GMH/ÍNDICE A-Z

1120
1457, marzo, 18. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Rodríguez, á súa muller e a dúas voces o casal de Milleiros na freguesía de Santiago de Meilán, por renda anual de 25 marabedís e a obrigación de construír unha casa.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 10 r.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campaa tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita yglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçesores, damos aforo et avervo a vos Fernan Rodrigues de Penelas, morador en a fiigresia de Santa Maria de Çal, et a vosa muller, Eynes Fernandes, et a outras duas personas depoys de vos, huna qual o postremeyro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamiento et a outra qual nomear aquela persona que for nomeada por lo postremeyro de vos, o casal de Milleyros, que he dos aniversarios da dita yglesia, que ias sito et locado en a fiigresia et sub o signo da iglesia de Santiago de Meylan, segundo el a nos perteeçe et a os ditos aniversarios, et segundo o vos et a dita vosa muller tinades et usavades ata aqui por lo foro que del tinades que renunçiastes; a a tal pleito et condiçion que labredes et façades labrar as herdades do dito casal vos et a dita vosa muller et personas et tenades as casas del feytas et en boo paramento et ben cubertas et reparadas et portadas, et levantedes ata dous anos huna casa do dito casal que ias derrivada; et dedes de foro vos et a dita vosa muller, en cada hun ano, por dia de San Martino de novembre, viinte et çinco maravedis de moneda vella de curtos, a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo, et as ditas duas personas que suçederen en o dito foro depoys de vos que den trinta et çinquo maravedis dos sobreditos, segundo dito he, dos viinte et çinquo et a o dito termino; et con condiçion que cada huna das ditas duas personas que suçederen en o dito foro despoys de vos et da dita Eynes Fernandes, vosa muller, seia tiuda et obligada de se viir mostrar seer foreyra do dito foro a nos, o dito cabidoo, do dia que en el suçeder por foreyra ata triinta dias primeyros segentes, sub pena que se o asi non feser que por esse mesmo feyto perga o dito foro; et a finamiento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, que o dito casal et erdades et casas del fiquen libres et desenbargadas a nos, o dito cabidoo, et a os ditos aniversarios con todos los boos paramentos que en elles foren feytos, et as erdades fiquen labradas et as casas feytas cubertas et ben reparadas.

Et eu, o dito Fernando Rodrigues, que presente estou asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por los modos, maneyras et condiçoes sobreditas et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller et personas de o teermos, conprirmos et pagarmos segundo suso se conten en esta carta de foro.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro anbas en hun thenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Fernando Rodrigues, et vosa muller et persoas et outra para nos, o dito cabidoo, et por mayor firmesa mandamos seellar con noso seello pendente a carta de vos, o dito Fernando Rodrigues.

Que foy feyta et outorgada en a ciudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia esta feyra, des et oyto dias do mes de março, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et sete anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Juan Ares, Diego Fernandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Pedro Martines et Rodrigo Afonso das Camoyras, coengos da dita iglesia de Lugo.