GMH/ÍNDICE A-Z

468a
1434s/d
Rodrigo Ares afora a tres voces a Men Vázquez e á súa muller Costanza López, moradores en San Lourenzo da Pena, unha leira de herdade por 24 azumbres de viño branco e rosete. (fol. 138-138v)

   

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Rodrigo Ares, fillo de Gonçalvo Rodrigues de Vilouredo et de Elvira Gil, seus \meus/ padre e madre, dou et outorgo, aforo a vos Meen Vasques que sondes presente et a vosa moller Costança Lopes, moradores enna freigesía de San Lourenço da Penna, no lugar onde chaman Paaços Ermos, et a tres voses apus morte do pustromeiro de vos anbos, conben a saber que vos aforo huna leira derdade que jaz enna dita freigesía de San Lourenço da Penna onde chaman Paaços Ermos, e parte de huna das partes con viña de vos o dito Meen Vasques que he de San Cloyo, et da outra parte topa en çima en outra viña de Gomes de Roucos, et da outra parte topa en viña de vos o dito Meen Vasques, et da outra parte fere enno camiño publico que vay para Roucos et para Espoosende. Aforovos a dita leyra derdade (fol. 138)

con todas suas entradas etç. por tal condiçon que a labredes e paredes ben et diedes e pagedes por ela de foro en cada huun anno vos et vosas voses e min e a miña voses en cada hun anno en paz et en salvo por cada día de San Martiño do mes de novenbro viinte e quatro açunbres de boon viño, os dose de viño branco et dose de viño rosete, os quaes ditos viinte e quatro açunbres de viño avedes de pagar a dita Elvira Gil \miña madre/ en todo tenpo de sua vida et a sua morte que os pagedes a min e a miñas voses et do al que ajades a dita leyra de viña con quaes quer boas paranças e reparamentos que en ela feserdes de disemo a deus etç. \et se quiserdes vender etç./ et obrigo todos meus beens de vos la faser saan et de paz etç. Et eu o dito Meen Vaasques que soon presente, por min et por la dita miña moller que non he presente et por las ditas nosas voses, asy o outorgo e reçebo en min aforada \a dita leyra derdade/ de vos o dito Rodrigo Ares etç. et obrigo todos meus beens movelles et reyses de faser o dito foro dos ditos viinte quatro açunbres \de viño/ ameatade de viño branco e ameatade de rosete etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. Lopo de Deça, Roy de Troyta escudeiros et Rodrigo d’Eiras et Bertolameu Françes.