GMH/ÍNDICE A-Z

131

marzo, 3

Gonzalo Pérez, zapateiro, outorga poder xeral ao notario Nuno González de Freixo e a Xoán Fernández, criado do abade (da Trindade), para que o representen nun preito contra Pedro Anes, clérigo de Vilanova. (fol. 41)

Gonçalvo Peres çapateiro.

A III dias de março, Gonçalvo Peres çapateiro dou et outorgou todo seu poder conprido, jeeral e abastante et feso seus procuradores a Nuno Gonçalves de Freixo notario et Joan Fernandes criado do abade, anbos ensenbra etç. et para que posa responder a huna carta que contra el gaanou Pero Yanes, clerigo de Vylanova, et en quaes quer pleytos etç. e con poder de sustetuyr etç. et obrigou seus beens etç. Tests. Estevo Peres de San Çibraao et Afonso Boleiro, Joan do Bouteiro, Diego Dias, Alvaro Fernandes.