97
febreiro, 16
Xoán de Lobellos obrígase a entregar a Vasco Afonso o albará de trinta moios de viño que del recibiu. (fol. 31v)
En este día Joan de Lobellos se obrigou de dar e trager alvala a Vasco Afonso de XXX moyos de viño de Catalina e de Rodrigo o gordo en como os reçebeu del e do dito Vasco Afonso, e o dito Vasco Afonso ha de dar a Pero Carballo, morador a par de Chapa o outro viño que fica. Tests. Fernando Gonçalves da Balançaa e Fernando Tollan. (fol. 31v)