GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

623
1358, xullo, 2. Lugo
O Cabido de Lugo revisa a renda do foro sobre un soar en Palas de Rei e engádelle unha porción de casa.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 107v-108r, inclúe a carta de foro: 1329-VI-3, (CD n.º 252).

Era de mill et treçentos et noveenta et seys annos, dous dias do mes de iullio en pressença de min Fernan Aras, raçoeyro, notario publico de Lugo, et das testemoyas subscriptas, estando enno choro da iglesia cathedral de santa Maria de Lugo a a seyda da terça, ante os omes boos et perssoas et coengos dessa iglesia, Iohan Migueles de Palas de Rey mostrou et feço leer ante elles hua carta scripta en pergameo et signada con signal de Fernando Peres, notario publico de Lugo, a qual carta o thenor he este que se segue:

Segue a carta do foro (CD n.º 252).

a qual carta liuda ante os ditos omes boos diseron que elles querian et era seu talente de gardar seu foro a o dito Iohan Migueles, et diseron que outorgavan seu foro a o dito Iohan Migueles et o davan por valioso et por estavel, et se el alguna cousa non comprira, do que se enno dito vervo continna, que el ouvera de comprir, que llo quiDocumentos da catedral de Lugo. Século XIV 705 tavan et lle mandavan que husase et pessuise a dita casa por lo tempo et perssoas que se no dito afforamento et vervo continna, et que o dito Iohan Migueles et as perssoas que o dito vervo ouvesen de manteer que pagasen d’aqui adeante, elles et cada hun delles, de cada anno, quinze moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso que ora corre, et de mays que o dito Iohan Migueles, ou sua voz, deste dia çinquo annos primeyros fezese et dese feyta a dita casa de portaes de pedra et de sobrado, segundo no dito vervo conten, et se elles et o cabidoo da dita iglesia fezeran algun vervo et afforamento da dita casa, a algua perssoa ou perssoas, diseron que o davan por nihun et non valioso por que achavan que o non devian a tirar a o dito Iohan Migueles et por que el tinna en boo paramento a dita casa. Et o dito Iohan Migueles assy o reçebeu et obligou por sy et por todos seus bees de pagarde, de cada anno, os ditos quinze moravedis a o dito cabidoo, ou a aquel et aquelles que ouvesen de recadar os aniversarios da iglesia de Lugo, et faser et reparar et leyxar reparada a dita casa el et as ditas perssoas a o tempo de seu finamento, segundo se no dito vervo continna, et se o assy non feçese et comprise, el et as ditas perssoas, que perdese a o dito cabidoo por nome de penna et de interee duzentos moravedis da dita moneda, et de mays que el et todos seus bees fosen obligados de comprir o que se no dito vervo continna por sy et por las ditas perssoas. Et logo os ditos omes boos perssoas et coengos do dito cabidoo con outorgamento de don Lopo Vasques, iuyz de Lugo, vigario de don Diego Ferrnandes dayan dese lugar, afforaron a o dito Iohan Migueles et a dita Mayor Peres, sua muller, et a huna perssoa qual o pustrimeyro delles nomear en vida ou a tempo de seu finamento a quarta da casa de Palas de Rey, que esta a par da outra dita casa sobre ella contra a fonte do Ouro, da qual casa as outras tres quartas son do moesteyro de Santa Maria de Sobrado, et esta agora descuberta et en formal, et elles que a cubran et endereçen do que lle for de mester o mellor que elles poderen, et den cada anno a os aniversarios da iglesia de Lugo en paz et en salvo en Lugo, huna libra de çera por dia de Natal. Et o dito Iohan Migueles por sy et por la dita sua muller et por la dita perssoa assy o reçebeu et obligou por sy et por todos seus bees de o comprir et pagar segundo que sobredito he, et os ditos omes boos assy llo outorgaron enna maneyra sobredita, et de commo todo esto pasou as / sobreditas partes pidiron a min, notario sobredito, que fezese ende duas cartas tal huna commo outra, huna para o dito Iohan Miguelles et outra que lançase enno livro do dito cabidoo.

Que foron feytas en Lugo era et dias sobreditos.

Testemoyas: don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Vaasco Diaz, arçidiago de Triacastela; Iohan Diaz, Tomas Gomes, Diego Martines, Fernando Peres, coengos da dita iglesia; Gonçalvo Aras, Diego Yanes, Pedro Aras, raçoeyro, et outros moytos.

Et eu o dito Fernan Aras, notario publico da dita çibdade de Lugo, a esto en commo sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et a pedimento et por mandado das ditas partes esta carta aqui en minna presença fiz scrivir et en ella puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. (+).