GMH/ÍNDICE A-Z

505
1399, xullo, 20
foro

Ares García de Piñor afóralles a perpetuidade a Xoán Fernández e á súa muller, María Iáñez, un souto en San Martiño de Mugares, onde lle chaman Cularelle de Fondo, por 3 mrs.

ACOu, Escrituras XXI, 15

Sabeam quantos esta carta viren que eu Ares Garçia de Pinor morador em Pinor, dou e outorgo a foro a vos Johan Fernandes morador em Ourense enna Rua de Çima et a vossa moller Maria Anes que sodes presentes et a todas vossas vozes para senpre, conven a saber esto que vos aforo, huun meu souto que eu teno que está em termio da frigisia de Sam Martiño de Mugares hu chaman Cullarelle de Fondo, o qual souto parte con outro souto de Estevoon Lourenço morador en Ourense, et da outra parte con outro souto de Martyn Anes de Gordom et da outra parte con outro de Rodrigo Afonso çeboleyro et vay topar em çima enna ribada em outro souto que ora colle Lourenço Martines e seus yrmaaos et da outra parte parte de lo lameyro que agora he meu a juso. Aforovos este dito souto para senpre con entradas e seydas e con todos seus castineiros e castanas et herdade del, et que o ontrechantedes o mellor que vos poderdes et ho mantenades de souto. Et que dedes ende a min et a toda miña vos de foro em cadauun anno vos e todas vossas vozes para senpre em paz e em salvo tres mor. de dineiros brancos por dia de Sam Martiño ou a estimaçon deles em outra moeda qual correr. Et do al averdes vos e toda vossa voz o dito souto e castanas del de dizemo a deus livre e quite de todo outro enbargo e encarrego alguun. Et he posto que se vos ou vossa vos quiserdes vender ou deytar o dito souto que primeiro seia eu ou miña voz con el frontados e requeridos e nos seia dado por lo justo preço que outro alguun por elo quiser dar ante ca a outro alguun. Et non o querendo eu ou miña vos reçeber po lo justo preço que enton o vendades ou deytedes a tal pessoa que seia semellavil de vos que mantena o dito souto em boa revor e ho ontrechante et que page a min e a toda miña vos em cadauun anno por lo dito dia os ditos tres mor. de foro e cunpla e agarde todalas condiçoens desta carta segundo que vos sodes tiiudos e obrigados. Et obrigo todos meus beens movylis e rayses para vos anparar e deffender senpre a dereito con o dito souto. Et nos os sobre ditos Johan Fernandes et Maria Anes que somos presentes asy reçebemos de vos o dito Ares Garçia o dito souto aforado por la maneira e condiçoens sobre ditas, e para o ontrechantar e reparar e manteer em boa revor et para vos pagar em cadauun anno os ditos tres mor. de foro e conprir e agardar todalas condiçoens desta carta e cada huna delas obrigamos a vos todos nossos beens gaañados e por gaañar. Posto foy e outorgado entre estas ditas partes que qual quer delas que contra esto quiser yr ou pasar que peyte aa outra parte que o conprir et agardar quiser por nome de penna e pustura e interesse çem mor. da boa moeda e a vos del rey outros tantos et a dita penna pagada ou non esta carta e todo o em ela contiiudo fique firme e valla para senpre. Feyta a carta em Ourense, viinte dias do mes de jullyo, anno do nasçemento de nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos et noveenta e nove annos. Testemuyas Rodrigo de Vargea e Pero Fernandes dito Carvallo lavrador e Estevoo e Affonso Domingues moradores em Sobrado.

Et eu Ares Yanes notario publico da çibdade d’Ourense a esto presente foy e esta carta escripvy e aqui meu nome e signal fis que tal he en testemuyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta de foro que fezo Ares Garçia a Joan Fernandes e a sua moller Maria Anes.