GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

390

setembro, 5

O notario Nuno González da Praza traspasa a Xoán Fernández unha casa sita na Rúa dos Fornos que tiña de Inés Anes, trapeira, por unha débeda da avinza da trapería, posto que aquel lle paga no seu nome os 40 mrs. a que ascende. (fol. 116-116v)

Joan Fernandes e Nuno Gonçalves da Praça.

A çinqo dias do dito mes Nuno Gonçalves da Praça notario diso que por rason que el tiña feita entrega et exsepcuçon en hunas casas que son de Eynes Yanes trapeira que estan aos Fornos, as quaes lle foran entregas por Pero Rodrigues alcallde d’Ourense e por min o dito notario por XXXV .- que diso que lle devía de avinça da traparía e de tres mrs. de huuns pannos da dita aviinça et dous mrs. de entregas, que eran XL .- et por quanto os ditos XL .- pagava en seu nome Joan Fernandes criado de Pero (fol. 116)
Sardo, por ende que el traspasava a dita entrega e dereito que tiña as ditas casas enno dito Joan Fernandes, por quanto lle pagava os ditos mrs. et o dito Joan Fernandes diso que asy reçebia as ditas casas etç. Tests. Lopo d’Arjona et Afonso de Logilde e Rodrigo escripvan.