GMH/ÍNDICE A-Z

A34
1380(?)
O mosteiro de Oseira concede vitaliciamente a Afonso Ouxea a encomenda do couto de Vilamarín, con obrigación de defendela. (fol. 24v)
Sabean quantos esta carta viren que nos dom frey Afonso, abade do mosteiro de Santa Maria d’Oseyra e o prior e convento do dito mosteiro, atendo o boo dyvendo e naturesea que avemos con vosco Afonso (Alvares)* Ougeea, damos vos que tenades de nos em toda vossa vida a nosa comenda /do couto e del tirome\ de Villamarim, segundo que a ja teveron os vossos antecesores e segundo que a tevo Johan Fernandes de Villamarim voso tyo /e segundo que a vos depoys tevestes ata agora\ por tal condiçon que vos que a defendades de vos e dos vosos e dos outros, segundo que a senpre defenderon os outros vossos antecesores e segundo vossa pose. Et nos o dito dom abade e prior e convento prometemos a boa fe e sen maao enganno de vola non tolermos e em toda a vosa vida nen a dar a outro algun. Et eu o dito Afonso Ougeea assy recebo de vos o dito dom abade e prior e convento a dita comenda e obrigo min de a defender segundo miña pose e segundo que a defenderon os (nosos)* meus antecesores. Et he por que esto he verdade mandamos (...) notario etc. Feyta a carta enno dito mosteiro, era, dia (...) Tests. Fernando prior, frey Joan Calvin e Estevo de (...) vello e (...) (fol. 24v)