Z

15

1416, outubro, 30.
O Concello manda ós procuradores que recaden o repartimento nos concellos de Noia, Muros e Pontevedra, para o preito que teñen cos de Pontedeume, Neda, Ferrol e que o custo o engadan ó que xa se fixera no asunto.

Triinta dias do mes de oytubre. Martin Serpe et Vaasco Fernandes Troquo, justiças, et Alvaro Julieate et Afonso Fernandes Abril et Gomes Rodriges, bachiller, et Martin Galos et Johan Aras da Cana, omes bõos jurados enna çidade de Santiago, mandaron a Gil Peres et Bernald Yanes do Camino, mercadores, procuradores do dito conçello que fosen ou enbiasen recabdar os moravedis que foran et eran repartidos ennos conçellos de Pontevedra et Noya et Muros para o pleito que han con os conçellos da Pontedeume, Neda et Ferrol et a custa que sobre elo fesesen que o scripvisen et juntasen aas outras custas que sobre elo eran feitas et que lles seerian reçebidos en conta. Testemoyas Gonçalvo Rodeiro et Juan Duran et Nuno Vinagre et Juan Martin visinos da dita çidade.