GMH/ÍNDICE A-Z

159
1325, maio, 27
venda

Tareixa Iáñez, moradora en Revoredo do Cumial, véndelles a Domingo Páez e á súa muller, María Alvela, moradores en Ourense, un piteiro de viña en Noalla, foreiro de terza a Santa María a Madre, por 90 mrs.

ACOu, Fábrica II, 658

Sabeam quantos esta carta virem que eu Tareyia Eanes moradeyra en Revoredo de Cumial filla de Mariña Eanes moradeyra en Noalla e de Johan Peres que foy morador y en Revoredo, presente meu marido Domingo Eanes e outorgante, por min e por toda myna voz vendo e logo por esta carta entrego a vos Domingo Paez e a vossa moller Maria Alvella moradores en Ourense na rua da Pixotaria e a toda vossa voz para senpre huun piteyro de viña que eu ey en termyo de Noalla e iaz na vossa cortiña do Ponton ontre outras vossas viñas da huna parte e da outra, e fer nos camynos pubricos. Vendovos o dito piteiro con suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças de foro de terça aa capella de Santa Maria a Madre e livre e quite doutro enbargo, assy que vos e toda vossa voz ajades el des aqui endeante en jur derdade para por senpre e façades dello livremente toda vossa voontade. Ca outorgo que soo ben pagado de todo o preço que me por ello destes, o qual a min e a vos aprouvo, conven a saber noveenta mor. da moeda portuguesa de que contan dez e seys pares de diñeiros novos por tres mor. Et obrigo min e todos meus beens gaañdose por gaañar para anparar vos e toda vossa voz senpre a dereito con este piteiro de viña sobre dito, et renunçio que nunca veña contra esto que sobre dito e nen possa dizer o contrario dello en nenhuna maneyra por min nen por outre en juyso nen fora de juyso. Et quen quer da myna parte ou da estraya que vos contra esta vendiçon que vos eu de meu grado faço veer en parte ou en todo aia a yra de deus e peyte aa vos del rey por nome de pena çinqoeenta mor. de brancos da moeda del rey don Fernando e a vos ou a vossa vos quanto vos demandar dobrado, e a dita pena pagada ou non esta carta e vendiçon sobre dita fique senpre firme valledeyra. Feyta a carta en Ourense, viinte e sete dyas de mayo, era de mill e tresentos e sesseenta e tres annos. Testemuyas que presentes foron Johan Golpello de Çima de Villa, Pero Eanes pixoteyro cuñado de Marina de Montes morador na Pixotaria, Domingo Martines yrmao de Johan mercador, todos moradores en Ourense.

Eu Lourenço Dominguez notario jurado en Ourense porlla egleia desse lugar foy presente a esto que sobre dito he e fizeo escrivir en miña presença e puge y meu nome e meu signal en testemuyo de verdade.

(sinal)