GMH/ÍNDICE A-Z

141

marzo, 11

Benedito, sobriño de Pascual Rodríguez, xa que este morrera sen testar e os seus bens pasaran a seu irmán, preséntalle á viúva, Inés Pérez, carta de doazón feita por este, accedendo ela a entregarlle os bens. (fol. 43-43v)

Eynes Peres e Benedito.

Et despois desto, quinta feyra, onse dias do mes de março do dito anno, en Ourense, enna Praça do Canpo, ante as portas das casas que foy de Pascoal Rodrigues, estando y presentes Eynes Peres e Benedito, sobriño de Pascoal Rodrigues, e logo o dito Benedito presentou esta carta de doaçon signada de escripvano publico e requerío a dita Eynes Peres que por quanto o dito Pascoal Rodrigues seu marido pasara deste mundo por morte e sen faser testamento e os beens perteesçian ao dito seu yrmaao et o dito seu yrmaao lle dera os ditos beens segundo que se contiña enna dita doaçon, por ende que lle requeria que lle entregase os ditos beens movelles et reyses que perteesçian ao dito Pascoal Rodrigues seu tio et que los entregase etç. e logo a dita Eynes Peres diso que era prestes de o reçeber e que o reçebya en quanto montavan os beens que de dereito lle perteesçian e que de dereito fosen seus et o dito Benedito diso et el que se obrigase e obrigasen os ditos beens ( fol. 43)
de a quitar a paz e a salvo de todo o que delo reçebisen et logo o dito Benedito diso que asy se obrigava et que obrigava os ditos beens de a quitar a paz e a salvo etç. Tests. Pero Carneiro et Ares Fernandes alfayates vesiños d’Ourense et Alvaro da Fonte.