28
xaneiro, 12
Pedro Fernández, morador no couto de Nogueira, obrígase a facer que o seu fillo, Xoán de Podente, cumpra con Gómez de Chantada o compromiso de servilo como asalariado. (fol. 9)
Gomes de Chantada.
A XII dias de janeiro, Pero Fernandes, morador enno couto de Nugueira, se obrigou que por rason que Gomes de Chantada, vesiño d’Ourense, tina a soldada Joan de Podente, e lle avia de dar çertos mrs. de soldada con outras cousas, por ende que se obrigava que o dito seu fillo que servise a soldada, e non a servindo que el que se obrigava de lla faser servyr e de lle pagar todo o custo et mal que lle sobre elo recreçese, para o qual obrigou sy e seus beens etç. Tests. Afonso do Cabo, Nuno Patiño notario, Pero de Roças.