GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

145

marzo, 13

Afonso Martínez de San Xurxo afora a perpetuidade a Xoán Pérez e á súa muller Leonor González a metade dunha leira de herdade en San Xurxo da Touza, coa condición de poñer viña e pagar 3 mrs. e medio durante os catro anos en que a planta e logo 10 mrs. (fol. 44-44v)

Carta de Joan Peres; pagadas XIIII brancas. Feita e dada.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Afonso Martines de San Jurgo, morador en San Jurgo, dou et outorgo, aforo a vos Joan Peres que sondes presente e a vosa moller Lyonor Gonçalves vosa moller e a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo ameatade da leyra da Correga, que jaz enna freigesía de San Jurgo da Touça, et parte de huna das partes con huna leyra da igleia de San Jurgo et da outra parte en cabeça en outra leyra derdade da dita igleia de San Jurgo e en baixo fere et en çima fere e de parte con erdade g de Goterre ( fol. 44)
Gonçalves escudeiro; aforo vos a dita leyra derdade con todas suas entradas etç. por tal condiçon que chantedes de viña a dita leira derdade en estes quatro annos primeiros sigentes e ela chantada que porlos ditos quatro annos primeiros sigentes que me diedes por ela de foro en cada hun annos tres mrs. e medeo branca en tres dños., e pasante os ditos quatro annos que me diedes por ela de foro en cada huun anno dez mrs. da dita moeda por día de San Martiño do mes de novenbro e do al de disemo a deus etç. e se quiserdes vender etç. e obrigo meus beens etç. et eu o dito Joan Peres obrigo meus beens etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. que foron presentes Afonso Fernandes alfayate e Fernando Peres vesiño d’Ourense e Diego Meendes escripvano del rey. Feita trese dias de março.