GMH/ÍNDICE A-Z

D55
1459, abril, 4
Os irmáns Álvaro e Gonzalo de Encontro obríganse a entregar a Antón de Eirós, escudeiro de Orcellón, cinco moios de viño rosete anuais, a 30 mrs. o moio, ata completar 1500 mrs. que este xa lles pagou. (fol. 22v)

Anton d’Eiroos escudeiro morador en val d’Orsellon.

Et despois desto, enna dita çidade d’Ourense /quatro dias de abril\ Alvaro d’Encontro et Gonçalvo d’Encontro anbos yrmaaos anbos de man comuun etç. outorgaron e conosçeron que devian et avian de dar et pagar a Anton d’Eyroos, escudeiro morador en val d’Orsellon, mill et quinentos mrs. vellos de que se deron por pagos, et os quaes se obrigaron de lle dar et pagar de cada huun anno por cada dia de San Martiño çinco carregas de viño rosete boon et merchante, puro et sen agoa /a triinta mrs. cada moyo\ qual o dito Anton d’Eyroos quiseer reçeber porlo dito dia de San Martiño ennas adegas dos ditos Alvaro d’Encontro et Gonçalvo d’Encontro, et querendo o dito Anton d’Eyroos tomar huna cuba de viño de des ou dose moyos de huun huun delles que a tome, descontando os ditos çinco moyos de viño a triinta mrs. cada moyo, et o mays que o page a como valuer rega chaan enna dita aldea de Codeiro, et que lle pagen de cada anno por lo dito día de San Martiño os ditos çinco moyos de viño a rason dos ditos triinta mrs. cada moyo et asy de cada anno ata que os ditos mill et quinentos mrs. sejan pagos, para o qual asy se obrigaron anbos de man comuun, sopenna do dobro, et deron poder a qual quer justiça etç. Tests. Fernando Vasques mercador, Afonso barbeiro, Fernando Afonso et Rodrigo de Monterroso et que page cada hun a sua parte da alcavala. (fol. 22v)