GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

461
1434outubro, 30
Rodrigo Anes e Gonzalo de Xunqueira, cóengos do mosteiro de Xunqueira de Ambía, outorgan poder a Men de Seabra no preito que manteñen co prior e cóengos do dito mosteiro. (fols. 136v-137)

Poder dos coengos de Junqueira.

Anno sobre dito, sabado XXX dias do mes de oytubro, Rodrigo Yanes e Gonçalvo de Junqueira \coengos do mosteiro de Junqueira d’Anbía/ feseron seus procuradores jeraas et abastantes a Meen de Seabra en todos en quaes quer pleytos que elles ouvesen contra o prior e coengos do mosteiro de Junqueira dAnbía ou que elles ouvesen contra elles sobre qual quer cousa et demanda que seja e por qual quer rason et querellar et reçeber querelas et demandas et acusaçoens e a outros responder etç., con poder de sustetuyr etç. e obrigou seus beens etç. Poder (fol. 136v)

abastante etç. e de o relevar de toda carrega etç. Tests. Joan d’Ortega mestre escola enna igleia d’Ourense et Rodrigo escripvan et Joan do Bouteiro, Rodrigo veesteiro et outros.